Creacións |
Vídeo da Asociación Galega San Francisco, amiga e colaboradora do IES de Chapela. Nuria, Presidenta da nosa ANPA, envíanos este fermoso traballo. Grazas! MOITO ÁNIMO E MOITA FORZA!!
|
|||
|
||||||||
|
|||
|
||||
A SITUACIÓN COMPLEXA QUE VIVIMOS.... UNHA OPORTUNIDADE EDUCANDO NA CONCIENCIA COLECTIVA Desde o IES de Chapela sumámonos ás voces das persoas que solicitan un cambio nas nosas vidas con ideas como estas. Necesitámonos, somos un, somos unha.
Preocúpome por ti, mantéñome a distancia por ti, lavo as mans por ti, non vou de viaxe, nin a un concerto nin ao centro comercial... por ti. Por ti, que traballas no hospital e non podes poñerte enferma, porque es maior e a túa vida vale tanto como a miña, porque estás fráxil loitando contra outra enfermidade, e non podes tamén contra esta, porque estás no hospital...
Agora podemos parar e aprender a ralentizarnos, pensar, imaxinar...
Igual despois de todo podemos convertir unha situación de crise nunha oportunidade para escoitar, aprender e compartir.
OLGA REY ESTRAVIZ (Vicedirectora do IES de Chapela)
|
|||