2017/18

XXII Maratón das Letras Galegas - 2018

 A Educación Pública de Chapela volveu a sentir o latexo da lingua

na súa XXII Maratón das Letras Galegas

 O mesmo 22 co que Begoña, a profe de Tecnoloxía do IES Chapela,

deseñou un corazón para o logo da nosa camiseta

amosando así o noso amor ao idioma propio de Galicia.

 

As máis pequenas e os máis pequenos comezaban a chegar ao instituto.

 

Todos querían ocupar o primeiro posto e houbo os seus máis e os seu menos.

O 443 mosqueouse e as rapazas do segundo posto puxeron cara de póker.

 

 "O galego non ten cancelas" dicía a camiseta do alumnado de Igrexa. Bravo rapazas e rapaces!

Preparados, listos... 

   

 

 Xa! Todo o mundo a correr.

 

 ç

 O alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil colaborou activamente no entretemento do alumnado dos coles.

 

Dous Jedis novos dispútanse o territorio. Sinte o poder da forza 430!

 

Sae do churro nena, que levas toda a mañá e xa me toca a min!

 

 Maruxa Mallo estaría orgullosa destas rapazas!

 

Vaia actividades máis chulas deseñaron o profesorado e alumnado de ciclos.

Isto polo menos é un crocodilo

 

 Correr non correrán moito, pero estirando son do mellorciño.

A ver se se "estiran" así nas avaliacións, pensaba o alumnado que pasaba pola zona.

 

 O grupo de fans de Pepe Varela fixo presenza no evento.

Laura, Carolina e Melanie tamén traballaron arreo repartindo augas e mazás.

 

 Antes da carreira varios grupos posaban para as nosas reporteiras gráficas:

Reme, Belén de secretaría, Tere de conserxería, Eva Fernández, Fátima...

Pablo, Sergio, Aarón e Borja, estaban convencidos de que ía ser unha gran xornada.

 

O mesmo que Mara, Elena, Alba e Nerea. Ollo a esta última que ten pinta de correr moito!

 

Os ciclos tamén estaban presentes na carreira. Javi, Lara, Carlos e Alberto, posaran coa súa profe, Fátima.

 

Antigos alumnos como Pepe, na foto co seu amigo Iván, non dubidaron en achegarse a Chapela para participar na maratón.

 

Santi non perdía o tempo e estiraba o cuadríceps mentres o fotografaban con Abel e Adrián.

 

 Paula deseñaba coas compañeiras de 2º ESO a estratexia para realizar unha boa carreira.

- Vós amodiño, que isto é un rompepernas. Ao chegar ao insti de volta, todas andando.

 

 

 A tensión mascábase na saída. Moncho non se daba contido.

 

 Juan daba as últimas indicacións.

- Todo o mundo pola beirarrúa, non vaiamos ter un disgusto!

 

PUMMM!!!!

 

Aí os van! Coma motos! Ao 1961, Ismael, véselle moi sobrado.

 

 O noso alumno Jorge, á dereita, chegou este ano de Toledo. Aquí o vedes correndo polo galego.

Bravo rapaz, todo un exemplo!

 

 Kiko, este xeito de correr explícasmo esta semana!

 

 Comezaban a pasar os primeiros corredores.

En cabeza Andrés, vaia peito lobo meu!

 

E coidado con Simón. De 1º ESO e entre os corredores de cabeza.

 

 Igual que Nerea, destacadísima entre as mulleres.

 

 Un regueiro interminable de corredoras e corredores ían baixando o Camiño do Penisal. Aí vai Iván!

 

 Aldán, que ía sobrado, aproveitou a baixada para recordarnos que o día 30 de maio

vén o grupo de rap O son da rúa ao instituto. Alí estaremos.

 

 José suspendido no aire. Que estilazo!

 

Ai Carla! Camiseta na man, auga e actimel. Faltábache uha tapa de callos!

 

Aitor, que colaborou xunto a Antonio Alves na montaxe do son, contempla a baixada de Ismael e Joel.

- Menos mal que estou lesionado! Que sufrimento! Vou poñer algo de música.

 

Algúns preferiron levar o cansazo en grupo, todas e todos coordinados e de marelo.

 

A alegría que non falte, Laura sorrí á cámara e pide que se suban puntos nos exames ás persoas corredoras.

- Un 0,5 máis en cada exame ata o fin de curso, xa!

 

Alegría tampouco lle falta a Miriam.

O próximo ano facemos un concurso ao mellor sorriso no primeiro paso por meta.

Seguro que gañaba Miriam ou Laura.

 

 Sorrir tamén ía sorrindo Uxío, pero é porque acaba de rematar o Bacharelato e a súa etapa no insti.

Moitos parabéns, rapaz! A ti e a toda a xente de 2º Bacharelato.

 

 O dito, aí as veñen, como dixo Paula. Andando amodo.

Cada un ao seu ritmo, o caso é participar!

 

 Comezaban a entrar os primeiros corredores en liña de meta.

 

Ese Samu, poderoso!!!

 

A Alex deulle tempo a tatuarse o peito para o percorrido.

Vaia decoración colega!

 

 Un clásico da carreira, Pepe, entra en meta preocupado polo seu tempo.

- Creo que non superei a miña plusmarca, para o ano hei de gañar!

 

 Raúl tiña un exame de ballet e chegou un pelín tarde. O humor que non falte!

 

 As gañadoras junior. Todas de 1º ESO.

1ª Nerea González Canabal / 2ª Sara Lago Cabaleiro / 3ª Lola Amoedo Trelles

 

 Os gañadores Junior.

1º Marcos Serrano Abraldes / 2º Mateo Vilas Casal / 3º Simón Couto Figueroa

 

 As gañadoras Senior.

1º Carmen Pereira Millos

As gañadoras do 2º e 3º posto seica estaban facendo o control antidopaxe. Esta semana saberase algo delas.

 

 Mención especial á nosa profe Fátima que trouxo o podio e fixo un pedazo de carreira!

 

 Os gañadores Senior.

1º Ismael Villar Villadangos / 2º Andrés Nóvoa Barbeiro / 3º Abel González Vázquez

 

 Os gañadores absolutos.

Nerea González Canabal / Ismael Villar Villadangos

 

 Estas mozas non correron pero desprenden moita alegría e sempre posan para as fotos. Son guai!

 

 Aquí tedes a Begoña, que deseñou a nosa camiseta,

a Ana, que mantivo alto o pavillón das corredoras entre o profesorado,

a Marita, animadora incansable da proba,

e a Reme, que fixo de reporteira gráfica.

 

 Unha homenaxe especial para o alumnado de 1º ESO, o máis participativo e animado da proba.

 

GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES CHAPELA, CEIP LAREDO, CEIP IGREXA E CEIP ANGORÉN

ÁS NAIS E PAIS, AO ALUMNADO QUE CORREU E AO QUE AXUDOU NA ORGANIZACIÓN,

AO ALUMNADO DO CICLO SUPERIOR DE EDUCACIÓN INFANTIL

AO PROFESORADO E PERSOAL NON DOCENTE,

ÁS DIRECCIÓNS DOS CENTROS, ESPECIALMENTE A CAROLINA

Á POLICÍA MUNICIPAL, PROTECCIÓN CIVIL, AUTORIDADES MUNICIPAIS...

E A TODOS OS ORGANISMOS QUE COLABORARON NA ORGANIZACIÓN DA XXII MARATÓN DAS LETRAS GALEGAS

 

SINTE O LATEXO DA LINGUA!

 AVANTE COA LINGUA GALEGA!

 

Entroido - 2018

 Era outra alegre e tranquila mañá no IES Chapela.

Nada facía presaxiar que máis dun toleara.

 

 Na conserxería do centro recibíache o mesmísimo demo.

- Vai onde a cafetería, que agora estou atascado nun word para Belcebú!

 

 Miña nai! Sonia e Jose perderon o xuízo, isto parece unha cantina mexicana. Mágoa de tequila!

Case imos ver se polos corredores do instituto hai alguén que nos poida atender.

 

 Estas profes ou son viúvas ou compatibilizan o ensino coa extracción de centolos e outros crustáceos.

 

 Vai ser iso. Mira Marita toda orgullosa, parece que pescou unha rubia serea.

 

 Ala, Popeye fumando no centro! Iso é falta grave e tres días para casa... ou para o barco!

 

 Pero isto que é? Chapela é unha vila mariñeira si, mais transformista tamén.

 

 

Aquí non hai seriedade, profesorado e alumnado enlouqueceron. Vou para fóra a ver se alguén nos fai caso.

 

 Ala, os que faltaban! Logo chega o informe PISA e din que non temos nin idea de nada!

Ei, sinto unha gran perturbación na forza!

 

 - Eu son a túa Xefa de Estudos! Estades todos no lado escuro da forza, meus! Que está pasando?

 

 DJ Gabriel e MC Iván estaban montando unha festa do copón!

 

 Xentes chegadas de todo o mundo e de todos os tempos congregábanse na pista do instituto.

 

 Ainhoa recibe emocionada por WhatsApp a nova de que vai xogar a próxima Superbowl! Moitos parabéns filla!

 

 Alicia no País das marabillas, unha canguro, unha ximnasta de rítmica... e un rapaz de paisano! Ten que haber de todo.

 

 Sandra e Sara chegaron tarde e xa viñeron en pixama. Borja quedouse co peluche: - Mooooola. 

 

 Andrea e Dani, unha parella con SUMO gusto. Brutal disfraz!

 

 Os anxos Carmen e Ángel contrataron un radar, que o está tomando moi en serio, para non levar tan rápido a relación.

 

 - Pedazo corno, profe!

 

 Estas mozas están moi alegres porque este ano rematan. O seu último Entroido no insti. Buaaa!

 

 A macrofesta tivo tanta repercusión que ata na Madroa abriron as portas, as gaiolas, e baixaron algúns animais.

ADIDAS patrocina o Entroido do IES Chapela.

 

 Seguro que Harry Potter Lidia tivo algo que ver na mañá máxica que se vivía.

Ollo as perrucas cosplay de Susi e Aitor, vaia nivel!

 

 Igualdade tamén nos superpoderes. Tres Wonder Woman a rachar!

 

 Unicornios e anxos negros! O yin e o yang! Aquí aceptamos todas e todos as nosas diferenzas!

 

 Deixa o sacho Miguel, e acaba ese cardado na perruquería!

 

 Astronautas, anxos, o radar... non nos atrevemos a dicir de que vai Raúl ou que está facendo.

O Departamento de Bioloxía seguía reunido a última hora do venres para buscar unha explicación.

Ao lado de Raúl, Carlos, o noso dispensador de preservativos XXL, non atopou clientes en todo o centro,

mais sabemos que ao final da festa un dinosaurio estaba moi interesado en contactar con el.  

 

 Ao alumnado de 4º ESO non lle saían as contas ao ver deste xeito ao seu profe de mates.

 

 O das Girl Scouts moi ben, o de Laura de xirafa aínda ten unha relación, o do de Música sen comentarios,

pero o do rapaz do tupé, á esquerda, en actitude piadosa, que mo expliquen. Ten que llo mirar!

 

 A Moncho a rapa das bestas quédalle pequena! Pedazo T-Rex!

 

 Ao ver tanto ambiente Carolina dispuxo axiña:

- Aquí temos que facer un concurso. Ángeles, Karen, Beatriz... xurado. Lume, a desfilar!

 

 Tiffany abriu o concurso co Billie Jean de Michael Jackson. Vaia nivel! Ata o dinosaurio caeu de xeonllos!

 

 Alba Castro comandou a tropa dos canguros.

 

 Chegou a quenda de Noa e Bárbara. O xurado tomaba nota!

 

 O comando Piolín visitou o noso Entroido. Este rapaces dan medo.

 

 Melanie e Lucía dérono todo na pista. Coidado con esa coleta, que vai voar.

 

 O xove jedi Santiago Skywalker non tardou nin un chisco en cargarse o lado escuro de Adrián Vader.

 

 "As só un corno", como se autodenominaron, montárono cunha coreografía.

 

 Os máis novos de 1º ESO sorprendéronos coa coreografía do baile do Papu. Que enerxía! Ides romper!

 

 Os de 1º do ciclo de APSD deixaron claro que eran uns millennials convencidos.

 

 Ollo coa coreografía das "Girl Generation", un mes ensaiando na Aula de Música!

 

 As alumnas de Farmacia obsequiáronnos cun ritmo sabrosón para logo rodear a súa profe, Concha.

 

 A ritmo de High School Musical, "Sorpresa", de 1º Educación Infantil, encheu a pista de alumnado, baile e alegría.

A clase unida xamais será vencida!

 

 "Os viciados" de 2º Infantil criticaron a nosa excesiva dependencia tecnolóxico-dixital.

Temos que facer un grupo de WhatsApp para apoiar a esta xente!

 

 "Superientegradoras" de 2º APSD escaparon do Cunqueiro para achegarse ao festexo.

 

 Parade, ho! Non vaiades tan rápido!

 

 Joel e Brayan comandaron outro baile do Papu que xuntou a 3º e 4º ESO. Que movemento mozos!

 

 E para rematar, aí os tedes, a comparsa mariña do profesorado do IES Chapela que foi despedida ao berro de:

APROBADO XERAL!

 

 Mentres o xurado deliberaba, a bailar. Coma sempre, as de sempre!

 

 Máxima tensión, Gabriel e Iván comezan a dar os nomes das persoas gañadoras.

 

 3º PREMIO Individual, Noa e Bárbara.

- Oe Noa, non me digas que vamos ter que fundir o premio na librería Acuario!

- Pois si Bárbara, fotocopias, colega.

 

 2º PREMIO Individual, DIPO G (Miguel, Jorge e Fernando)

Aínda hai xente tentando atopar a relación entre os tres personaxes presentados.

 

1º PREMIO Individual, Tiffany.

Hai xente que baila para pasalo ben, e outra para vivir. Ese é o caso de Tiffany. Moitos parabéns moza.

  

 

 3º PREMIO Grupos, Girl Generation.

Os moitos días de ensaio de Carolina, Laura, Melanie, Rubén e Carla, pagaron a pena.

 

 2º PREMIO Grupos, Os viciados.

Moita crítica á tecnoloxía pero nada máis coñecer o galardón estaban todas e todos a compartir a nova en facebook, twitter...

 

 1º PREMIO Grupos, Sorpresa.

Non foi sorpresa que gañase este grupo tan alegre e conxuntado,

mais si o foi que non descargasen as nubes que nos ameazaron durante toda a festa.

 

 

Cunhas nubes que non puideron coa nosa enerxía, o noso entusiamo, e as nosas ganas de compartir,

despedimos o Entroido 2018 no IES Chapela.

Aquí queda a foto de familia.

Moitas grazas aos nosos reporteiros gráficos, Belen de secretaría e Aldán,

e a todas e a todos os que participastes, organizastes e axudastes a que todo saíse tan ben.

Coma sempre un pracer contar con xente coma vós!

SAMAGOSTO (Samaín + Magosto)

Ollo ao dato, o IES Chapela inventa o SAMAGOSTO, unha mestura de Samaín e Magosto que en nada ha de chegar a EE.UU.

 

Como o tempo metereolóxico non vai co ciclo do ano, o alumnado e profesorado de Servizos á comunidade creou o ambiente.

Grazas a todas e a todos os que currastes este ano a decoración do noso instituto.

Na foto Brais, Alison e Esther, representando todo este traballo.

 

 Castañas xigantes! 

 

 Outonais árbores que perdían as súas follas. 

 

 Algúns quedaban pelados, coma este na porta da cafetería! 

 

 Ata as columnas do IES tentaron semellarse ás arbores.

O Departamento de Historia segue debatendo como chamar a este novo tipo de columna.

Columna chapeleira?

 

 Tanta folla a algún sitio tiña que ir parar. Pedazo greca!

 

 Ata ás ventás chegaron as follas!

 

 Mais a decoración non era só outonal! O Samaín estaba moi presente. Toma caracú... Perdón, calacú!

 

 Os ratos invadiron o Centro!

 

 Estraños seres gabeaban polas xanelas con avisos de morte.

 

 Non sei como será a clase de apoio domiciliario, pero a porta non invita a entrar!

 

 Arañas xigantes polos corredores!

Esta xente sempre o fai ben, pero esta vez rebordaron imaxinación e traballo.

Volvemos a dicilo, moitas grazas e parabéns.

 

 Araña implicada na extinción de incendios.

 

 Araña comprometida coa normalización do idioma galego.

GALEGUIZA O TEU COMPUTADOR! 

 

 Hai moita pantasma neste Centro! Que ninguén se dea por aludido ou aludida, eh!

 

 O que faltaba! Á xefatura de estudos co que fixo isto!

Como o tipificamos? Falta leve, grave, moi grave? Que sanción lle poñemos? 

 

 Mais o tema non rematou na decoración. Vaia despregue de concursos!

 

 Sandra, Paula, Janete e Víctor vixiaban o concurso de postres terroríficos e tradicionais!

Andrés González gañou o concurso dos tradicionais pero non apareceu a recollelo,

seica estaba botando unha placa ou algo así.

 

 O noso compañeiro David Domínguez apostouno todo decorando o seu cerebro con nata e framboesa,

mais non gañou e non o puido "cerebrar". A ver como remata o curso co cerebro tan danado!

Moitos parabéns David! Es un crack!

 

 Quen si gañaron o premio ao mellor postre terrorífico foron Lidia e Nerea,

ainda que terrorífica foi a foto que sacou o reporteiro gráfico, a ver se enfocamos.

Non hai foto do postre porque o xurado se empregou a fondo. Ollo, non foi Moncho!

Moitos parabéns mozas!

 

 Alba Castro gañou o concurso de calacús cunha "fermosa" cabaza pirata. 

 

 Caixas misteriosas...

Misteriosa si que é a luz que envolve a Marta.

Lévanos cara a luz, Marta... uhhhhhhhhhh

 

 Ata tempo tivemos de entregar os premios á mellor fotografía matemática.

Alicia Bouza recolle o premio de mans de Eva Cortegoso.

No ambiente de misterios que había, non imos desvelar en que consistía o premio...

 

 Talleres de maquillaxe! Isto é un non parar! Vaia actividade!

 

 Nerea pintalle a cara a Miguel, e el déixase!

 

 Véxote algo prexudicado meu! Vaia ao médico e que che devolvan os cartos!

 

 Ana e Mónica puxeron a música, que nunca pode faltar. Vaia coplas se mandaron!

Olga, fóra do campo da nosa cámara, bailaba en transo

e reivindicaba cantos de taberna colectivos no recreo!

Hai que comentarllo á nosa vicedirectora, seguro que se anima.

 

 Entre tanta morte e destrución, unha escena tenra.

A Miguel e a Nicolás había que poñelos ao mando da Aula de convivencia do IES Chapela.

 

 

 E que tal vos vai no insti? Preguntan nais e pais ao alumnado novo de 1º ESO.

- Ben, hai ratos polas escaleiras, arañas xigantes nos corredores, espectros nas aulas,

comen uns doces de aspecto noxento, o alumnado ten unha pinta un pouco sinistra,

están sempre de carallada, outro día mataron un ghichiño no primeiro andar...

pero parecen boa xente. Non está mal.

 

 

 Mentres tanto, fóra tamén se cocía a festa, todo o mundo a darlle a castaña. 

 

 Hai os que comen e os que traballan.

O alumnado de 3º ESO C, representado na foto por Pedro, comandado por Moncho e Xosé Luís,

currou arreo para que todos desfrutásemos. Grazas, grazas, grazas.

Sobre todo a Xosé Luís, que vén todos os anos a sacarnos as castañas do lume. 

 

 CASTAÑAS!!! Berrou Lucía. 

 

 Ñam, ñam... Estas mozas nin sequera se deron a volta para saudar! 

 

 O campionato de futbito continuaba en paralelo á celebración.

Borja mándalle un pase a Dani que acaba convertido en gol.

 

 Miña nai! J. J., Miguel e Hugo, non deixaban entrar cunha soa castaña na pista recén estreada.

Mesmo intimidaron o noso reporteiro gráfico! Estes rapaces impoñen! 

 

 Non, non é un dab, simplemente ocúltanse da cámara.

Non estamos preparadas para presentarnos en público! 

 

 Mirade que sorrisos os de María, Sefi, Marita e Loli!

Ata van ter que ensinarlle ao alumnado a sorrir! 

 

 A festa remataba e tamén a final de futbito. A chuvia fixo acto de presenza e

Abel chutou para equilibrar a balanza pero o resultado xa non se moveu.

 

 O equipo de Sandra non gañou pero foi o único que deu a cara para a reportaxe.

Parabéns por un equipo que integra mozas e mozos.

  

E pouco máis, marchamos que temos que marchar, dixeron Alba e Fátima.

Distribuir contido