Ed. Medioambiente

ARTELIXO en Chapela

 

O trono literario do IES Chapela chegou ao ARTELIXO. Fíxoo no Paseo de Cardona, en Laredo, compartindo escenario coas obras lixo do CEIP Igrexa, CEIP Laredo, CEIP Alexandre Bóveda e Escola de Música de Chapela. Nin o vento, nin o frío, nin a chuvia, foi quen de deslucir unha alegre xornada acompañada da música da Escola de Música de Chapela e do entusiasmo e dos folgos de tanta xente que demostrou que co "lixo" somos quen de facer arte e que temos que coidar o noso medio ambiente. Moitas grazas a todas e a todos os que participastes desta iniciativa, especialmente a Olga Nogueira, que teimudamente se empeñou en que a nosa República das Letras chegase ao ARTELIXO.

PDF con máis fotos da inauguración do ARTELIXO o 14 de abril.

Inauguración de ARTELIXO en Chapela

 

 

Hoxe, 14 de abril ás 17:00, acto de inauguración de ARTELIXO no Paseo de Cardona, en Laredo (Chapela).

 

Ás 18:00 o IES Chapela presentará a súa obralixo en forma de trono literario.

 

 

                ACHEGÁDEVOS!

LUME NUNCA MÁIS!

Grazas a iniciativa da profesora Mónica Puga, tedes a oportunidade de expresar no IES Chapela as vosas emocións, pensamentos, accións que hai que levar a cabo, informacións... en relación a vaga de lumes que asolou Galicia hai uns días. En forma de imaxes, reflexións escritas, datos sobre os incendios ou recollendo accións de voluntariado...

 

EXPRÉSATE!! Este panel que hai na entrada do instituto, é para ti!

Save the Artic - Vídeo.

O Curupira

     

No 2012-13 apostamos por vincular o PI deste curso á Educación Medioambiental e ao  noso proxecto particular "Retales del Mundo". Pretendemos achegarnos aos nosos compañeiros e compañeiras doutros países. Neste ocasión Brasil e as súas  lendas do Amazonas foron os protagonistas.

Nesta experiencia multicultural no IES de Chapela o alumno Eduardo Brenno Gonçalves dos Santos (2º ESO) leu para o alumnado de 1º ESO, que realizou imaxe para a súa ilustración, a lenda brasileira do Curupira.

Eduardo leu na súa lingua materna, o brasileiro. O alumnado decatouse da gran proximidade desta lingua co galego, pois podía comprender sen esforzo gran parte do texto. Os debuxos foron realizados polo alumnado de 1º ESO despois de escoitar a lenda dentro do Proxecto Interdisciplinar "O Bosque", no que traballaron durante todo o curso 2012-13.

 

O Curupira é o deus que protege as florestas. A tradição o descreve como um pequeno ser, de cabeça pelada, corpo coberto de pêlos, pernas sem articulações, dentes azuis ou verdes, orelhas grandes, e com os pés voltados para trás. Ele não possui os orifícios necessários para as secreções indispensáveis à vida, e é dotado de uma força prodigiosa. Contam que quando um individuo vê-se perdido no mato encantado pelo Curupira, para poder quebrar o feitiço que faz esquecer do caminho, deve preparar três pequenas cruzes de pau e colocá-las no chão triangularmente, ou fazer outras tantas rodinhas de cipó que colocará também no chão. O Curupira dá-se o trabalho de desfazê-lo, porque com este material fabrica pequenas cruzes de cauré que atira pelas costas.

O protetor das florestas é igualmente famoso por perseguir caçadores por meio dos seus assobios e sua fl echa mágica que, estiver onde estiver o caçador, a fl echa o encontra tornando-o caçado. O Curupira não permite que se matem “bichos novos” nem aqueles que estejam amamentando, muito menos fêmeas, caçada que sempre interdita.

 


Imaxes: Abel Gil Erquicia.

Saída Río Fondón

 

     

En marzo de 2013 alumnado de 1º ESO realizou unha saída didáctica ao río Fondón en Chapela - tramo virxe e tramo urbanizado -, organizado polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES Chapela.

Fotos en PDF.

         
       

David Brown, o noso guía, no río Verdugo. TVE.

Pica na foto para acceder ao programa. 

A flor máis grande do mundo - J. Saramago.

Programa Radio ECCA (1º ESO - 2010)

 Proxecto
Carta á Nai Terra
Fotos

 Audio do programa de radio

 Pequeno vídeo do programa. Descargar. 

HOME

 

     

O consumo desmedido dos recursos da "Nai Terra" podería ter consecuencias negativas para a humanidade. Aínda estamos a tempo de actuar. Esta película documental é un paso.

         
         Pequeno comentario do filme.

Madre Tierra

                 

Caderno Educación

MADRE TIERRA 

       
     

Madre Tierra

Macaco

       
     

Moving

Macaco

       
Comentario Alumnado      
Distribuir contido