Escoitar, Aprender e Compartir

David Saavedra debate co alumnado sobre os riscos da radicalización

O autor do libro “Memorias de un exnazi: veinte años en la extrema derecha española” compartiu a súa experiencia co alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato

 

Charla David Saavedra

 

Radicalización fronte a pensamento crítico. Ese foi o cerne da conferencia que ofreceu o pasado luns no IES de Chapela o galego David Saavedra, autor dun mediático libro sobre a súa experiencia de máis de 20 anos introducido nos círculos da extrema dereita española. Durante arredor de dúas horas, o autor fixo un percorrido polo proceso que o levou a radicalizarse durante a adolescencia abrazando a ideoloxía nacionalsocialista, reflexionando sobre as semellanzas do pensamento radicalizado de distintas ideoloxías e como isto leva a anular o pensamento crítico.

 

Proceso de admisión do alumnado para o curso 2023-2024

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DE ESO e BACHARELATO - Curso 2023-24

O proceso de admisión de alumnado para o curso 2023-24 iniciouse coa apertura do período de reserva para o alumnado dos centros adscritos ao IES de Chapela (CEIP Alexandre Bóveda, CEIP Igrexa e CEIP Laredo), entre o 15 de xaneiro e o 6 de febreiro.

As listaxes co alumnado que reservou praza para o IES de Chapela publicaranse no taboleiro do centro antes do 1 de marzo.

 

Admisión do alumnado de novo ingreso para ESO e Bacharelato no curso 2023-24

Prazo: 1 ao 20 de marzo

 

Poderá realizarse ben de xeito telemático a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Ben presencialmente no propio centro entregando a seguinte documentación:

  • Fotocopia DNI ou folla de inscrición da alumna-o no Libro de Familia.
  • Certificado de matrícula (con código XADE) no que conste o curso que está a estudar actualmente.
  • Certificado académico, salvo para 1º ESO.
  • Padrón familiar

 

Vacantes

1º ESO

33

2º ESO

17

3º ESO

0

4º ESO

0

1º BACH - Ciencia e Tecnoloxía

17

1º BACH – Humanidades e Ciencias Sociais

24

2º BACH – Ciencias

9

2º BACH – Humanidades e Ciencias Sociais

19

 

Listaxe provisional: 25 de abril

Listaxe definitiva: 15 de maio

Publicación da listaxe de alumnado dos centros adscritos de primaria con praza reservada no IES de Chapela

Desde hoxe, xoves 23 de febreiro, xa está publicada no taboleiro da secretaría do centro a listaxe de alumnado dos centros adscritos de primaria con praza reservada en 1º da ESO no IES de Chapela para o curso 2023/2024.

Entroido 2023

O venres 17 de febreiro a pista deportiva do IES de Chapela converteuse, un ano máis, nun gran escenario de Entroido no que desfilaron e bailaron os distintos grupos de ESO, Bacharelato e FP cos seus orixinais disfraces e coreografías. A xornada foi toda unha festa, con toda a comunidade educativa gozando do desfile e, como non, degustando filloas e orellas.

Pica a imaxe inferior para acceder á galería de imaxes do Entroido, e nos vídeos para ver algunhas das coreografías!

 

   

Convócanse as probas de acceso a ciclos formativos

Xa están convocadas as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e grao superior. Estas probas están destinadas a aquelas persoas que queiran cursar un ciclo de FP e carezan dos requisitos académicos para acceder directamente. Deixámosvos aquí o calendario das probas. Tedes máis información nesta ligazón.

Clube de lectura "O berete lector"

Club de lectura O Berete lector Club de lectura O Berete lector
O 28 de febreiro teremos a 2ª xuntanza do Clube de lectura "O Berete lector", imos ler mangas e comics, ás 15:30 na biblioteca.  

IV Torneo de xadrez IES de Chapela

 

      Torneo Xadrez        

 

O IES de Chapela organiza a cuarta edición do seu Torneo de Xadrez, que se desenvolverá ao longo dos meses de febreiro e marzo durante os recreos. O alumnado interesado en participar no torneo deberá formalizar a súa inscrición antes do xoves 26 de xaneiro na conserxería do centro.

IV CERTAME LITERARIO XELA ARIAS IES de CHAPELA

 

 EDDLG Mural Xela arias  Biblioteca

 

O equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca convocan o IV Certame Literario Xela Arias-IES de Chapela.

PARTICIPANTES: Alumnado do IES de Chapela

MODALIDADE: Poesía en lingua galega

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Remata o 12 de maio de 2023. Entrega na biblioteca ou no enderezo electrónico edlgieschapela@gmail.com en formato pdf e indicando no asunto Certame Literario Xela Arias.

PREMIO: Cheque para mercar no comercio local. 1º Premio 50€. 2º Premio 30€. 3º Premio 20€

DESCARGA AS BASES DO CONCURSO

Novidades Biblioteca Xaneiro-Febreiro Curso 22/23

Novas Xaneiro-Febreiro 2023

Semana de portas abertas no IES de Chapela

O IES de Chapela abrirá do 16 ao 20 de xaneiro as súas instalacións ás visitas de pais, nais e futuras alumnas e alumnos na súa Semana de Portas Abertas, ofrecendo a posibilidade de coñecer as instalacións do centro e a súa oferta formativa. A actividade coincide co inicio do período de reserva de praza para os centros adscritos (CEIPs Igrexa, Alexandre Bóveda e Laredo) de cara ao vindeiro curso, que estará aberto do 15 de xaneiro ao 6 de febreiro, e as visitas poderán realizarse nos días indicados en horario de 18.30 a 20 horas.

Así mesmo, as familias do alumnado dos centros adscritos que teñan previsto matricularse no centro o vindeiro curso terán unha reunión informativa o martes a partir das 18.30 horas, na que ademais de información sobre a oferta académica recibirán unha visita guiada polo centro.

Distribuir contido