Os homes que non amaban as mulleres - Stieg Larsson

Los hombres que no amaban a las mujeres
Autor: Stieg Larsson
Editorial: Destino
Páxinas: 672

 
I.S.B.N: 978-84-233-4044-6

Harriet Vanger desapareceu hai 36 anos durante un Entroido de verán na illa sueca de Hedeby, propiedade practicamente exclusiva da poderosa familia Vanger. A pesar do despregue policial, non se encontrou rastro da rapaza de 16 anos. Escapou? Foi secuestrada? Asasinada? Ningué o sabe: o caso está cerrado, os detalles esquecidos. Pero hai quen segue lembrando a Harriet, o seu tío Henrik Vanger, un empresario retirado, xa no final da súa vida e que vive obsesionado con resolver o misterio antes de morrer. Nas paredes do estudo colgan 43 flores secas e enmarcadas. As primeiras 7 foron agasallos da súa sobriña. As outras chegaron puntualmente para o seu aniversario, de forma anónima, desde que Harriet desapareceu. Vanger contrata a Mikael Blomkvist, xornalista de investigación e alma da revista Millennium, unha publicación dedicada a sacar á luz os trapos sucios do mundo da política e das finanzas. Mikael non está pasando un bo momento: está vixiado e procesado por una querela por difamación e calumnia. Detrás da querela está un grupo empresarial que ameaza con derrubar a súa carreira e destruír a súa reputación. Así que acepta estraño encargo de Vanger de retomar a investigación da desaparición da súa sobriña e intentar tirar dalgún cabo solto. Un traballo complicado para o que recibe o agasallo inesperado da axuda de Lisbeth Salander, unha investigadora privada inusual, incontrolable, socialmente inadaptada, tatuada e chea de piercings, e con extraordinarias e insólitas calidades como a súa memoria fotográfica e a súa destreza informática. Texto extraido de: http://www.serielarsson.com/libro.php

 
Curso 2009-10. Lecturas Titoría PCPI.