Hoxe, 23 de novembro, inauguramos o Espazo Violeta na Biblioteca do IES de Chapela. A partir de agora teremos aquí un valioso fondo bibliográfico sobre feminismo e igualdade á disposición da comunidade educativa. Esperamos sacarlle moito partido porque, como nos lembra Chimamanda Ngozi Adichie, cuxas palabras serviron para inaugurar o espazo, "todos e todas teriamos que ser feministas". Moitas grazas á Brigada Violeta e ao Equipo da Biblioteca por idear e materializar este espazo, que arranca con forza nun momento tan sinalado como son as vésperas do 25N.
|
|||