ACTIVIDADES DEPORTIVAS NA PRAIA: REMO, VOLEIBOL, FÚTBOL, ULTIMATE...

O día 21 de xuño baixamos á praia de Arealonga para coñecer o clube de remo nas súas instalacións, tamén practicamos os deportes na praia co bo tempo que acompañaba: o alumnado disfrutou xogando ao fútbol praia, volei praia, tenis de mesa, ultimate, indiaca... e probaron a practicar o remo coa colaboración dos monitores do clube de remo de Chapela. Poidemos ver cómo entrenan no foso e no mar e as diferentes embarcacións.