Novas actividades extraescolares

Cartel teatro e baile modernoDende o equipo directivo, e en estreita colaboración coa renovada dirección da ANPA do centro, queremos propor a posibilidade de realizar dúas actividades extraescolares neste curso académico para o noso alumnado. Ditas actividades son o teatro e o baile moderno.

Con estas actividades preténdese, entre outros obxectivos, o de fomentar a inclusión e mellorar as habilidades sociais así como a psicomotricidade do noso alumnado.

Por dito motivo pedimos a máxima difusión entre o alumnado e as familias e convidamos ao alumnado interesado nestas actividades a unha reunión o venres 30 de setembro nos recreos na aula de conferencias. Nesta reunión analizaremos a viabilidade da posta en marcha así como o día e hora proposta para cada actividade no caso de existir un mínimo de alumnado interesado.

As persoas interesadas na actividade de baile que acudan a dita aula no primeiro recreo (10:10).

As persoas interesadas na actividade de teatro que acudan a dita aula no segundo recreo (12:10).