Fin de Curso ESO e BACH - 2021

22 de xuño: Último día lectivo. As clases rematarán ás 12:10. Ás 12:30 o transporte escolar recollerá o alumnado.

23 de xuño: Avaliación Final Ordinaria. Publicación das cualificacións no abalarMobil ao longo do día.

24 e 25 de xuño: Presentación de reclamacións ata as 14:00.

25 de xuño: Alumnado ESO. Entre as 10:00 e as 13:00 as persoas titoras entregarán ás familias do alumnado de ESO que superou todas as materias, o boletín de notas, a avaliación de competencias e o consello orientador. De non superar algunha materia, non é obrigada a asistencia da familia pudendo o propio alumnado recoller o seu boletín de notas.

28 de xuño: Resolución de reclamacións ás 10:00.

28, 29, 30 de xuño, 1 e 2 de xullo: Período de matrícula.