Un espazo para aprender, escoitar e compartir

Que como vai o conto? Seguro que son moitos os pensamentos e sentimentos que estes días estamos rumiando na casa todas e todos os que formamos a comunidade educativa do IES de Chapela. Aquí tes un espazo para escoitar aos demais, para aprender delas e deles, pero sobre todo para compartir. Un espazo para expresarse e darnos axuda e comprensión mutua. Escribe ao correo do centro e deixa a túa reflexión. Dinos o teu nome, e se es alumna ou alumno o curso. Mais tamén se es unha nai, un profe... Este é un espazo aberto para todas e todos.

ies.chapela@edu.xunta.es

 


30 de xuño

Remate de curso

Quen nos ía dicir , que cando comezamos en setembro o curso 2019/2020, con moitas ilusións, gañas de acadar os obxectivos propostos, xuntarnos cos compañeiros/as , coñecer novos mestres/as, compartir as nosas sabedorías, inquedanzas, alegrías, sorrisos, emocións etc ...nos iamos topar cun virus que paralizounos a todos/as mundialmente, rompendo os esquemas ,os programas, as ilusións víronse un pouco mermadas, e a incertidume apoderouse de nos, de repente todo fixo BOOMMMM... e o mundo cambiou. Obrigándonos a adaptarnos rapidamente a unha nova vida. Pasamos do estrés laboral, as carreiras por chegar a mil sitios a vez, os nervios polos exames, a falta de tempo para estudar, os traballos en grupo cos compañeiros/as moi importantes na socialización permitíndonos aprender máis se cabe a interactuar entre todos/as dentro das aulas, as horas libres na biblioteca estudando, informándonos, documentándonos, os momentos de lecer na cafetaría cos compañeiros/as, intercambiando opinións, risas etc. A unha calma total , con mais tempo para nós mesmos e a familia, e adoptándonos as novas tecnoloxías tan elementais , que gracias a elas nos permitiron rematar o curso dun xeito moi diferente o que nos gustaría, volvéndonos máis individuais a hora de traballar, buscando novas ferramentas en internet para poder levar a cabo as tarefas, e empregando calquera material reutilizable que atopabas pola casa. Intentando ver todo de xeito positivo, e animándose un mesmo moitas veces para non decaer, nos atrancos que nos pon a vida. Pero co esforzo por parte de mestres e alumnos conseguímolo; E aquí estamos xa co curso rematado, e alegres cos resultados acadados. E xa por ultimo dar as grazas a toda a comunidade educativa que forma o IES Chapela, por todo o esforzo e implicación nesta época tan dura que nos tocou vivir. Bo verán e boas vacacións a tod@s.

(Montse Ayude - Infantil modular)

 

20 de xuño

Clausura de curso

A vida esta chea de diferentes ciclos ou etapas… e unha delas foi facer parte dos nosos estudos no IES de Chapela, onde tivemos a sorte de coñecer xente marabillosa.

Comezabamos o curso en setembro de 2019 cun obxectivo común, que imaxinabamos afastado no tempo, véndose este ano precipitado por un hóspede inesperado, que semella que veu para quedarse, e que deixou unha fenda en nós que nos fai vivir unha nova normalidade, onde algúns e algunhas xa se atopan agora ás portas da recta final, e onde só queda dar o mellor de si e amosar o que valen, non só na FCT ou na ABAU, senón tamén nos vieiros da vida... e outras/os, aínda poderemos vérmonos algún aniño máis polas instalacións do centro pero, o que é seguro, é que, a pesares de sermos todos/as iguais en trazos xerais, tamén temos eses pequenos detalles, e pequenos acenos que nos fan a cada un/ha de nós, dalgún xeito, un pouquiño especiais e únicos, e esa esencia é o que queda na lembranza das/os outras/os...

Despois de moitos atrancos e, chegados a este punto, só queda transmitir o que foi para nós o paso polo centro: podemos dicir que aprendemos a convivir en comunidade, a ser un chisco máis sociábeis, e bastantes coñecementos máis que nos serven non só profesionalmente, senón tamén para o noso día a día como persoas…

Vivíronse nas aulas momentos de compañeirismo, momentos de risas, complicidade, ilusións, entusiasmo, agarimo… en definitiva de bo rollo, e con iso é co que nos quedamos…

Agradecer a toda a comunidade educativa o xeito no que se involucran en cada iniciativa, en cada novo proxecto, en cada actividade que se programa, facilitando así a participación de todas e de todos.

Dar as grazas a Xefatura de Estudos e Dirección: que sempre estiveron aí para resolver calquera dúbida, problema ou contratempo por pequenos que foran, escoitándonos a cada un e cada unha de nós sen présas, a pesares do atarefados que están sempre; ás/aos profesoras/es e titoras/es: por toda a paciencia que tiveron con nós ao longo deste ano, sendo sempre positivos e tentando facilitarnos as cousas a todas e todos,  comprendendo e adaptándose sobre todo ás persoas que ten que conciliar o traballo e/ou a vida familiar coa asistencia ás clases e aos exames… Grazas tamén por ese dinamismo que transmiten, e por facer das clases algo participativo, onde sempre se tivo en conta a opinión de todos e todas, xa que iso fai que todo resulte máis levadeiro, e tamén por aturar os nosos comentarios menos acertados ou preguntas ás veces absurdas, e os nosos días non tan bos, que todas e todos temos algún…

Tamén agradecer a Tere, Conchi e Moncho por canto se preocupan para que todo se coordine á perfección, xa que, calquera cousa que precisemos, por absurda que resulte, sempre recorremos a eles e intentan poder solucionalo, sen esquecérmonos da labor do persoal de limpeza e secretaría...

Atrás quedan días de moito frío, ou de moita calor… tamén días de nerviosismo por mor dos exames… tardes que xa case eran noites dende o comezo das clases, ou días nos que semellaba non dar pasado o tempo... carreiras polos corredores, grolos de café ou infusión e petiscos na cafetaría, parolas diante da entrada… entre risas claro está! 

Pero a vida debe seguir, así que...

A pasar todos e todas un bo verán de descanso...

...que o temos ben merecido!

 (Anxo Teijido - Infantil modular)

 

12 de Xuño

Prometer

Por que seremos tan testáns facéndonos os duros cando por dentro desexamos estar con esa persoa que nos fai tan feliz? Por que só nos quedamos co aparato electrónico que nos regalaron os padriños e non coa comida que nos fan os nosos pais todos os días ou a comida dos avós dos domingos? Por que non nos quedamos co agasallo que é ter un teito, co agasallo que é ter unha familia que fai todo o posible para que sexamos felices? Por que non valoraremos o afortunados que somos? Nós somos os primeiros que debemos prometer. Prometer que cando todo isto remate valoraremos moito máis as pequenas cousas do día a día. Prometer que cando todo isto remate non deixaremos de dicirlle a quen máis apreciamos o moito que vos queremos. Prometer que tentaremos non deixarnos levar pola furia do peor momento e prometer centrarnos nos mellores recordos. Prometer levantar a cabeza e axudar a que a levanten todos e todas aquelas que a teñan baixa e non o merezan. Aproveitemos agora que podemos e digámoslle todo o que sentimos ás nosas nais, aos nosos pais, irmás e irmáns, amizades, fillas, fillos e demais seres queridos. Escoitemos aquela historia que as nosas avoas e avós nos contaron mil veces e sorprendámonos coma se fose a primeira vez que a escoitáramos. Non é tan difícil dicir un "quérote", ou un “ámote"; non é tan difícil darlle as grazas aos que nos rodean e nos fan a vida un pouco máis agradable. Non é tan difícil dicir calquera outra cousa que poidamos sentir cando pensamos nesas persoas que nos coidan a diario. Digámosllo agora, porque cando realmente nos deamos conta do afortunados que somos coa xente e as cousas que temos ao redor, quizais aí xa sexa demasiado tarde. Prometo coidalos, coidarte e coidarme. Hoxe, mañá, e todos os días da miña vida.

(Texto e foto: Alba Espiño - 1º Bacharelato)

 

27 de Maio

As cousas "claras" (INVISÍBEIS)...

Estamos xunguidos a unha corentena perpetua, imposta por unha sociedade onde as xentes prefiren ollar cara a outros lados...

Espertamos cada día coa esperanza posta nun mañá mellor, aínda sabendo que é unha utopía...

Afogamos os nosos berros en falsos agarimos enlatados, olladas ortopédicas, acenos prefabricados, e bicos de papel que se desfán coas pingueiras das bágoas que ninguén ve...

Volvémonos invisíbeis para unha sociedade en busca da perfeción, onde os que non cumprimos cuns estereotipos non existimos...

Mais ficamos aí, dando leccións maxistrais ao mundo con cada noso día a día...

As cousas claras!

(Anxo Teijido - Infantil modular / 15 de abril - Día 34 de confinamento)

 

25 de maio

Liberdade

Pecho os ollos e nada máis facelo vexo o meu lugar favorito. Posiblemente para moitas persoas sexa a cidade, a praia, o mar... O meu non, o meu é un recanto de monte, cheo de árbores e follas de cor verde.

Cheo de liberdade.

Nada máis adentrarte nel dá a sensación que estás noutro mundo. Comezas a experimentar sensacións que quizais nunca antes chegases a sentir.

Respiras natureza e sénteste como nunca antes o fixeras.

Sénteste libre.

Libre co son que fai a auga do río, envolta de follas verdes bailando mentres escoitas a melodía do canto dos paxaros.

Libre dándolle a importancia que ten a soidade e o benestar dunha mesma.

Libre pechando os ollos, tombada enriba das follas caídas polo vento.

Libre soñando con todo aquilo co que normalmente non tes tempo nin para pensar.

Xamais imaxinei poder sentirme tan ben. Sentirme tan acompañada estando tan soa.

Quizais non hai mellor cousa que dedicarse tempo a unha mesma, ao final, somos con quen máis convivimos.

Todas as persoas temos ese lugar no que, sexa o día que sexa, apetece estar. Todas temos ese lugar que, sexa cando sexa, namórate estar.

Abro os ollos e fronte a min unha imaxe á que nunca antes lle dera demasiada importancia. Un ceo alaranxado cuns tons vermellos que fan posible sacar en toda a persoa que o ve un sorriso.

Pero non calquera sorriso, senón o teu, indescritible e único, coma ti.

(Alba Espiño - 1º Bacharelato)

 

17 de maio

Grazas

(O Son da rúa - Hugo e Alex)

 

17 de maio

Día das Letras Galegas

Unha vez máis, coma cada ano, atopámonos ás portas dun día no que se pretende recoñecer a aportación dunha persoa ilustre ao idioma galego, espallando así a nosa cultura, mais, aínda que semella que todo o mundo o coñece, e son moitas as persoas que se gaban de seren galegas e do noso idioma, non deixa de ser un triste espellismo no que só ten importancia, máis alá da festividade do propio día, no que os galegos e galegas non acoden ao seu traballo ou estudos, por estar sinalado como día festivo no almanaque, espellismo que agocha unha falsa realidade onde todos coñecemos ao autor ao que se lle dedica o día e as súas obras pero, ao día seguinte, moitas son as persoas que esquecen ese amor pola terra, pola lingua e polo noso, para deixalo no esquecemento ata volver a atopármonos ás portas dunha nova edición, e nin que dicir ten que o mesmo acontece cos medios de comunicación... Asemade, isto ocorre tamén con outras efemérides ou dias de recoñecemento coma o Día contra a violencia de xénero ou o Día da muller traballadora por citar algúns, días nos que parece que abonda con dedicar uns minutiños cunha frase e/ou imaxe bonita e... xa cumprimos! Ata o ano que vén! Ou D’hoxe nun ano, que dirían os nosos maiores... Deberíamos concienciármonos pois, que estes días sinalados teñen un carácter moito máis importante que o meramente festivo, deben crear conciencia nos nosos maxíns para que o Día das Letras Galegas, ou calquera outro sexa cada día do ano... Ou acaso a muller só é traballadora o día 8 de marzo e o resto do ano anda a rañar na barriga? Pois iso, cadaquén que se dea apor aludido na medida que considere, pero eu... NUNCA serei “yo”, eu “falo galego porque si, porque me peta, porque é a miña lingua...” eu SEMPRE en GALEGO.

(Anxo Teijido - Infantil modular)

 

9 de maio

Solpor en compañía

Pode que algún día lembre esta tarde moito máis que calquera outra tarde de agosto. Aínda non sei por que, pero foi unha tarde especial, tan especial que aquí me tedes, deitada na cama e cun sorriso de orella a orella, o cal facía tempo que non se fixaba en min.

Non me gusta o verán, mellor dito, non me gustaba, quizais agora sentirei moito máis a miúdo a area que tanto odiaba nos pés, a salitre que se impregnaba no corpo ao saír do mar, os xeados que tanta xente se tomaba ás dez ou once da noite paseando pola praia...

Non me gustaba o verán ata que aprendín a convivir comigo mesma, facendo que todo aquilo que a miña mente parecía rexeitar o puidese chegar a amar. Amábao con tanta forza que non había mellor plan que me soase, que ir unha tarde comigo mesma a calquera lugar, pero iso si, o que nunca cambiaría por nada do mundo sería a tarde de hoxe. Eu, sentada na area con vistas ao mar, arredor das nove da noite e cunha fotografía que me quedará gravada para sempre, o solpor.

Pareceume tan chamativo que da praia pasei ao medio do monte nun abrir e pechar de ollos.

Dende aquí é todo máis fermoso.

Non sei se son eu, pero paréceme que dende aquí arriba respiro mellor.

Séntome nunha pedra que parece estar feita para min, abro a miña bolsa e saco o móbil. Aquí foi cando decidín que esta imaxe quedaría gardada para sempre.

(Alba Espiño - 1º Bacharelato)

 

25 de abril

O Camiño da Formiga

 

Alemaña. Dezaseis de abril de 2020. Son as dez da mañá e xa vai calor. Tempos de desorde. Tempos revoltos.

Estou sentada no  balcón con portátil acendido. Intento aprestar o mellor dos meus sorrisos para dar unha motivadora benvida ás miñas alumnas. Unha benvida 2.0.

Non debería estar aquí. Debería estar a 2.320 Km deste balcón. Debería estar coa miña nai, co meu pai, coa miña tía, cos meus irmáns e os meus curmáns, coas miñas amadas amigas. Debería estar tomando unha Estrela e falando da vida nunha terraza ruidosa e chea de xente. Debería estar na praia. Debería estar en Chapela.

Invádeme un cabreo  o unha impotencia  case incontrolábel. Pecho os ollos e intento viaxar  a outro  lugar: o  camiño da Formiga.

Esta rúa é testemuño e espello da miña vida.  Subidas e baixadas. O camiño da Formiga é o esvaradoiro que baixaba chea de euforia despois dunha noite de baile e alcohol. O camiño da formiga é o tobogán que subía con moito esforzo para ir a clase. É esvaradoiro que descendo con présa, e ilusión de ver aos meus despois duns meses fóra da casa.

Neste camiño existe un punto máxico. Un punto no que sempre deteño os meus pasos. Un punto  onde abro os ollos con forza para desfrutar da vista á Ría, come se fose a última vez que estou alí. É o punto onde a paisaxe  alcanza  case una  proporción áurea. Un punto no que lembro que estou de volta.

(Eva Lago - Veciña de Chapela, desde Alemaña)

 

3 de abril

Hoxe propóñovos que collades un papeliño e, como mínimo, cada día, vaiades anotando un desexo que vos gustaría cumprir cando remate o confinamento e os vaiades gardando nun bote... Por exemplo: darlle un bico e unha aperta a (escribir nomes específicos), deben ser cousas reais e realizábeis e, logo, cando todo isto pase, facer unha listaxe e cumprir todos os desexos...

Porque o ser humano é moi dado a facer promesas e ter desexos pero logo, esquece axiña e queda todo en nada...

Isto servirá para dármonos conta que, como dicía o Principiño: “o verdadeiramente esencial é invisíbel á ollada”, e tamén para dármonos conta que non precisamos cousas de grande valor material nin grandes fazañas para sermos felices, xa que a verdadeira felicidade se atopa nas pequenas accións e pequenas cousas do noso día a día...

Así que aí vos deixo a miña proposta de hoxe...

Ánimo que xa queda menos!!

#EuFicoNaCasa #TodoVaiSaírBen    (Anxo - CS Educación Infantil)

 

1 de abril

Levamos..... días recluídos nas nosas casas. E dáme en pensar que, como sociedade, non soubemos estar á altura, por moitos títulos universitarios que poidamos enmarcar.

Sen dúbida que moitas somos privilexiados e dispomos de wifi, calefacción, mobles de deseño -ou a versión IKEA-, televisores, despensa ben surtida, cociña de indución…. En fin, canto nos ofrece o século  XXI... Pero, todo o que se pode comprar con diñeiro é barato.

Artellamos un mundo no que non nos podíamos permitir dedicar nin unha hora do noso valioso tempo a formar unha pequena tribo coa que compartir preocupacións e pensamentos que puidesen afastarnos dunha foto-felicidade en Facebook; que nos inquietase e impedise demostrar nas redes que non acadaramos o éxito esperado.

Só aqueles de avultada nómina computan no organigrama social, os outros, son invisibles, nada aportan á sociedade do benestar...  

E nesa liña nos movíamos, tan convencidos, que educamos aos nosos fillos para que perpetuasen ese Mundo Feliz, porque o obxectivo é obter bens mellores, maiores e máis modernos. Non abonda cun pisazo ben ubicado, unha segunda residencia, un coche de refinado deseño, un barco para atracar en praias a onde non chegan os simples mortais, unha moto para evitar atascos, un Iphone último modelo con moitas prestacións... tamén xustificamos defraudar a Facenda, alegando impostos abusivos... Somos inmortais!

... Pero chega un virus que, con referencias monárquicas, sacode as bases da sociedade estamental... parándonos a todos.

Acabáronse as xuntanzas profesionais, o ximnasio, as comidas  e ceas de negocios... Hai que quedar na casa e compartir espazo con aqueles aos que nunca lles dedicaramos máis ca obxectos. E dependemos daqueles aos que nunca miraramos á cara porque os seus valores non cotizaban en bolsa: enfermeiros, varredores, policías, caixeiros con horarios interminables para estar ao noso servizo...

Hoxe, agora, non hai cartos no mundo que nos dea a inmunidade e desde as nosas fiestras observamos como eles seguen traballando para subministrarnos a todos de víveres; regando as rúas con lixivia e recollendo o lixo para evitar o avance do caos; transportándonos en ambulancias para sermos atendidos ante calquera síntoma; mantendo a orde de confinamento aos que se senten intocables; cociñando para que os nosos anciáns hospitalizados podan seguir coa súa dieta... Eles, aos que non se lles escoitaba por teren unha nómina inferior aos dous mil euros...

Algo non fixemos ben e é momento de reflexionar...  

Cómpre saber que a sociedade armámola NÓS, TOD@S. Non valemos o noso peso en ouro, senón que valemos en canto saibamos ser, e só somos se escoitamos, comprendemos, compartimos... e miramos, sorrimos, apoiamos, axudamos, acompañamos e valoramos o traballo de TOD@S...

A nosa vida será segundo a transitemos, non o que compremos. Ninguén nos lembrará polas nosas marcas favoritas ou os billetes de primeira nas viaxes exóticas. Non. Lembrarannos –cun sorriso, se cadra- polos destinos, polos momentos de complicidade (se niso nos empeñamos), pola felicidade ou tristura (segundo a ocasión) que compartamos cos nosos, pola nosa implicación, polo esforzo, polo tempo dedicado, pola humanidade que exhalemos. Só iso.

Difícil e custoso produto para deixar en herdanza se non nos esmeramos.

É momento de reflexionar porque a sociedade moderna é igual cá antiga: necesita de tod@s e todos precisamos dun bo copiloto de vida porque é o encargado de poñer a musica na viaxe...  (Patricia - Profesor de Lingua Galega)

 

(Óscar – 1º APSD)

 

31 de marzo

(Mario – 2º APSD)

 

(Lucía – 1º APSD)

 

(Ainoa – 1º APSD)

 

30 de marzo

Estou ben, sen moito tempo aínda para dedicarme, entre as tarefas cotiás e as escolares pásanseme os días rapidísimo, case me atrevería a dicir que aínda teño menos tempo que en condicións normais. Si é certo que me preocupa un pouco que a situación se alongue moito no tempo, pois o non poder visitar aos meus pais entristéceme bastante, aínda que están ben, e recorro ás videochamadas e mensaxes, pero non e o mesmo ca ter contacto físico. De todos xeitos son positiva e dígome sempre: “é polo ben de todos, xuntos conseguiremos que isto mellore”, “un día menos, pronto estaremos unidos”. (Montse A. – CS Educación Infantil)

 

29 de marzo

Cando chova e te molles...

Aquí continúo no meu privilexiado confinamento. Vivo nun acolledor piso que o sol ilumina ao mediodía, a miña despensa está chea e cando se baleira baixo a comprar, no meu posto laboral non padecerei un ERTE, teño un piano, unha excelente biblioteca e música dabondo para anos, gozo de abundante wifi para realizar videoconferencias coas amizades, desfruto de Netflix e doutros caprichos do primeiro mundo, e unido a todas estas grazas, confineime coa xente que eu máis quero. Podería existir o que resta da miña vida nestas condicións, moito mellores que as que soportan a maior parte dos seres da miña especie no planeta terra. Meus pais déronme un mestrado de resistencia desde neno. Mais a tristeza tócame cando vexo as cifras do que pasa aí fóra. A tristeza e a rabia, porque pese a virulencia do virus, algo como sociedade fixemos mal para non poder protexer a nosa xente. Alguén mo dixo hai anos, “cando chova e te molles, non lle botes a culpa a chuvia”. Haberá que cambiar. (Miguel - Profesor de Música)

 

28 de marzo

Artur exprésao bailando (Artur- Mestre de baile tradicional e amigo do IES de Chapela)

 

27 de marzo

Fluctuat nec mergitur

He leído todas las expresiones de los sentimientos y las reflexiones que me preceden, y poco puedo añadir.

Desde que empezó todo esto, tengo muchas sensaciones, entre ellas hay una especial: la conciencia de humanidad, de la historia de la humanidad. Reparo en la cantidad de situaciones difíciles que los seres humanos han sufrido y superado, y me sirve de consuelo y me da fuerza. En las circunstancias que estamos viviendo, nunca la vida cotidiana de todos y de cada uno de nosotros (la “intrahistoria” de Unamuno), ha estado tan ligada a la historia de la humanidad.

Desde la Roma Antigua reza la frase Fluctuat nec mergitur: ´batido por las olas, pero no hundido`.

Nos podrán castigar las olas de la pandemia, pero no nos hundirán. (Cristina - Profesora de Lingua Castelá)

 

26 de marzo

Lorena exprésao pintando (Lorena - CS Integración Social)

 

Andrea e Ainhoa exprésano bailando (Ainhoa e Andrea - 2º ESO)

 

Esta situación llegó a nosotros de forma imprevista, nadie se esperaba que a día de hoy el mundo y nuestro país tuviesen que luchar contra esta pandemia. Tras decretarse el estado de alarma nuestras vidas cambiaron por completo, teniendo que adaptarnos a una situación de confinamiento por el bien de todos y todas. Sin duda, es duro el ver como nuestra vida ha dado un giro completo en muy poco tiempo, no obstante, tenemos pensar que todas las medidas adoptadas en el Real Decreto del estado de alarma se aplican para lograr vencer esta pandemia y proteger al sistema sanitario y a las personas. Ahora que estamos en nuestros hogares sin poder salir salvo para los casos y en las condiciones contempladas en el RD, debemos buscar el modo de entreteneros día a día para tener nuestra mente ocupada el mayor tiempo posible; es fundamental estar informado/a de todo lo que sucede, pero debemos buscar momentos de reposo y de desconexión. 
 
Ahora en casa podemos disfrutar de actividades como la lectura, el dibujo, la música, ver series o películas, escribir o cualquier otra que pueda resultar de nuestro interés. Además, hay que destacar que es fundamental seguir activos/as físicamente, por lo que podemos realizar deporte en casa también en la medida de lo posible. Además, es muy importante cuidar la alimentación y seguir un estilo saludable. 
 
Cabe decir que, aunque podamos estar lejos de personas a las que apreciamos, igualmente podemos seguir manteniendo la comunicación con ellas, sea vía whatsapp, por skype, etc. Evidentemente no es lo mismo que tener trato con ellas de forma presencial, pero debemos tener paciencia. 
 
Quiero mandaros mucho ánimo en esta situación que estamos padeciendo todos y todas. Juntos y juntas saldremos adelante. (Mario - 2º APSD)
 

 

Desde mi punto de vista creo que esto es algo que no se nos va a olvidar nunca, y será algo que marque un antes y un después en nuestras vidas. Pero creo que además que cosas negativas, también tiene otras positivas: al estar recluidos en casa podemos pasar más tiempo con nuestras familias y aunque eso pueda causar algún conflicto también servirá para unirnos más a nuestros padres, cosa que en nuestras edades a veces es un poco complicado. Todo esto también nos sirve para reflexionar sobre los problemas de verdad y darle más importancia a las cosas que realmente importan, como la familia o la salud y dejar de preocuparnos tanto por cosas secundarias.

Y en lo que a nivel global se refiere, todo esto está ayudando a reducir la contaminación, un problema que estaba teniendo bastante repercusión antes de que llegase el virus.

Para mucha gente mayor este estado de alarma les recordará a la guerra por los saqueos a los supermercados, ver al ejército en las calles y tener que estar encerrados en casa. Y creo que ahora más que nunca deberíamos de apoyar a nuestras personas mayores, ir hacer la compra si es necesario para que no tengan que salir de casa, aunque nos cueste no darles abrazos y mantener las medidas necesarias para evitar el contagio ya que son personas de riesgo. Simplemente ser una persona de apoyo para ellos, ya no solo por ellos si no porque nos puede ayudar a nosotros.

Creo que en un futuro, cuando esto pase o por lo menos este más controlado, servirá para todas las personas y sobre todo aquellos que tienen el poder como los políticos a darse cuenta de lo que es realmente importante. No se pueden privatizar centros médicos, porque en esta crisis sanitaria queda más que demostrado que lo que realmente funciona es la sanidad pública. Servirá también para que nuestros gobernantes se den cuenta de que no pueden hacer recortes en sanidad y reducir personal porque ante crisis como ésta el sistema se satura y no hay sanitarios suficientes, y los que hay no están trabajando en las condiciones adecuadas porque no hay material. No puede ser que para un turno de 7 horas los sanitarios solo dispongan de un EPI (el traje de protección que llevan) porque se lo deben quitar cada vez que salen de una de las habitaciones, lo que implica que muchas veces entran desprotegidos.

Espero que esta crisis pase pronto y que nos sirva a todas y todos para darnos cuenta de que lo más importante no es el dinero, si no las vidas y la seguridad de las personas. Y que de esto salgamos todos un poco más humildes. (Aroa - 1º Bacharelato)

 

Posiblemente unha das maiores dificultades para frear este virus é que hai que pensar máis nos demais que nun mesmo. É hora de ser empáticos. É hora de repasar mentalmente os bicos e os abrazos que demos ás persoas que queremos. É hora de darlle valor ás cousas que antes, pensabamos, eran insignificantes. É hora de ter serenidade no medio do caos. É hora de pensar nos nosos maiores, nos nosos familiares, nos NOSOS. O mundo está respirando, a terra agradeceránolo. Seguramente, se este virus fose ao revés, se fose mortal para os máis novos, os nosos avós non terían dúbida ningunha en ter que facer o que fose necesario para protexernos, porque nós non facemos o mesmo por eles? Non nos están pedindo que demos a nosa vida, están pedindo que quedemos na casa 15 días, que sexamos empáticos, que nos poñamos no seu lugar. Se hai algunha maneira de parar esta pandemia, é esta, todos xuntos, porque aínda que estamos separados, agora, estamos máis unidos que nunca. #quedanacasa #euquedonacasa” (Sheila - CS Educación Infantil)

 

Recompilatorio de mensaxes construtivas durante a corentena

 – A vida é demasiado curta como para só dedicarnos a mirar como pasa fronte a nós.

 – Ao final, estar tanto tempo distanciados vai a unirnos e valorarnos máis uns a outros.

- Xuntos pero separados. Pero xuntos. A distancia, pero preto. A 6 pés ou a 6 quilómetros. Ou a 60.000. A cero.

- Non máis bicos na cara, si aos abrazos na alma, algúns cantan a través das ventás, mentres outros danzan como se nada, e eu. Eu, quedo na casa.

- Que a única epidemia sexa a do amor e que o único virus sexa o da paz.

- Non se pode ter unha vida positiva cunha mente negativa.

- É hora de valorar o que temos.

- O pesimista quéixase polo vento, o optimista espera a que cambie, e o realista prepara as veas.

(Sheila e Elizabeth - CS Educación Infantil)

 

25 de marzo

Un café

Cando remate a primavera

Cando nos parques se escoiten as nenas e os nenos

Cando chegue a próxima lúa chea

Cando as sirenas das fábricas chamen a xente traballadora

Cando poidamos xuntarnos a comer

Cando poidamos abrazar e bicar a nosa xente

Cando poidamos ir á praia

Cando poidamos vernos cara a cara

Cando poidamos tocarnos uns aos outros

Cando poidamos chorar os nosos mortos

Cando poidamos rir sen medo

Cando a xente do mar poida faenar

Cando a xente nova poida traballar

Cando as avoas e avós poidan bicar aos seus netos

Cando non teñamos medo as novas

Cando poidamos deitarnos na herba do parque

Cando toda esta traxedia remate...

Quedaremos a tomar un café     (Amalia - Veciña de Chapela)

 

Vídeo, que facer na corentena. (Alba - 1º APSD)

 

24 de marzo

Ubuntu: a comunidade de Chapela traballando xunta por un ben común.

Ola xentiña! Como o levades nesta segunda semana? Estas semanas de quedarse na casa dannos tempo a facer e pensar sobre moitas cousas. E nestes días lembreime dunha historia que me contaron nun curso de formación hai uns anos e que aínda que sempre me fascinou, hoxe máis que nunca colle máis forza e significado.

Un antropólogo que estaba estudando os usos e costumes dunha tribo africana, un día, cando rematou a súa xornada, suxeriu ás nenas e nenos do poboado unha carreira: puxo un cesto cheo de froita debaixo dunha árbore; a primeira persoa en chegar gañaría toda a cesta. O grupo púxose en fila e cando o antropólogo deu o toque de saída, sucedeu algo sorprendente: as nenas e nenos colléronse das mans e ao mesmo tempo empezaron a avanzar paso a paso cara á árbore, chegando á meta ao mesmo tempo. O antropólogo quedou sorprendidísimo desta actitude e preguntoulles porqué correron así se unha soa persoa podería gañar toda a cesta, e a resposta que lle deron foi: UBUNTU. Como un de nós podería estar feliz se todas as demais persoas están tristes?

Ubuntu na cultura xhosa e zulú significa “eu son porque nós somos”. É unha conexión universal de compartir que conecta á humanidade.

Así que nestes días de corentena que vivimos non só aquí, senón a escala global, na que nos temos que quedar na casa para coidarnos nós pero tamén para coidar ás demais persoas, a filosofía Ubuntu está presente máis que nunca: compartir, humanidade, traballar xuntas e solidariedade son ideas centrais desta máxima.

Persoalmente, levo só uns meses como parte da comunidade educativa do IES Chapela, pero quero expresar que estou inmensamente feliz de que esta crise sanitaria me coincidira neste centro, no que se coida e se traballa en equipo.

Aproveito para mandarvos moito ánimo e forza. Paso a paso chegaremos á meta todas e todos xuntos! (Tamara - Orientadora) 

 

 

Ubuntu

Hola a todas e a todos, espero que estéis todos bien. Sé que la situación que nos toca vivir no es fácil pues el hecho de estar en casa algunos e algunas lo lleváis un poco mal. Hay que tener paciencia pues esto pasará. Utilizar el tiempo para poneros al día en las tareas que os mandamos pero también para hacer otras muchas cosas: ordenar material escolar, los armarios, libros, leer el libro que teníais previsto o guardado para el verano, hacer deporte (yo me hago mi clase de yoga matinal), practicar alguna actividad distinta, y es aquí donde yo os doy una idea (yo no las he hecho todavía pero me dicen que enganchan y relajan), hacer MANDALAS. Algunos a lo mejor no saben que son, son dibujos de formas muy diferentes que hay que colorear siguiendo las líneas. Yo os envío una muestra. Si no las podéis imprimir de la web, inventarlas vosotros. Pues venga a poner vuestra cabecita a funcionar, sacar los rotuladores de colores o las pinturas y demostrar vuestra dote artística. Muchos abrazos para todas e todos. (Carmen - Profesora de Física e Química)

 

Tornasoles

Onte, dentro das tarefas da miña filla de 4 anos, viña esta frase que podedes ler na imaxe que axunto. (Pica na imaxe.) Pareceume moi fermosa, por iso quero compartila convosco. Ademais da carga de positividade que expresa, fíxome decatarme unha vez máis do sabia que é a Natureza, e de canto temos que aprender dela. Así, nestes días de confinamento que nos agardan sen sol, convertámonos  en "tornasoles", cargándonos da enerxía dos seres queridos, e das cousas boas que nos rodean, e saiamos desta experiencia máis fortes. (Sefi - Profesora de Matemáticas) 

 

23 de marzo

Estimados alumnos, alumnas, compañeiros e compañeiras! Supoño que non está sendo doado levar isto coa moral alta pero de nada serve tirar a toalla sen antes poñer todo o noso empeño para saír airosos e arirosas, fortalecidas e fortalecidos desta experiencia. E como non todo vai ser Aula Virtual (confío que nese campo vos estaredes esmerando), hoxe gustaríame achegar o meu gran de area para intentar animarvos un pouco o día, cunha canción en castelán. Si, que non todo vai ser en inglés! Escoitade a mensaxe, positivo a rabiar, e a bailar! Quizá tenía que pasar. No es justo, pero sólo así se aprende a valorar… Unha forte aperta a todos e todas. (César – Profesor de Inglés)

 

 

22 de marzo

Lembras aquel día que, estando no parque, sentada nun banco cun par de amigos, comentabades que as crianzas facían moito balbordo?  Agora dáste conta que tampouco era para tanto, e comprendes que é algo normal cando as crianzas se xuntan para divertírense...

Quizais no che molestase tanto chegar á farmacia ou á cola do súper, e ver que tiñas que agardar, por teres diante dúas ou tres persoas...

Ao mellor, tampouco che molestaba como crías aquela crianza que, indo no bus, de súpeto rompeu a chorar...

Seguramente non fose para tanto aquel atasco que resultou ser de 6 minutos...

Coido que a camareira que te atendía cada mañá tampouco facía tan mal o seu traballo, a fin de contas facía o que podía...

Quizais non estivese tan mal a comida que che facían na túa casa, á que lle poñías mala cara cando chegabas da escola ou do traballo...

Ao mellor esaxeraches algo naquela ocasión, cando dixeches que che producía un chisco de agobio saír a camiñar pola rúa e ir tropezándote con xente a cada paso...

Pode que esaxerases cando dicías que che gustaría poder quedar por tempo na casa, sen ir traballar e sen nada que facer, sen máis obrigas que as propias dun fogar...

Seguramente, non falabas en serio, cando lle dicías a aquela persoa: “ogallá te perda de vista”...

Quizais estás botando en falla a familiares, amizades e veciñanza máis do que pensabas, pois a fin de contas... son boa xente!

Quizais... (Anxo - CS Educación Infantil)

 

21 de marzo

Ola xente. Eu aproveito estes días de confinamento, entre outras cousas, para chamar a miña nai, as irmás, as amigas coas que hai tempo que non falo para ver que todo segue ben, camiñar arredor da casa ate cumprir unha hora, mirar os paxaros e os gomos da cerdeira, saudar as veciñas desde a rede metálica, atender as innumerables tarefas de convivir e coidar, ver por enésima vez o móbil, pór ao día a miña aula virtual... e ler libros que levaban tempo na miña mesa de noite. Este merqueino na librería de Chan de Pólvora en Compostela, nunha visita ás amizades. E abrino, e comezaba así: “No solo somos seres vulnerables, como se insiste tanto hoy. Nuestra vulnerabilidad es inseparable de una gran potencia colectiva de creatividad, de invención y de resolución práctica de nuestros problemas comunes  No hay que olvidarnos: no solo somos enfermeros de un planeta enfermo, somos cocreadores de un mundo en el que queremos vivir dignamente”. Marina Garcés. Los cuidados: saberes y experiencias para cuidar los barrios que habitamos. (Mónica – Profesora de Servizos Socioculturais e á Comunidade)

 

20 de marzo

Hola, soy Laura. Pues desde el jueves llevo todos estos días en casa, excepto el viernes que fui al mercadona con mis padres y estaba arrasado, bueno lo que faltaban eran los productos básicos: el papel, agua, y la leche... lo demás quedaba pero poco. Después estoy entrando en el aula virtual todos los días para ver los deberes que ponen los profesores y los voy haciendo, también empecé a ver películas y series pero me aburren muy rápido. Para hablar con mis amigas estamos haciendo videollamadas casi todos los días y nada, eso, que me aburro mucho. (Laura – 3º ESO B) 

 

Ola a todos e todas, sei que levo pouco tempo con vós, pero aí vai... Este encerro forzado por ese mal virus está a cambiar a densidade do medio no que vivimos. Fai aboiar cousas que antes non o facían e, pola contra, afunde outras que anteriormente estaban na superficie. Algúns vivían delas cun xeito despreocupado, mecánico . Pensaban que chegaran a nós outorgadas de xeito natural, espontáneo ou diviño. Estaban aí por que si, sen reparar que eran logros de todos e todas nós gañados durante xeracións. Ninguén nolas regalou. Escoito tódolos días merecidos homenaxes a PERSOAS que traballan na sanidade, ou a PERSOAS que desempeñan traballos, antes pouco valorados, e que agora aboian merecidamente na superficie deste novo medio vital. Tal vez este sexa un dos cambios que está a traernos o Covid19. Homenaxeamos a PERSOAS que traballan de...  Total, o que quero é dar un aplauso/homenaxe a todos e todas vós. Ás PERSOAS da comunidade educativa en xeral (e a do IES Chapela en particular). Sen esquecer especialmente o alumnado, que está a demostrar unha actitude de madurez e de resistencia encomiable. Alumnos e alumnas, dicirvos que intentedes estudar, ler, falar, xogar, axudar, comprender, criticar, pasmar... (Pero tamén aburrirvos...  porque o aburrimento tamén é parte da nosa vida). Coma non son unha persoa moi dada a manifestar publicamente as miñas emocións, cando MOI PRONTO nos vexamos en persoa, negarei todo o aquí escrito alegando unha incapacidade transitoria. Probablemente debida a unha sobredose de todo aquelo que me emociona. Ánimo, humor e saúde. (Carlos – Profesor de Educación Plástica)

 

Xa sigo as clases nesta corentena. Estou máis ou menos. Ter demasiado tempo para pensar, en personas coma min, non é bo. Aínda así intento levar todo o mellor posíbel, tanto as clases e as tarefas como o estar co meu irmán todo o día. Nestes días so saín a pasear a miña cadela. Na casa, para entreterme, fago un pouco de todo (aparte das tarfeas): pinto, debuxo, leo, veo a tele ou fago os exercicios que me manda a miña adestradora. E vós, que tal levades a corentena? (Nerea – 3º ESO B)

 

Ola, son Alba, estou ben pero aburrida nestes días de corentena e iso que vivo nunha casa, entón cando quero tomar o aire podo saír fóra. Tamén hai bastantes cosas para facer na casa e os deberes que nos mandan… non son poucos! (Alba – 3º ESO B)

 

Ola, son Sara, e a miña familia e mais eu estamos ben, espero que vós tamén e que volvamos vernos pronto. Fago os deberes ao día e nos meus ratos libres distráiome con series e películas de calquera tipo ou co móbil. A verdade é que boto de menos o instituto e as clases. Unha aperta :) (Sara – 3º ESO A)

 

Son Mara e polo de agora a corentena vai bastante ben. Estou abrindo todos os días a aula virtual para ver as actividades que subides e vounas facendo. Non me aburro moito porque menos mal que existe NETFLIX! Á parte tamén estou tocando o ukelele e a guitarra, facendo tarefas do fogar e polas tardes os meus pais, a miña irmá e eu estamos facendo ioga, zumba, baile tradicional… depende do día. Sempre fun moi caseira así que por agora esta situación estouna levando ben aínda que me segue parecendo un pouco surrealista. Estou seguindo as clases. Moitas grazas pola preocupación de moitos por saber como estamos. Unha aperta. (Mara – 3º ESO A)

 

Ola a todas e a todos! Eu estou ben aínda que a corentena estáseme facendo moi longa e a verdade e que me gustaría volver a clase. Unha aperta e esperemos que non se prolongue a corentena. (Aarón Bóveda - 3º ESO A)

 

 

19 de marzo

Cantas veces nos queixamos do ritmo de vida que levamos? Do estrés, das présas, do ruído... Agora que nada diso nos rodea é o momento de reflexionar, de tomar conciencia de que formamos parte dunha sociedade, de que non somos illas... esta é unha situación que se nos paramos a pensalo parece máis sacada dunha película que da realidade pero é real e debemos estar á altura das circunstancias para o antes posible retomar onde o deixamos... Por aquí o tempo pásase corrixindo tarefas, planteando outras -Juan non te preocupes polos videos que non poidas ver-, pero tamén falando,coidando, xogando, cociñando, vendo pelis, escoitando música... e sempre, sempre lendo. Non deixedes de ler: é a maneira de sair da casa sen facelo!!!! MOITO ÁNIMO!. (Rocío - Profesora de Historia)

 

Bo día, que tal estades? Eu e Saúl estamos ben. A miña avoa por parte de pai ten tos e estou un pouco preocupado, pero non é nada. Un saúdo e coidádevos. (Hugo – 3º ESO A)

 

Bos días. Acabo de comezar a seguir as clases virtuais. Estou ben, pero a corentena levase un pouco mal, porque non saír de casa é moi duro. Aínda así con todos os exercicios que os profesores mandades vólvese menos aburrido, xa que no meu caso é unha maneira de facer tempo.Por primeira vez, teño ganas de volver ao instituto, aínda que ter as clases dende casa é bastante divertido, sei que non é igual que unha lección na aula, pero me gusta moito utilizar o ordenador para facer os deberes, xa que é mais sinxelo. Espero que ti esteades ben. Un saúdo. (Alba - 3º ESO A)

 

Estos días estoy siguiendo las clases desde el aula virtual, me cuesta un poco porque mi ordenador va un poco lento pero voy tirando. Por lo demás estoy un poco aburrido pero no me quejo. Esperemos que esto acabe cuanto antes. Lo bueno de estos días es que no tengo que madrugar. Y bueno espero que a os vaya bien, un saludo. (Simón – 3º ESO A)

 

Queridos alumnos, alumnas, compañeiros e compañeiras do IES de Chapela. Como en moitas ocasións, onte xurdiu unha canción na miña cabeza e como o peche que estamos a sufrir dá para todo, busquei o vídeo na internet e vin que a mensaxe que transmite, á parte da letra, podería aplicarse a estes días tan complicados que estamos a vivir. Xente separada na distancia, mesmo en distintos continentes, pode sentirse unida colaborando en algo común, cun resultado marabilloso. Que non decaia o ánimo e se iso sucede, apoiarvos nas persoas que estean preto ou lonxe. O importante é que sempre vai haber alguén ao noso lado. Unha forte aperta a todas e a todos. (César - Profesor de Inglés) 

 

 

 

17 de marzo

Eu estou ben, estou acostumada a estar na miña casa así que non estou a pasalo mal; escoito música, falo cos meus, limpo a casa, miro unha serie e fago os deberes que mandan pola aula virtual. Unha aperta. (Tatiana - 3º ESO B)

 

Estou xa un pouco cansa de non poder saír a pasear onde queira  ou a clase, que aínda que pareza un pouco raro encántame ir. Polo de agora non estou moi aburrida, teño moito que ler, fago bastante deporte e incluso intento mellorar co tema do ukelele (que por agora nada). Intento afrontar isto, que tampouco é una Guerra Mundial, coa maior positividade posible e espero que pase xa. Os únicos momentos que teño para saír da casa é cando vou tirar o lixo, nunca apreciei tanto iso como o fago agora. Un saúdo(Elena - 3º ESO A)

 
 
Eu encóntrome ben, máis un pouco aburrida xa, pero me entreteño mirando a tele, lendo e facendo as tarefas. Espero que esteades ben. Unha aperta. (Natalia - 3º ESO A)
 
 
Bo día, de momento vaise levando isto de non poder saír da casa, aínda que queda moito por diante. A verdade é que isto de non ir a clase é un pouco raro, xa que me cambiou a rutina por completo. Tamén é verdade que non me podo queixar. Unha aperta. (Kevin - 3º ESO A)
 

Hola, yo por aquí voy bien, estoy en la aldea con mis abuelos porque mi madre no quería que pillaran nada y así los tiene controlados. Los deberes los voy haciendo lo mejor que puedo aunque como no tengo wi-fi y tiro de datos, los videos no los veo ya que consumen mucho. Espero q todos los profesores estén bien y que volvamos rápido a clase, que yo aquí no aguanto más. (Juan - 3º ESO A)