|
|
|
|
|
Durante a última semana do mes de novembro celebramos as actividades correspondentes ao Mes da Ciencia en galego, organizadas polo EDLG e os departamentos de ciencias.
O mércores 27 contamos coa visita de José Benito Vázquez Dorrío, profesor do Grupo de Innovación Docente da Universidade de Vigo (GID1), formado por profesorado da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e da Escola de Enxeñaría Industrial, que nos presentou a charla "Fisica Re-Creativa". Falounos sobre ondas, cores e interferencias, empregando obxectos da vida cotiá como pompas de xabón, tubos, arames... deixounos experimentar e comprobar fenómenos físicos relacionados coa luz: reflexión, refracción e interferencias, tamén nos explicou o funcionamento básico do ollo humano.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O venres 29 celebramos a Feira científica, na que participaron os departamentos de Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Tecnoloxía, Música e Sanitaria. Un grupo de alumnos e alumnas prepararon unha serie de actividades e experimentos que explicaron a todo aquel que se achegou aos distintos mostradores. Un ano máis puidemos contar coa visita do alumnado de 6º dos CEIP de Chapela, aos que agradecemos a súa participación e o interese amosado durante as explicacións dos nosos científicos e científicas. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|