|
|
|
|
|
|
A alumna Noelia Lago, de 3º ESO B, foi galardoada no XXXIV Certame de Poesía María Soliño, obtendo o 2º premio da súa categoría. Este prestixioso premio de poesía para o alumnado de Secundaria e Bacharelato, con moitas edicións no seu haber, está organizado polo IES María Soliño de Cangas.
A alumna foi recoller o seu premio na mañá do 21 de xuño nun acto celebrado no propio IES María Soliño.
Dende aquí queremos darlle os parabéns polo seu premio e animala a que siga polo camiño da poesía!
|
|
|
|
|
|
|
|