Un ano máis, e van xa vinte e tres, celebramos o día das Letras Galegas coa tradicional maratón escolar de Chapela. O pasado xoves 16 de maio corremos baixo o lema "Fala o galego que levas dentro".
Comezamos a xornada visitando os postos de venda con fins solidarios que organizaron non CEIP de Laredo, venta de marcapáxinas para enviar grúas de papel a Hiroshima e do libro de Sesé Mateo: No camiño do vento. Tamén se puido facer intercambio de libros e participar no photocall "Queremos galego para..."
Antes de comezar a carreira aproveitamos o tempo para personalizar as nosas camisetas, contemplar as marabillosas vistas á ría ou posar para a foto cos compañerios e compañeiras:
Aquí alumnos, alumnas, profesores, profesoras e algún exalumno concentrados, recibindo as últimas indicacións e atentos ao sinal de saída!
Chegada á meta dos máis rápidos e de algúns e algunhas non tan rápidos, pero que lle puxeron moito empeño!
Entrega de medallas e dunha pequena sorpresa!
Categoría feminina menores
Yaiza Alvárez Soto - 3º posto
Nerea González Canaval - 2º posto
Adelaida González Vázquez -1º posto
Categoría masculina menores
Iván Regueiro Lago - 3º posto
Simón Couto Figueroa - 2º posto
Eyasu Álvarez Lago - 1º posto
Categoría feminina maiores
Sara Martínez Martínez - 3º posto
Malena Rodríguez González - 2º posto
Carla Cabaleiro Rodríguez - 1º posto
Categoría masculina maiores
Alexandre Lloves Rodríguez - 3º posto
Marcos Serrano Abraldes - 2º posto
Ismael Villar Villalongos - 1º posto
Agasallo dunha pequena escultura, feita polo artesán Iñaki Tellería, para os gañadores e para a profesora Carolina, que sendo Vicedirectora, organizou durante moitos anos esta maratón.