Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia - 2019

Para conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, que se celebra hoxe 11 de febreiro, as alumnas de 3º ESO asistiron aos obradoiros Elas fan CienTec 2019 e Exxperimenta en feminino, que se celebraron na Universidade de Vigo.

A xornada comezou coa recepción por parte do reitor da UVigo, Manuel Reigosa, que lles lembrou a importancia da presenza das mulleres na ciencia e animounas a realizar carreiras de ciencias e enxeñarías, xa que son de sobra capaces, e insistiu en que a universidade precisa do seu talento.

Os talleres programados realizáronse nas distintas escolas e facultades, en concreto as nosas alumnas realizaron os talleres de ámbito tecnolóxico que tiveron lugar na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Dirixidas por un grupo de alumnas de 3º de carreira programaron o robot  Lego Mindstorm e realizaron un pequeno videoxogo en Scratch. 

Picando na ligazón podes visitar a web das xornadas, e nela ler as biografías de sete mulleres científicas e investigadoras que fixeron grandes descubrimentos e seguramente non coñeces: Lynn Petra Alexander, primeira doutora honoris causa da Universidade de Vigo; Ángela Ruiz Robles, profesora ferrolá e deseñadora do primeiro prototipo de libro electrónico; Ada Lovelace, inventora da linguaxe de programación; Jane Goodall, primatóloga que revolucionou esta disciplina grazas ás súas observacións e análises; Hedy Lamarr, inventora da wifi; Jocelyn Bell, descubridora dos pulsares ou Rosalind Franklin, clave no descubrimento do ADN.

 

Programa Día da Muller e da Nena na Ciencia 1
 Día da Muller e da Nena na Ciencia 3  
 Día da Muller e da Nena na Ciencia 5  Día da Muller e da Nena na Ciencia 6
Día da Muller e da Nena na Ciencia 7 Día da Muller e da Nena na Ciencia 2