Magosto - 2016

FOTOS MAGOSTO 2016

 Vídeo do Magosto en Modular

 

O magosto en diúrno comezou cun tremendo baile organizado polo alumnado de 2º Educación Infantil.

 

 Máis dun, e máis dunha, tolearon...

 

 Así se baila un merengue, bravo por Martín e Lorena! Con bastón e todo!

 

 Mira quen baila! Mónica lanzadísima!

 

 O desenfreo ía en aumento.

 

 Bravo polas alumnas e alumnos de Infantil!

Moita sorte van ter as rapazas e rapaces que dean con estas futuras profesionais!

 

 

Rematado o baile, a polas castañas! Vaia brasa!

 

Grazas ao traballo de alumnos como Santi, Cong Xin ou Aitor, degustamos unhas magníficas castañas!

 

Algúns máis como Fany, Raquel ou Evan, tamén botaron "unha man".

 

Falando de mans, non vos equivoquedes. Este rapaz non foi ao choco, andou ás castañas!

Vaia lavar as mans, Pablo!

 

Xosé Luís Grande, Doutor Honoris Causa da Castaña polo IES Chapela.

Coma sempre, moitas, moitas, moitas... grazas!!

 

O persoal non docente sumouse á festa! Quen non?

 

 

O alumnado de Dietética discutía sobre o valor nutricional da castaña como importante fonte de carbohidratos.

Tamén deron un exemplo de que se poden comer sen emporcallar o Centro. Bravo!

 

 

Só por ver caras de felicidade como as de Rocío, Daniel e Antía, paga a pena celebrar o Magosto!

 

 

Alba, Silvia e Lucía, posaron para os nosos reporteiros gráficos logo de convencelas!

 

 Mais non todo foi comer!

O alumnado de 1º Educación Infantil preparou unha fenomenal xornada de xogos populares.

Tere e Cris, amizade a un lado, pelexaron pola vitoria esporeadas polo seu monitor, Víctor.

 

Todo o mundo quería triunfar na xincana da castaña. Vas caer Samuel!

 

Veña Abel! Vamos Pepe! Sodes máis lentos que as obras da autoestrada!

 

Este Alexandre éche un contorsionista!

 

 A bailar a castaña!

Aí vai voando no ángulo superior esquerdo da foto, á altura dunha ventá da casa granate.

 

Máis e máis xogos!

 

Vaste dar un castañazo, nena! Abre os ollos e mira por onde andas!

 

Antía e Laura esperan polos seus clientes! Grazas a todas as monitoras e monitores de Infantil!

 

E ademais premios! Andrea, Laura e Paula non durmiron en todo o fin de semana pola emoción!

Miña nai, gañei un premio no Instituto!

 

E faltaba o futbito!

Os homes de Manu non pasaron a final pero tiveron en Pedro, agachado no medio, ao xogador revelación do torneo.

 

Para a historia do IES Chapela queda este penalti onde Manu lanza a zapatilla á dereita co fin de engañar o porteiro.

Quico matense firme e xunta os xeonllos para deter finalmente o balón.

Esta nova postura do porteiro esta sendo estudada xa nas escolas de fútbol de todo o mundo.

 

Tampouco pasou á final o combinado capitaneado por Samuel,

pese a que o Candeán e o Chapela permitiron xogar no torneo a algúns dos seus mellores homes.

 

The Black Team, chegou a unha final que pelexou bravamente.

O estilismo do seu porteiro foi o máis fashion do Magosto.

 

Os Blues de Legese gañaron o torneo, con lesión no nariz de Adrián incluída.

Ay mi madre, el bicho! Raúl selección!

 

A ver se o próximo ano vemos xogar ás rapazas, que tamén saben.

Equipos femininos ou mixtos!

E ás profesoras e aos profesores, que non se escaqueen!

 

 

 As rapazas máis faladoras do IES Chapela gardaron uns minutos de silencio... para comer castañas.

Con elas despedímonos. O próximo ano máis e mellor!

Grazas a todas e a todos por participardes tan activamente!