Andrea Pousa, estudante do Grao de Administración de Empresas e apaixonada do mundo audiovisual, coñece o IES Chapela grazas as reunións de Think Big que se mantiveron no centro entre novembro de 2013 e xaneiro de 2014. Descubre entón parte do traballo que se realiza no instituto para tratar de eliminar os estereotipos sexistas e potenciar as novas masculinidades. Colaborando con esta liña de actuación proponnos o visionado da curta A volta á tortilla no que se ofrece outro punto de vista sobre o cancro de mama moi diferente ao que recolle a curta A teta que vos falta, sobre a que xa se traballou co alumnado de 3º ESO e PCPI. A volta á tortilla é unha curtametraxe solidaria a favor da loita contra o cancro de mama protagonizada por Paco León. Os beneficios desta curtametraxe serán destinados á Fundación Sociedade Española de Oncoloxía Média (SEOM). Nova da estrea extraída de prsalud
|
|||