Con la pata quebrada

Título: Con la pata quebrada / Ano: 2013 / Duración: 83 minutos / Dr.: Diego Galán / Xénero: documental

Das colaboracións que mantemos con organismos, asociacións, ONGs e expertos e expertas nos diferentes temas transversais sempre xorde un intercambio de información que fai que ampliemos os nosos recursos informativos e didácticos, e en ocasións reconduzamos a nosa liña de traballo co alumnado. Nesta ocasión Adolfo Bendoiro, mentor de Think Big Telefónica, coñecendo a liña de traballo do IES Chapela sobre Educación para a Igualdade, achéganos o documental “Con la pata quebrada”. O grupo de 3º PDC analizará a evolución da imaxe da muller desde os anos 30 do século pasado ata a actualidade partindo dos fragmentos de películas que ofrece Galán, para concluír cales foron os avances realizados e o camiño  que queda por recorrer aínda, así como para fomentar o compromiso do alumnado na loita por un mundo máis igualitario.