Os espigadores e a espigadora

O concepto do que parte este documental é o termo espigar, que tomado en sentido amplo refírese a tomar todo aquilo que sobra e é refugado por non considerarse válido. A partir de aquí Agnès Varda establece un paralelismo entre as espigadoras de outrora que recollían os grans de trigo e arroz sobrantes da colleita e os espigadores de hoxe en día, que son todas as persoas que recollen aquilo que os demais desperdician, xa sexan verduras e froitas, pero que poden servir de alimento para persoas sen recursos. Electrodomésticos ou calquera tipo de obxectos que reutilizados ou reciclados aínda poden ter unha utilidade práctica ou artística. Este documental mostra un compromiso ético coa pobreza no primeiro mundo e, sobre todo, provoca unha profunda reflexión sobre as leis do mercado e o malgaste das sociedades consumistas nas que vivimos.