2ª Sesión do Proxecto “Lambonadas de Cores” do alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil (Modular) do IES de Chapela en colaboración coa Axencia de Lectura Municipal de Chapela sita no Multiusos do Piñeiral do Crego. Nesta ocasión as alumnas levaron a cabo un Obradoiro con material de refugallo, baixo o título de “Crea e imaxina”. O vindeiro Mércores día 30 de Maio, ás 18:00 horas, terá lugar a derradeira sesión de este proxecto socioeducativo: “Rimos e Xogamos a cachón” (Xogos infantís). Pero mentres tanto podedes ir disfrutando do estupendo resultado da 2ª sesión!!. Pica para ver o vídeo