Proxecto Comenius

No curso 2007/08 curso comezamos o primeiro ano do proxecto escolar Comenius 1.1 "Identidade Rexional. Construcción Europea", coordinado polo centro Lycée d`Enseignement Général Technologique et Professionnel Jeane d`Arc de Montaigu (Francia), no que o noso Instituto participa como centro asociado, xunto con outros centros de Holanda e Alemaña. Ademais, tamén solicitaron o proxecto institutos de Cracovia e Lituania. O Lycée Studiplein coordina a plataforma de intercambio de información eTwinning ou irmandamento de escolas. Dita plataforma conta cun espazo web con ferramentas de comunicación, seguimento dos proxectos e difusión dos resultados. Para o desenvolvemento das actividades contaremos cunha axuda da Axencia Sócrates (Unión Europea). Podemos resumir o proxecto dicindo que a construción europea pasa por ser un coñecemento das identidades nacionais. Os alumnos e alumnas, a través do seu contorno e vida cotiá, chegarán a un mellor coñecemento e compresión de si mesmos e dos demais, e tomarán conciencia da súa identidade europea. Os intercambios abriranlles perspectivas sobre a súa vida adulta como cidadáns europeos. Os alumnos serán animados a comunicarse empregando as novas tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC): e-mail, chat, skype asi como o foro do escritorio de eTwinning.

Os profesores e profesoras participantes do Instituto e as materias que imparten son os seguintes:

Inglés Magdalena García Martínez
Xeografía e Historia Julia González Alonso
Filosofía Ángel Martínez Bello
Sanitaria María Rosano Eirín
Francés Ángeles Alemparte Conde
María José Fraga Rivera (Coordinadora)
 

Os temas concretos de traballo son:

- Patrimonio cultural (Historia, Tradicións, Turismo, Música, Xeografía, Literatura...

- Cidadania europea

- Democracia.

- Identidade Rexional.

- Educación Cívica.

- Filosofía.

- Linguas estranxeiras.

- Formación Profesional.

 

Etapas do proxecto. Curso 2006/2007

1.- Presentación: cada alumno ou grupo envía fotos ou imaxes da súa rexión. Acompáñanse dun texto en francés e inglés. Axuntarase unha foto do alumno.

2.- Os alumnos preguntaranse sobre a idea que teñen dos diferentes países colaboradores. O resultados publicaranse na plataforma eTwinning.

3.- Cada alumno ou grupo presentará unha pregunta a outros centros da asociación sobre xeografía, historia, cultura, relixión, educación, gastronomía, vida cotía, deporte. Empregarase tamén as ferramentas de comunicación do escritorio de eTwinning.

4.- Resultados: folletos e soporte animado, presentando a súa rexión dende os diferentes aspectos citados.

IMAXES VISITA PROFESORADO E ALUMNADO DOS CENTROS ASOCIADOS AO NOSO CENTRO. NOVEMBRO 2008