Enforma

XA TEMOS EQUIPO GAÑADOR DO TORNEO DE BALONCESTO!!!

                   "Los interruptores de San Venancio" (1º Bach H)

 

 "Tienes Trombocid Warriors" (3º ESO)

A final do torneo de baloncesto foi disputada polos equipos "Los interruptores de San Venancio" (1º Bach H) e "Tienes Trombocid Warriors" (3º ESO) o pasado 23 de febreiro. Despois dunha disputadísima final proclamouse campión o equipo de Bacharelato.

PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES!

FINAL CAMPO A TRAVÉS

 Alumnos do IES Manuel Chamoso Lamas participantes en Campo a través

O pasado 2 de febreiro celebrouse a Final Comarcal de Campo a Través no Puzo do Lago en Maside. Os nosos alumnos Roi Brull e Diego Chan e as compoñentes do equipo cadete feminino conseguiron clasificarse para o Campionato Provincial que se celebrará en Monterrei-Ourense o vindeiro 18 de febreiro.

As clasificacións individuais e por equipos podedes atopalas nos seguientes enlaces:

INFANTIL MASCULINO     INFANTIL FEMININO

CADETE MASCULINO       CADETE FEMININO

TORNEO DE BALONCESTO NO TEMPO DE LECER

 

 Onte dou comezo o torneo de Baloncesto que se está a realizar durante os recreos dos martes, mércores e xoves. Estase desenvolvendo no pabillón do centro e nel participan equipos que representan a tódalas clases.

Velaí vai o calendario de partidos...

Distribuir contido