Enforma

E ISTO E TODO AMIG@S...

Dedico este pequeno vídeo a todos os alumnos que participaron nas actividades deportivas durante este curso.

Deséxovos un bo verán e anímovos a que o curso que ven participedes moitos máis!

 

QUERES COÑECER OS RESULTADOS DA ENQUISA "HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE"?

 

 

Desde o pasado mes de maio o alumnado do centro contestou a unha enquisa de forma anónima e voluntaria, onde respondeu a diferentes aspectos relacionados coa alimentación, os hábitos de actividade física e as súas preferencias de práctica deportiva tanto dentro como fóra do centro.

Os resultados obtidos serán de gran importancia para a oferta e  planificación das actividades deportivas do curso 2017/2018.

Preme aquí se queres votarlle un vistazo os gráficos.

Grazas pola vosa colaboración!!!

 

FINAL BÁDMINTON 2017

FINALISTAS: Diego Chan/Guillermo Barreiro -  Santiago López/Santiago Pampín

 

 

  FINALISTAS: Diego Pousa-Santiago López

 

Esta semana celebrouse a final de bádminton tanto nas modalidades de individuais como dobres. Despois dunha ampla participación (en total 81inscritos), proclamouse gañador na modalidade de individuais Diego Pousa López e na modalidade de dobres a parella formada por Santiago López Rodríguez/Santiago Pampín Parada.

Parabéns a todos os participantes!

Distribuir contido