Enforma

Carreira de orientación no parque municipal

O pasado 12 de Novembro os alumnos de 2º da ESO, 4º da ESO e 1º de bacharelato puideron desfrutar dunha clase de Educación Física diferente, facendo varios percorridos de orientación no parque municipal do Carballiño que temos a carón do noso instituto. Así, practicamos un deporte diferente dos que facemos habitualmente e moi divertido, á vez que desfrutamos da natureza que, tendo aquí ao lado, moitas veces non a aproveitamos.

 

Carreira de orientación no parque municipal en fotos

Álbum: CURSO 2018-2019 -> Carreira de Orientación no Parque Municipal do Carballiño

Comezamos un novo curso e o proxecto deportivo de centro!

Con moitas ganas e ilusión comezamos un novo curso, no que un dos obxectivos será facer máis e mellor actividade física no noso centro. Para elo continuaremos co proxecto deportivo de centro, participando nas competicións escolares con outros centros, en concreto temos pensado participar en campo a través, bádminton e, este ano coma novidade, participaremos en orientación deportiva, para o cal faremos varias prácticas previas aproveitando o noso fermoso parque municipal.

Tamén imos facer ligas nos recreos: de fútbol, bádminton, brilé e o que queirades.

Calquera aportación ao noso proxecto que teña que ver coa saúde e a actividade física será benvida, ide pensando! 

A moverse!!

 

Distribuir contido