Enforma

Competición escolar de bádminton. Xogade

E chegou o día no que os chicos e chicas que se foron clasificando na liga dos recreos, desprazáronse ata o IES nº1 do Carballiño para desputar o campionato escolar de bádminton infantil e cadete. Foi unha xornada estupenda, desfrutando deste bonito deporte e facendo amistade con outros rapaces da comarca. E voltamos con varias medallas. Noraboa a todos!

Campionato galego de campo a través en Monterrei

O Sábado 16 de de febreiro foi o campionato galego de cross, de novo en Monterrei. Ata alí desprazouse a alumna de 1º ESO C, Ana González, con moitas ganas e ilusión. E acadou unha marabillosa 20ª posición, todo un mérito para unha rapaza non federada neste deporte, competindo coas mellores atletas de toda Galicia. Moito ánimo, e a seguir adestrando. Parabéns!

Resultados!!!!

Ligas internas de fútbol e bádminton

Durante este segundo trimestre estamos a levar a cabo dúas liguillas nos recreos:

-De fútbol, con dous subgrupos, onde participan equipos desde 1º ESO ata equipos de bacharelato e dos ciclos de FP.

-De bádminton os luns e os martes, co obxectivo de ir clasificando aos rapaces e rapazas que nos representarán no campionato comarcal escolar deste deporte.

A participación e de prácticamente todo o instituto, os que non xogan están nas bancadas animando aos seus compañeiros. Moita sorte a todos/as!

Distribuir contido