Ligas internas de fútbol e bádminton

Durante este segundo trimestre estamos a levar a cabo dúas liguillas nos recreos:

-De fútbol, con dous subgrupos, onde participan equipos desde 1º ESO ata equipos de bacharelato e dos ciclos de FP.

-De bádminton os luns e os martes, co obxectivo de ir clasificando aos rapaces e rapazas que nos representarán no campionato comarcal escolar deste deporte.

A participación e de prácticamente todo o instituto, os que non xogan están nas bancadas animando aos seus compañeiros. Moita sorte a todos/as!