Enforma

RUTA DE SENDEIRISMO ACIVEIRO-CANDÁN. PGR 100.

                                    

 

O martes 4 de abril, os alumnos de 1º de Bacharelato, acompañados polos profesores Ricardo e Montse, partiron en autobús dirección ao Mosteiro de Aciveiro, punto de partida do ruta Aciveiro-Candán (PGR 100 circular de 15 Km).

Unha vez finalizada a andaina dirixímonos en autobús ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro.

Preme aquí para ver as fotos desta xornada.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NO TORNEO DE BÁDMINTON!!!

O vindeiro 20 de abril vai a dar comezo o torneo de bádminton nas modalidades individual e dobres. Lembrade que a folla de inscripcións podedes atopala no taboleiro de anuncios da vosa aula.

Aínda estás a tempo de participar, o prazo remata está semana.

A IGUALDADE A TRAVÉS DO DEPORTE

A pesar de que este curso non fomos admitidos no programa "Promoción da igualdade a través do deporte" as nosas alumnas de 1º da ESO non quixeron esquecerse do importante papel da muller galega no deporte de élite.

Déromnos a coñecer a biografía e a traxectoria das seguintes deportistas: Beatriz Gómez (natación), Verónica Voquete (futbol), Mª Teresa Portela (piragüismo), Tamara Abalde (baloncesto), Begoña Fernández (balonmán), Marta Bobo (ximnasia rítmica), Ana Peleteiro(triple salto), Noelia Sánchez (voleibol).

O curso que ven tentaremos ampliar esta lista...

 

Distribuir contido