FINAL CAMPO A TRAVÉS

 Alumnos do IES Manuel Chamoso Lamas participantes en Campo a través

O pasado 2 de febreiro celebrouse a Final Comarcal de Campo a Través no Puzo do Lago en Maside. Os nosos alumnos Roi Brull e Diego Chan e as compoñentes do equipo cadete feminino conseguiron clasificarse para o Campionato Provincial que se celebrará en Monterrei-Ourense o vindeiro 18 de febreiro.

As clasificacións individuais e por equipos podedes atopalas nos seguientes enlaces:

INFANTIL MASCULINO     INFANTIL FEMININO

CADETE MASCULINO       CADETE FEMININO

Todos os nosos alumnos foron un bo exemplo de deportividade!!!