IES DE CATABOIS

Tfs: Administración: 881 930 233 - Conserxería: 881 930 238

Orientación: 881 930 237 - PFB: 881 930 236 - Fax: 881 930 241

E-mail: ies.catabois@edu.xunta.gal

50º ANIVERSARIO do IES de Catabois

Taboleiro

DIGITALWEEK

Convocatoria para a selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de EP e de ESO durante o curso 2023/24

  • O prazo para presentar solicitudes será desde o 25 de maio ao 25 de xuño, incluídos.

 

Resolución do 22 de maio de 2023Esquema do proxecto

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 2023/2024

Prazo de solicitude: do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos

Texto da convocatoria:   ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)

Procedemento administrativo:     ED330B

Forma de presentación:

           NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos na  aplicación  https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ , imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo.
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023

Axudas alumnado NEAE

O 26 de abril publicouse no BOE a resolución do 20 de abril pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 23-24.

O prazo extenderase do 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

As solicitudes cumplimentaranse na dirección ou a través da sede electronica.

Admisón de alumnado para o curso 2023-2024. Publicación de listaxes provisionais.

Publicadas no taboleiro do centro as listas provisionais de admitidos no período de Admisión.

 Poderase interpoñer reclamación ás listaxes ante o Consello Escolar, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

 

As listas definitivas publicaranse o 15 de maio.

Todo o proceso esta regulado en :

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 Para calquera dúbida ou información o noso correo electrónico é:ies.catabois@edu.xunta.gal

 

Exames finais convocatoria ordinariade 2º de Bacharelato (Maio 2023)

Calendario de exames finais de 2º BAC convocatoria ordinaria.

As notas serán publicadas en ABALAR  o martes 16 de maio ás 20 horas..

Convocatoria Ordinaria: O período de reclamacións no centro son os días 18 e 19 de maio de 2023 (ata as 14:00 horas) 

Convocatoria Ordinaria: Reclamación por escrito (se persiste o desacordo) ante Xefatura Territorial os días 23 e 24 de maio de 2023

Prematrícula na ABAU nos centros: 18 ao 22 de maio.

Convocatoria Extraordinaria: O período de reclamacións no centro son os días 26 e 27 de xuño de 2023 (ata as 14:00 horas)

Convocatoria Extraordinaria: Reclamación por escrito (se persiste o desacordo) ante Xefatura Territorial os días 29 e 30 de xuño de 2023 (ata as 14:00 horas)

 Prematrícula  ABAU convocatoria extraordinaria nos centros:  os días 27 e 28 de xuño.

 

 

Becas estudos post-obrigatorios 23-24

O 17 de marzo publicouse a convocatoria de becas do MEC para estudios post-obrigatorios.

O prazo de presentacións de solicitudes é dende o 27 de marzo ata o 17 de maio de 2023.

No  enlace  está a  información e acceso para facer a solicitude en liña.

        

 

 

Para calquera información no seguinte enlace:

 

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

PROCESO ORDINARIO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO ACADÉMICO 2023/2024. INSTRUCCIÓNS.

 XORNADA PORTAS ABERTAS MÉRCORES 8 DE MARZO DE 16:30 a 18:30,

 Se por calquera motivo, non puideran asistir no horario que se detalla, poderán concertar cita para visitarnos:

Xoves: entre as 10: 00 e as 13: 05.

Polas tardes tamén se pode visitar previa cita chamando ao teléfono  do centro.(881930233).

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 A normativa ven recollida no Decreto 13/2022 e na orde Orde do 21 de outubro de 2022 e na aplicación admisiónalumnado está toda a información do proceso.

 O prazo de presentación das solicitudes ordinarias de admisión abranguerá do día 1 ao 20 de marzo de 2023, ambos incluídos.

A solicitude de admisión realizarase no modelo ED550B-anexo II e a comprobación dos membros da unidade familiar no anexo II bis.    

  A solicitude de admisión será dirixida ao centro que se solicite en primeiro lugar

   As familias poderán descargar  os formularios  da aplicación admisionalumnado.  

  Solicitudes > admisión > Crear   

As persoas solicitantes poderán:       

   - Cubrir os formularios na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II).

   - Descargar os formularios da aplicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia ou da páxina web da Consellería de Educación, para cubrilos manualmente e entregalos de forma presencial no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

A DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA  que se pode adxuntar está recollida no documento.

Prazas vacantes.

  No suposto de que haxa que baremar, o prazo para presentar a documentacion xustificativa: Do 21 de marzo ao 3 de abril (ambos os dous inclusive.

 Publicación das listaxes provisionais: 25 de abril (prazo para reclamacións 5 días hábiles a partir do seguinte á data de publicación destas listaxes provisionais).

 Publicación das listaxes definitivas: 15 de maio.

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA PARA OS NOSOS CENTROS ADSCRITOS

 CURSO 2023/2024

Todo o alumnado dos centros adscritos, que fixo a reserva de praza para o curso 2023/2024, está admitido. A listaxe está publicada no taboleiro de anuncios do centro.

 

Reunións para coñecer o funcionamento do centro e as instalacións:

Luns, 30 ás 16:00: Reunión de familias de Bacharelato

Martes, 31 ás 16:30: Reunión de familias de 1º ESO

Á reunión poderá asistir tamén o/a propio/a alumno/a. Se non puideran asistir á reunión presencial, terán as portas abertas para visitarnos:

Xoves: entre as 10:00 e as 13:05

Polas tardes tamén se pode visitar previa cita chamando ao teléfono do centro 881930233.

                                  

Os nosos centros adscritos son: CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira, CEIP de  PAZOS, CEIP Almirante Juan de Lángara y Huarte e CPI de Atios.

PRAZO: 16 DE XANEIRO ATA O 6 DE FEBREIRO

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro.

As solicitudes tramitaranse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

As dúbidas das familia serán resoltas polos centros educativos.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual  empregando o formulario en papel ou  e ou a través da aplicación no menú:

 

Solicitudes > Reserva > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación. O comportamento da aplicación depende de se se cubre a solicitude estando identificado ou non.

Formulario RESERVA GALEGO

 Formulario RESERVA CASTELÁ

 

EfigyGirls- NATURGY

Un grupo de 5 alumnas e dúas profesoras participan en Madrid en EfigyGirls- Naturgy

 

EXAMES 1º BACH CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

CIRCULAR ROTEIROS CIENTÍFICOS, ARTÍSTICOS E LITERARIOS

Comunicamos que está aberto o prazo para presentar o proxecto de solicitude dos Roteiros Científicos, Artísticos e Literarios para o vindeiro curso. Precisamos saber o número de alumnado interesado, pois é preciso contar cun grupo de entre 20 e 24 alumnos/as dun nivel educativo similar: 1º/2º ESO, 3º/4º ESO ou 1º/2º BAC.

Enlace a circular

GRADUACIÓN 2º BACHARELATO

O 24 de maio graduouse o alumnado de 2º de bacharelato

NORABOA A TODOS

EXAMES CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 2º BACH

 

INGLÉS PENDENTES 1º BACH

LUNS 27 MAIO 8:40

AVALIACIÓN 12 de XUÑO

Prazo matrícula ABAU extraordinaria

13-17 de XUÑO

Exames ABAU extraordinarios

2-3-4 de XULLO

Conmemoración 50 Aniversario.

Grazas de parte do centro polo detalle que tiveron connosco o antigo alumnado

O día 30 de Abril o IES de Catabois celebrou a conmemoración do seu 50 Aniversario, o evento estivo aberto a todos os que quixeron asistir, antigo alumnado, profesorado, persoal non docente etc.

  

 Enlace a mais imaxes no blog

ROTEIROS CAL "Roteiros científicos, artísticos e literarios"

O alumnado de 3º e 4º da ESO, participou durante a semana do 21 ao 27 de abril nestes roteiros promovidos polo Ministerio de Educación, completando o roteiro 5: Estremadura e Andalucía Occidental. Visitando Mérida, as minas de Riotinto, Sevilla, Cadiz, Moguer, Doñana, entre outros lugares.

50º ANIVERSARIO O PRÓXIMO MARTES 30 DE ABRIL 2024

30 abril 2024

17:00 h

Toda a comunidade educativa está convidada

AS IMAXES DO PATRIMONIO

AS IMAXES DO PATRIMONIO

7º CERTAME DE RECOLLA DAS IMAXES DO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS

Dúas categorías:

Na 2ª Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos as fotografías serán en datas anteriores a 1970. Acompañarase dun texto libre que terá unha extensión máxima de 250 palabras. As fotografías terán que ser  propiedade da súa familia

PODCAST: Tamén se pode participar no Certame enviando un podcast que faga referencia a unha das imaxes  Duración máxima de 5 minutos.

Os gañadores poden facerse cun premio.

O prazo de presentación  rematará o 23 de xuño de 2024.

Enlace as bases do concurso

SEMANA DE EXAMES DE PENDENTES 1º BACH

 

SEMANA DE EXAMES FINÁIS 2º BACH

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer