IES DE CATABOIS

Tfs: Administración: 881 930 233 - Conserxería: 881 930 238

Orientación: 881 930 237 - PFB: 881 930 236 - Fax: 881 930 241

E-mail: ies.catabois@edu.xunta.gal

50º ANIVERSARIO do IES de Catabois

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA PARA OS NOSOS CENTROS ADSCRITOS

 CURSO 2023/2024

Todo o alumnado dos centros adscritos, que fixo a reserva de praza para o curso 2023/2024, está admitido. A listaxe está publicada no taboleiro de anuncios do centro.

 

Reunións para coñecer o funcionamento do centro e as instalacións:

Luns, 30 ás 16:00: Reunión de familias de Bacharelato

Martes, 31 ás 16:30: Reunión de familias de 1º ESO

Á reunión poderá asistir tamén o/a propio/a alumno/a. Se non puideran asistir á reunión presencial, terán as portas abertas para visitarnos:

Xoves: entre as 10:00 e as 13:05

Polas tardes tamén se pode visitar previa cita chamando ao teléfono do centro 881930233.

                                  

Os nosos centros adscritos son: CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira, CEIP de  PAZOS, CEIP Almirante Juan de Lángara y Huarte e CPI de Atios.

PRAZO: 16 DE XANEIRO ATA O 6 DE FEBREIRO

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro.

As solicitudes tramitaranse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

As dúbidas das familia serán resoltas polos centros educativos.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual  empregando o formulario en papel ou  e ou a través da aplicación no menú:

 

Solicitudes > Reserva > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación. O comportamento da aplicación depende de se se cubre a solicitude estando identificado ou non.

Formulario RESERVA GALEGO

 Formulario RESERVA CASTELÁ

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer