IES DE CATABOIS

Tfs: Administración: 881 930 233 - Conserxería: 881 930 238

Orientación: 881 930 237 - PFB: 881 930 236 - Fax: 881 930 241

E-mail: ies.catabois@edu.xunta.gal

50º ANIVERSARIO do IES de Catabois

Información

PONTE DE NOVEMBRO

Recordamos que a vindeira semana non haberá clase:

o xoves 31 de outubro, o venres 1 e o luns 4 de novembro

 

XUNTA ELECTORAL CONSELLO ESCOLAR NAIS / PAIS / RESPONSABLES LEGAIS

ANUNCIO DO SORTEO PÚBLICO PARA A ELECCIÓN DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL QUE DEBERÁ CONSTITUÍRSE PARAA RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR NO CURSO ACTUAL

SECTOR DE PAIS / NAIS / RESPONSABLES LEGAIS

 

Segundo o disposto na RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para celebrar as eleccións de constitución do consello escolar en centros escolares de nova creación e outros sostidos con fondos públicos, procede comunicar que se celebrará sorteo público para a elección dos membros da Xunta Electoral correspondentes ao SECTOR DE PAIS/NAIS/RESPONSABLES LEGAIS deste Centro na data, hora e lugar sinalados a continuación:

DATA: 18 DE OUTUBRO

HORA: 12.20 h

LUGAR: SALA DE AUDIOVISUAIS

 

Ferrol, 11 de outubro de 2024

CHAMAMENTOS PREINSCRICIÓN PFB

AS CHAMADAS PARA AS ENTREVISTAS DE SELECCIÓN PARA O ACCESO AOS PLANS FORMATIVOS BÁSICOS

COMEZARÁN O XOVES 3 DE OUTUBRO

AMPLIACIÓN PREINSCRICIÓN PFB

AMPLÍASE O PRAZO DE PREINSCRICIÓN

PARA O PROCESO DE SELECCIÓN DOS PROGRAMAS FORMATIVOS BÁSICOS

ATA O MÉRCORES 2 DE OUTUBRO

DEBERASE ENTREGAR CUBERTO O FORMULARIO QUE SE ACHEGA A CONTINUACIÓN 

PREINSCRICIÓN PARA OS PROGRAMAS FORMATIVOS BÁSICOS DO CURSO 2024/25

ÁBRESE O PROCESO DE PREINSCRICIÓN PARA OS PROGRAMAS FORMATIVOS BÁSICOS DE COMERCIO E ALMACÉN

CURSO 2024/25

PRAZO: DO XOVES 19/9/24 AO XOVES 26/9/24

DEBERASE CUBRIR O FORMULARIO QUE SE ACHEGA A CONTINUACIÓN

E ENTREGALO NO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DO IES DE CATABOIS

INICIO CURSO ESCOLAR 2024/25

Segundo a ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25, as clases comezan o mércores 11 de setembro de 2024 en horario lectivo normal: de 8.40 a 14:25

Axudas para o vale de material escolar para o curso 2024/25

Publicación de listaxes provisionais

11 de xullo 2024

Reclamacións (2 día hábiles)

12 e 15 de xullo 2024

Listaxes definitivas

17 de xullo 2024

Entrega de vales

Do 18 de xullo ao 23 de xullo e a partir do 2 de setembro 2024

ENTREGA E RECOLLIDA DE NOTAS

As notas en ABALAR saen o

luns 24 de xuño a partir das 20:00 horas

 

Os boletíns de calificacións entregaranse o

martes 25 a partir das 10:00 horas

polos titores correspondentes.

 

Periodo de reclamación as cualificacións:

mércores 26 e xoves 27

en administración

PRAZO DE MATRICULA

PRAZO MATRICULACIÓN

CURSO 2024-2025

27/06  1º ESO

28/06  2º ESO

01/07  3º ESO

02/07  4º ESO

03/07  BACHARELATO

 

Documentación PARA XUNTAR AO IMPRESO DE MATRÍCULA:

- 2 fotos carné.

- Fotocopia DNI.

- Fotocopia tarxeta sanitaria.

- Correo electrónico en vigor para comunicacións oficiais.

- Xustificante de ingreso do SEGURO ESCOLAR de 1,12€ (Só para alumnado de 3º e 4º ESO e de 1º e 2ª BACH)

en Abanca IBAN: ES56-2080-0212-0430-4000-5030 

- Certificación académica ESO  (Só para alumnado que inicia os estudos de 1º BAC)

- Ficha alumnado

 

Impresos para a matrícula:

- Educación secundaria: 1º, 2º, 3º e 4º eso

- 1º bacharelato

- 2º bacharelato

NOTAS ABAU CONVOCATORIA ORDINARIA

O IES de Catabois consegue un 100% de aprobados na convocatoria ordinaria da ABAU

AXUDA MATERIAL ESCOLAR

PRAZO

Dende o día 21/05/2024 ata o 21/06/2024 (inclusive)

Documentación a presentar xunto coa solicitude cumprimentada e selada (modelo ED330B): 

- Anexo II
- Copia do libro de familia ou documento equivalente
- Sentenza de separación ou divorcio ou convenio regulador, se é o caso. Excepcionalmente certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais do concello de residencia da familia (se non posúen o anterior).
- Certificado de discapacidade do alumno/a ou de calquera membro da familia, de ser o caso
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero, de ser o caso.
- Outra documentación que se precise.

ORDE AXUDA MATERIAL ESCOLAR 2024-25

MODELO ED330B

ANEXO II

PUBLICACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN

Todo o alumnado que solicitou praza neste IES no proceso de admisión, en prazo, foi admitido.

Poden consultar as listaxes no taboleiro do centro.

Resolución definitiva das bolsas de ESTUDO DO MEC. CONVOCATORIA XERAL CURSO 23/24.

Resolución definitiva das bolsas de ESTUDO DO MEC. CONVOCATORIA XERAL CURSO 23/24.

Pódese interpoñer recurso de reposición ata o día 22 de abril de 2024.

O documento do recurso, así como a documentación terá que presentarse do seguintes xeitos:

Xeito presencial:

  • REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO

  • REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

  • REXISTROS DO CONCELLO E DA DEPUTACIÓN

  • CORREO POSTAL (ORDINARIO E CERTIFICADO)

Xeito telemático:

Destinatario:

CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACION, FP E UNIVERSIDADE

XEFATURA TERRITORIAL DE CULTURA, EDUCACION, FP E UNIVERSIDADE

SERVIZO DE APOIO AOS SERVIZOS EDUCATIVOS. SECCION DE BOLSAS DE ESTUDO

Bolsas de Estudos

Rúa Vicente Ferrer, 2

15071 A CORUÑA

NON E VALIDA A PRESENTACION A TRAVÉS DE CORREO ELECTRÓNICO.

RESOLUCION DEFINITIVA CONVOCATORIA XERAL DE BOLSAS DE ESTUDO 23/24

Impreso recurso reposicion 

Becas estudos post-obrigatorios 24-25

O 19 de marzo publicouse a convocatoria de becas do MEC para estudios post-obrigatorios.

O prazo de presentacións de solicitudes é dende o 19 de marzo ata o 10 de maio de 2024.

No  enlace  está a  información e acceso para facer a solicitude en liña.

 

 
INSTRUCCIÓNS PARA SOLICITAR BECA:
 
INFORMACION BOLSAS DE ESTUDO MEC 24/25 CONVOCATORIA XERAL

 

Para calquera información no seguinte enlace:

 

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

 

 

 

 

 

INFORMACIÓN. PROBA DE AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2023/24

QUE É? É unha proba para avaliar as competencias en matemáticas e comunicación lingüística (lingua galega, lingua castelá e lingua inglesa)

A QUEN VAI DIRIXIDO? A todos os centros educativos que impartan o cuarto curso de educación primaria e segundo curso de educación secundaria obrigatoria.

CAL É O PROCEDEMENTO: Os centros recibirán da Administración uns cadernos en formato papel para o alumnado. Tamén haberá uns cuestionarios de contexto dirixidos ás persoas titoras, á dirección do centro, o alumnado e familias.

IMPORTANTE!!

- O alumnado exento de lingua galega estará exento de realizar a proba de competencia en lingua galega.

- Haberá adaptación de tempo, formato, axuda técnica para o alumnado que o precise.

QUEN CORRIXE? O profesorado do centro que non imparte docencia neses cursos e sexa especialista nesas materias. Haberá posteriormente unha segunda corrección por parte da Administración.

CANDO VAI SER? O mércores 10 e xoves 11 de abril de 2024 será a realización da proba. O 22 de abril acaba a corrección e a gravación de datos.

QUEN COORDINA AS PROBAS? Haberá unha comisión de coordinación do centro e outra comisión de coordinación territorial (Administración).

CAL É O FIN? Ao finalizar as correccións cada centro terá unha puntuación global expresada en niveis (NON hai puntuación individual). Esta información será para o centro e Administración e non se fan públicas. Elaborarase un informe a análise da situación co obxectivo de valorar medidas orientadas a mellorar os resultados académicos, a calidade e equidade do ensino.

NORMATIVA:

·     - ORDE do 29 de decembro de 2023 pola que se regula o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico na Comunidade Autónoma de Galicia.

·     -RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico de educación primaria e educación secundaria obrigatoria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2023/24.

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

 

Proceso de Admisión de alumnado

Prazo para solicitar:

Do 01/03/2024 ao 20/03/2024 (ambos os dous incluídos)

1.  A solicitude (ED550B) debidamente cumprimentada e asinada e a documentación complementaria pode presentarse dunha das seguintes maneiras:

· Poderán presentarse as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

ou

· Vía electrónica mediante o formulario normalizado disponible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Para esta opción poderá empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365

2. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude ED550B, a seguinte documentación complementaria

· Copia do libro de familia

· Copia dos DNIs

·  Certificado de matrícula

· Certificado de empadroamento colectivo

·  No caso de separación, copia da sentenza

·  Ademais, para solicitudes de BACHARELATO: Certificación académica da nota media do último curso finalizado

3. Publicación das listaxes provisionais: 25/04/202

4. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles (dende o seguinte á publicación das listaxes provisionais)

5. Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: 15/05/2024

Normativa relacionada:

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

FORMULARIO ED550B castelán

FORMULARIO ED550B galego

INFORMACIÓN ADMISIÓN

TODO O ALUMNADO SOLICITANTE NO PRAZO DE RESERVA FOI ADMITIDO

 

O 22 de febreiro publicarase no taboleiro do edificio de administración do centro o alumnado admitido en reserva

APERTURA PRAZO DE RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2024/25 PARA CENTROS ADSCRITOS

CURSO 2024-25

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Luns 29 de xaneiro

18:00 horas

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA dos nosos centros adscritos: CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira, CEIP de  PAZOS, CEIP Almirante Juan de Lángara y Huarte e CPI de Atios.

PRAZO: 15 DE XANEIRO ATA O 5 DE FEBREIRO

As solicitudes tramitaranse a través da aplicación

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

As dúbidas das familia serán resoltas polos centros educativos.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual  empregando o formulario en papel ou a través da aplicación no menú:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ 

Solicitudes > Reserva > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación. O comportamento da aplicación depende de se se cubre a solicitude estando identificado ou non.

1. Usuarios sen identificar

Unha vez introducidos todos os datos, deberá premer no botón Crear aparecendo a seguinte mensaxe para poder descargar a solicitude e o anexo I Bis que deberá presentar no centro. Tamén poderá imprimir o xustificante co código da solicitude.

 2. Usuarios identificados

Unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude), imprimilo e presentalo no centro educativo. 

Formulario RESERVA GALEGO

Formulario RESERVA CASTELÁ

 

AUTORIZACIÓNS RECOLLIDA NO CENTRO

Rógase que os pais de alumnos que veñan recollelos en horario de clase, ou envíen a alguén, cubran ou traian cuberto o documento de saídas de centro está a súa disposición en conserxería.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer