IES DE CATABOIS

Tfs: Administración: 881 930 233 - Conserxería: 881 930 238

Orientación: 881 930 237 - PFB: 881 930 236 - Fax: 881 930 241

E-mail: ies.catabois@edu.xunta.gal

50º ANIVERSARIO do IES de Catabois

APERTURA PRAZO DE RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2024/25 PARA CENTROS ADSCRITOS

CURSO 2024-25

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Luns 29 de xaneiro

18:00 horas

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA dos nosos centros adscritos: CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira, CEIP de  PAZOS, CEIP Almirante Juan de Lángara y Huarte e CPI de Atios.

PRAZO: 15 DE XANEIRO ATA O 5 DE FEBREIRO

As solicitudes tramitaranse a través da aplicación

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

As dúbidas das familia serán resoltas polos centros educativos.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual  empregando o formulario en papel ou a través da aplicación no menú:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ 

Solicitudes > Reserva > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación. O comportamento da aplicación depende de se se cubre a solicitude estando identificado ou non.

1. Usuarios sen identificar

Unha vez introducidos todos os datos, deberá premer no botón Crear aparecendo a seguinte mensaxe para poder descargar a solicitude e o anexo I Bis que deberá presentar no centro. Tamén poderá imprimir o xustificante co código da solicitude.

 2. Usuarios identificados

Unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude), imprimilo e presentalo no centro educativo. 

Formulario RESERVA GALEGO

Formulario RESERVA CASTELÁ

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer