IES DE CATABOIS

Tfs: Administración: 881 930 233 - Conserxería: 881 930 238

Orientación: 881 930 237 - PFB: 881 930 236 - Fax: 881 930 241

E-mail: ies.catabois@edu.xunta.gal

50º ANIVERSARIO do IES de Catabois

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

 

Proceso de Admisión de alumnado

Prazo para solicitar:

Do 01/03/2024 ao 20/03/2024 (ambos os dous incluídos)

1.  A solicitude (ED550B) debidamente cumprimentada e asinada e a documentación complementaria pode presentarse dunha das seguintes maneiras:

· Poderán presentarse as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

ou

· Vía electrónica mediante o formulario normalizado disponible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Para esta opción poderá empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365

2. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude ED550B, a seguinte documentación complementaria

· Copia do libro de familia

· Copia dos DNIs

·  Certificado de matrícula

· Certificado de empadroamento colectivo

·  No caso de separación, copia da sentenza

·  Ademais, para solicitudes de BACHARELATO: Certificación académica da nota media do último curso finalizado

3. Publicación das listaxes provisionais: 25/04/202

4. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles (dende o seguinte á publicación das listaxes provisionais)

5. Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: 15/05/2024

Normativa relacionada:

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

FORMULARIO ED550B castelán

FORMULARIO ED550B galego

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer