IES DE CATABOIS

Tfs: Administración: 881 930 233 - Conserxería: 881 930 238

Orientación: 881 930 237 - PFB: 881 930 236 - Fax: 881 930 241

E-mail: ies.catabois@edu.xunta.gal

50º ANIVERSARIO do IES de Catabois

PROCESO ORDINARIO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO ACADÉMICO 2023/2024. INSTRUCCIÓNS.

 XORNADA PORTAS ABERTAS MÉRCORES 8 DE MARZO DE 16:30 a 18:30,

 Se por calquera motivo, non puideran asistir no horario que se detalla, poderán concertar cita para visitarnos:

Xoves: entre as 10: 00 e as 13: 05.

Polas tardes tamén se pode visitar previa cita chamando ao teléfono  do centro.(881930233).

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 A normativa ven recollida no Decreto 13/2022 e na orde Orde do 21 de outubro de 2022 e na aplicación admisiónalumnado está toda a información do proceso.

 O prazo de presentación das solicitudes ordinarias de admisión abranguerá do día 1 ao 20 de marzo de 2023, ambos incluídos.

A solicitude de admisión realizarase no modelo ED550B-anexo II e a comprobación dos membros da unidade familiar no anexo II bis.    

  A solicitude de admisión será dirixida ao centro que se solicite en primeiro lugar

   As familias poderán descargar  os formularios  da aplicación admisionalumnado.  

  Solicitudes > admisión > Crear   

As persoas solicitantes poderán:       

   - Cubrir os formularios na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II).

   - Descargar os formularios da aplicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia ou da páxina web da Consellería de Educación, para cubrilos manualmente e entregalos de forma presencial no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

A DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA  que se pode adxuntar está recollida no documento.

Prazas vacantes.

  No suposto de que haxa que baremar, o prazo para presentar a documentacion xustificativa: Do 21 de marzo ao 3 de abril (ambos os dous inclusive.

 Publicación das listaxes provisionais: 25 de abril (prazo para reclamacións 5 días hábiles a partir do seguinte á data de publicación destas listaxes provisionais).

 Publicación das listaxes definitivas: 15 de maio.

AdxuntoTamaño
Documentación complementaria_admisión_23_24.pdf246.83 KB
Vacantes_23_24.pdf433.68 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer