IES DE CATABOIS

Tfs: Administración: 881 930 233 - Conserxería: 881 930 238

Orientación: 881 930 237 - PFB: 881 930 236 - Fax: 881 930 241

E-mail: ies.catabois@edu.xunta.gal

50º ANIVERSARIO do IES de Catabois

Taboleiro

ROTEIROS CAL "Roteiros científicos, artísticos e literarios"

O alumnado de 3º e 4º da ESO, participou durante a semana do 21 ao 27 de abril nestes roteiros promovidos polo Ministerio de Educación, completando o roteiro 5: Estremadura e Andalucía Occidental. Visitando Mérida, as minas de Riotinto, Sevilla, Cadiz, Moguer, Doñana, entre outros lugares.

50º ANIVERSARIO O PRÓXIMO MARTES 30 DE ABRIL 2024

30 abril 2024

17:00 h

Toda a comunidade educativa está convidada

AS IMAXES DO PATRIMONIO

AS IMAXES DO PATRIMONIO

7º CERTAME DE RECOLLA DAS IMAXES DO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS

Dúas categorías:

Na 2ª Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos as fotografías serán en datas anteriores a 1970. Acompañarase dun texto libre que terá unha extensión máxima de 250 palabras. As fotografías terán que ser  propiedade da súa familia

PODCAST: Tamén se pode participar no Certame enviando un podcast que faga referencia a unha das imaxes  Duración máxima de 5 minutos.

Os gañadores poden facerse cun premio.

O prazo de presentación  rematará o 23 de xuño de 2024.

Enlace as bases do concurso

SEMANA DE EXAMES DE PENDENTES 1º BACH

 

SEMANA DE EXAMES FINÁIS 2º BACH

 

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Proceso de Admisión de alumnado

Prazo para solicitar:

Do 01/03/2024 ao 20/03/2024 (ambos os dous incluídos)

1.   

A solicitude (ED550B)debidamente cumprimentada e asinada e a documentación complementaria pode presentarse dunha das seguintes maneiras:

 

·        

Poderán presentarse as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

ou

·        

Vía electrónica mediante o formulario normalizado disponible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Para esta opción poderá empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365.

 

2.   

As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude ED550B, a seguinte documentación complementaria:

 

·        

Copia do libro de familia

·        

Copia dos DNIs

·        

Certificado de matrícula

·        

Certificado de empadroamento colectivo

·        

No caso de separación, copia da sentenza

·        

Ademais, para solicitudes de BACHARELATO: Certificación académica da nota media do último curso finalizado.

 

3.   

Publicación das listaxes provisionais: 25/04/2024

 

4.   

Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles (dende o seguinte á publicación das listaxes provisionais)

 

5.   

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: 15/05/2024

Normativa relacionada:


Decreto 13/2022, do 3 de febreiro
, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

FORMULARIO ED550B castelán

FORMULARIO ED550B galego

VIAXE DEPORTIVA A ANDORRA DO 6 O 13 DE XANEIRO DO 2024

Alumnado de 4º Eso e 1º Bacharelato na viaxe deportiva a Andorra

ROTEIROS CAL

CONCEDIDOS

ROTEIROS CAL

(Roteiros científicos, artísticos e literarios)

21 o 27 de abril do 2024

 

DIXITALWEEK

CONCURSO DE EPITAFIOS

CONCURSO MÁSCARAS SAMAÍN

CONCURSO MASCOTA DA BIBLIOTECA

DOCUMENTO ADHESIÓN ANPA

CONCESIÓN DIGITALWEEK

O centro ten concedido participar no programa de inmersión lingüistica en lingua inglesa a través de actividades dixitais.

DIGITALWEEK

Curso 1º ESO

5ª quenda

DATAS: 29 outubro - 4 novembro 2023

Comezo do curso 2021-2022

COMEZO DO CURSO 2021-2022
 
  • HORARIO XERAL DO CENTRO:
Despois de recibir a notificación da Xefatura Territorial, o novo horario do centro será:
    • Luns, mércores e venres: de 8:40 a 14:25.
    • Martes e xoves: de 8:40 a 15:05
Polo tanto, non haberá clases os martes pola tarde nin servicio de comedor.
 
Na semana do 20 de setembro, convocarase telemáticamente ás familias para informar sobre o protocolo COVID e as normas xerais de funcionamento do centro.
  • TRANSPORTE:
Haberá servizo de transporte para o alumnado de ESO. A saída do inicio de ruta é normalmente ás 8, pero deben procurar estar nas paradas con tempo suficiente por se saen con adianto.

alumnado de BAC, en principio, debe usar a tarxeta Xente Nova para facer uso do transporte, pero pode que os primeiros días, ata coñecer as prazas vacantes do alumnado da ESO, non lles permitan usalo. Convén que, na medida do posible, utilicen outro medio de desprazamento mentras non hai confirmación.
  • MATERIAL ESCOLAR:
O alumnado de 1º e 2º ESO deberá traer o material etiquetado para o seu control. O resto, simplemente algunha libreta ou arquivador e útiles básicos de escritura. 
 

Publicada a revista do curso 2019-2020

(25/06/2020)

Lembranzas 2019-2020

Publicada a revista LEMBRANZAS 2019-2020

Case sen darnos conta, xa pasou outro curso. Un curso que resultou ser moi diferente debido á situación de suspensión das clases dende o 13 de marzo, pero, pese a todo, a nosa revista anual non podía faltar á súa cita. Este ano, adaptando o seu formato ás necesidades do momento, publícase exclusivamente en formato dixital, pero ven coma sempre chea de lembranzas.
Aquí vos deixamos o enlace. Desfrutádea!!

LEMBRANZAS Curso 19-20


Presentación do taboleiro

Abrimos este espazo para que sirva como lugar de encontro tanto para o alumnado que está actualmente no centro, como para os/as ex alumnos/as que queiran comunicarse connosco.
Para publicar calquera cousa basta que mandedes un correo á dirección ies.catabois@edu.xunta.es
Podedes incluír arquivos adxuntos con fotos ou o que queirades.

La música para todos

Hola compañeros, profesores, y padres que leais esto.

La verdad es que me parece que esto está tan vacío que había que darle un toque, Sonriente

En fin, la música para todos creo que es un concepto con el que quiero expresar que la música es algo tan delicioso y tan bonito que se tiene que poder compartir con aquellas personas que quieres o aprecias.

Sinceramente, soy una persona a la que le gusta casi cualquier tipo de música, desde la clásica hasta el heavy metal, así que me permito el atrevimiento, de invitaros a todos los que leais esto a escuchar cualquier clase de música, por ejemplo, si os gusta el heavy, no es cerreis al resto de la música, porque aunque ese sea vuestro género favorito, pueden gustaros más, y así con todo.

En fin que este es el primer artículo que escribo, espero que os haya gustado,

un beso

Andrea 4ºA

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer