OBXECTIVOS DO PROGRAMA ATRÉVETE - FOMENTO DO EMPRENDEMENTO PARA EDUCACIÓN PRIMARIA:
Promover as competencias persoais e sociais, relacionadas co emprendemento, que fomenten un espírito crítico, proactivo e colaborativo entre o alumnado.
Dar a coñecer ao alumnado o tecido industrial da súa contorna e as empresas das diferentes asociacións colaboradoras.
Mostrar ao alumnado os centros punteiros e de referencia na Formación Profesional, así como as saídas profesionais das ensinanzas impartidas nos mesmos.
DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES:
O alumnado poderá visitar o IES Plurilingüe Castro da Uz co obxectivo de coñecer as posibilidades que ofrece a Formación Profesional e os proxectos de emprendemento reais postos en marcha desde o mesmo.
CENTROS QUE NOS VISITAN EN 2023-2024
CEIP Plurilingüe A Fraga
CEIP Plurilingüe A Magdalena
CEIP O Marbán