O programa Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais permite capacitar ao alumando no uso seguro, responsable e proveitoso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) en colaboración con AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia).
Os principais obxectivos deste programa son:
- Reforzar a competencia básica do alumnado en seguridade na xestión dos seus perfís nas redes sociais.
- Explicar a identidade dixital e a importancia da pegada dixital.
- Afondar na configuración das opcións de seguridade e privacidade das redes sociais máis actuais entre nenos e nenas.
- Ofrecer aos e ás menores ferramentas e recursos aos que poder acudir cando teñan algunha dúbida sobre o uso seguro da tecnoloxía.
Participa o alumnado de 2º ESO