Skip to Content

GUIAS xerais ou de recursos de diferentes temáticas

      GUÍA DE RECURSOS FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIA

A violencia xénero constitúe un problema social de primeira orde que dende as institucións públicas temos a obriga de abordar e facer fronte por todos os medios posibles. Trátase dunha violencia estrutural con múltiples vertentes, nas que o asasinato é so a expresións máis visible, existindo outras moitas manifestacións da violencia machista que ás veces son invisibilizadas ou nin sequera se perciben como tales. O coñecemento dos recursos existentes a disposición das vítimas e das súas fillas e fillos é clave para lograr un acceso igualitario aos mesmos e para mitigar, na medida da posible, as terribles situacións que a violencia de xénero orixina. Esta Guía pretende achegar información dos recursos existentes en Galicia no eido da violencia de xénero a calquera persoa ou entidade interesada, así como facilitar e axilizar o traballo das e dos profesionais que na nosa comunidade acompañan a apoian ás mulleres que sofren violencia de xénero, concentrando nunha única ferramenta a descrición dos servizos e programas e os contactos das entidades que na comunidade autónoma integran a rede de apoio a vítimas.

Nesta Guía poden atopar información sinxela e directa dos recursos existentes nesa rede galega de apoio, clasificados segundo a área de que se trate: psicolóxica, social, xurídica, económica, laboral, etc. Tendo en conta que os casos de violencia machista requiren dunha intervención rápida e eficaz, lembre ademais que os recursos incluídos nesta Guia están tamén xeoreferenciados na páxina web da Xunta de Galicia, cun mapa de localización dispoñible na opción “Eservizos: Servizos no mapa”: https://www.xunta.gal/ servizos-no-mapa Agardamos que a guía sexa de utilidade para quen precise do seu uso, sinalando que na Xunta de Galicia seguiremos traballando na construción dunha sociedade igualitaria, democrática e máis xusta. Unha sociedade libre de violencia machista.

Secretaría Secretaría Xeral da Igualdade

 



page | by Dr. Radut