Skip to Content

Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial

No departamento de Instalación e Mantemento impartimos o Ciclo superior de Mecatrónica Industrial polo réximo de FP Dual de curso completo.

En 2023-2024 impartirse o primeiro curso e en 2024-2025 impartirase segundo curso.

A empresa colaboaradora é Invenergy Services (Huso29 Renovables, S.L.) de As Somozas.

Que se aprende a facer?
Configurar e optimizar sistemas mecatrónicos industriais, así como planificar, supervisar e/ou executar a súa montaxe e o seu mantemento, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais, e de respecto ambiental.

En que ámbitos se traballa?
En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, a xestión e a supervisión da montaxe, e o mantemento de sistemas mecatrónicos ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en planificación e programación de procesos de mantemento de instalacións de maquinaria e equipamento industrial; xefe/a de equipo de montadores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial; xefe/a de equipo de mantedores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial.

As nosas instalacións:

 

Se queres ver a organización dos módulo e o que se cursa no Ciclo medio de Soldadura e Caldeiraría podes pinchar neste enlace.

Podes acceder á programación didáctica do curso 2023-2024 neste ENLACE

 

 

 



page | by Dr. Radut