Os ciclos de réxime ordinario poden cursarse, de ser o caso, no segundo curso polo réxime de FP Dual
- Administración e Finanzas
- Sistemas Microinformáticos e Redes
- Electromecánica de Vehículos automóbiles
Dentro dos ciclos formativos de réxime ordinario, unha parte do alumnado terá a opción de realizar o segundo curso en modalidade dual, mentres o resto do alumnado continúa no centro.
O centro educativo ofrecerá algunhas prazas para realizar o segundo curso do ciclo en modalidade dual, incorporándose a unha empresa no período xaneiro-xuño. O alumnado que solicite unha destas prazas debe superar un proceso de selección que inclúe, entre outros, os seguintes requisitos:
- Ter aprobado todo o primeiro curso
- Ter aprobada a primeira avaliación do segundo curso.
A formación en modalidade dual de segundo ano desenvólvese nas seguintes condicións resumidas:
- Seis meses de formación en empresa: no segundo ano do ciclo formativo, o alumnado de modalidade DUAL incorpórase a unha empresa no mes de xaneiro ata rematar o ciclo no mes de xuño. Neste tempo, o alumnado combina formación na empresa con traballo na mesma.
- Cobrando unha remuneración: o alumno ou alumna recibe unha bolsa mensual por un importe mínimo de 450€ (50% do salario mínimo interprofesional) durante o período de formación na empresa.
- Alta na Seguridade Social: O alumnado é incorporado ao réxime xeral da Seguridade Social.
- Posibilidade de ficar contratado pola empresa: se ben o contrato de traballo non está garantido, unha vez que o/a alumno/a permaneceu na empresa durante seis meses, integrándose nos seus procesos produtivos e no seu equipo, son moitas as probabilidades de ser contratado/a por esta mesma empresa. En calquera caso, a formación e experiencia adquiridas melloran considerablemente a empregabilidade do alumno/a e facilitan a súa inserción laboral.