Skip to Content

Dinamizador FP Dual

A Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP actúa baixo a dirección e a coordinación da Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo.

Esta rede está constituída por todos os centros integrados de formación profesional (CIFP) dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e os institutos de educación secundaria (IES) que resultaronseleccionados, entre eles o IES Plurilingüe Castro da Uz.

A rede de dinamizadores actúa como punto de atención ao empresariado e  establece unha canle de comunicación directa entre administracións, centros educativos e empresas.

As funcións da persoa responsable da dinamización da relación con empresas son as seguintes:

  • Determinación de empresas e centros de traballo con disposición para desenvolverna súa empresa procesos de avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias profesionais sobre as súas persoas empregadas.
  • Determinación de profesionais que desempeñan a actividade en empresas con capacidades e competencias para participaren nos procesos de avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias profesionais.
  • Determinación de empresas e centros de traballo na zona de actuación para disposición de participar, xunto con centros educativos, na implantación de oferta de FP na modalidade dual.
  • Determinación de empresas e centros de traballo con disposición para participar, xunto con centros educativos, no desenvolvemento do módulo de Formación en centros de traballo.
  • Determinación de empresas e centros de traballo con disposición para participar en estadías de formación de profesorado na empresa.
  • Determinación de empresas e centros de traballo con disposición para desenvolver actuacións de formación, con base tanto nos elementos curriculares formativos existentes como nos elementos do Catálogo nacional de cualificacións ou de programas específicos axustados ás necesidades de formación que precisan as empresas.
  • Participación en feiras e eventos sectoriais de difusión da formación profesional, baixo a coordinación da Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo.
  • Difundir no tecido empresarial do ámbito de actuación da súa dinamización, así como no ecosistema educativo e na cidadanía, os procesos de avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias profesionais, a FP dual e calquera outra acción que impulse unha maior relación das empresas e dos centros de traballo cos centros educativos.
  • Divulgar a FP entre o alumnado doutros niveis educativos, para o que contarán coa colaboración dos centros en que se impartan estas ensinanzas, especialmente cos departamentos de orientación, co fin de favorecer a orientación vocacional e profesional.

A persoa que desempeña as funcións de Dinamización da relación con empresas na FP (Antes Dinamizador da FP Dual) no IES Plurilingüe Castro da Uz é OSCAR PITA CORRAL

Relación de centros que conforman a Rede Galega de dinamización da relación con empresas na FP - ENLACE



page | by Dr. Radut