Skip to Content

Aula de Emprendemento Castro da Uz

O programa Aulas de emprendemento na FP ten como obxectivo a creación dunha  Rede de Aulas de Emprendemento para o desenvolvemento de actividades de empendemento nos centros educativos que imparten ensinanzas de FP, para canalizar iniciativas emprendedoras do alumnado do centro educativo, e en particular do alumnado que está próximo a finalizar os ciclos formativos, mediante un sistema de orientación, guía e titoría das ideas emprendedoras aportadas polo propio alumnado.

Polo tanto, trátase de ofrecer un soporte administrativo, técnico e de infraestruturas nas primeiras fases dun proxecto emprendedor, similar ao dun marco de desenvolvemento dunha startup.

Aulas de emprendemento na FP en Galicia 2023   2024

Na seguinte imaxe amósase a inauguración da Aula de Emprendemento do Castro da Uz o 18 de novembro de 2022.

A actuación de Aulas de emprendemento na Formación Profesional enmárcase na colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Ministerio de Educación y Formación Profesional dentro do Plan de Modernización de la Formación Profesional a través da compoñente 20 – Plan Estratégico de Impulso de la Formación Profesional– do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR).

 



page | by Dr. Radut