Skip to Content

Polos Creativos

 

 Os Polos creativos desenvólvense en espazos físicos creados nos centros educativos, dotados dun equipamento especializado, cun deseño modular e innovador, e organizados didacticamente para o fomento da creatividade e a formación do alumnado nun contexto de aprendizaxe competencial. Está baseado na aprendizaxe activa e manipulativa, a aprendizaxe baseada no deseño, a solución de problemas e a aprendizaxe entre iguais.

Estes espazos funcionarán como núcleos dinamizadores no marco da Estratexia Educación Dixital 2030, de maneira que poderán albergar actividades de tipo obradoiro tanto para o profesorado como para o alumnado e, de ser o caso, as familias, desde unha óptica de aprendizaxe conxunta e comunitaria. Así mesmo, poderán desenvolver proxectos mediante a experimentación, o prototipado e a construción. Tamén poden albergar prácticas de investigación e proxectos baseados na abordaxe de problemas reais que inclúan a innovación e fabricación a pequena escala.

Funcionarán como centro de actividades en que se traballe a intelixencia artificial e outras tecnoloxías intensivas, o procesado audiovisual e artístico, realidade virtual e impresión 3D, tecnoloxías de control computerizado e fabricación aditiva, mecanizado de diferentes materiais, electromecánica, robótica e microcontroladores, entre outras.

Serán, por tanto, espazos abertos ás comunidades locais para favorecer o desenvolvemento de competencias dixitais e científico-tecnolóxicas e artísticas do conxunto da cidadanía, polo que ofertarán actividades formativas para os diversos colectivos. En concreto, facilitará a solución conxunta de problemas coa participación de alumnado, profesorado e familias, e fomentará especialmente aquelas accións que impliquen a participación de nais e pais xunto cos seus fillos e fillas en actividades tanto de formación como de creación.

Os Polos creativos serán un elemento clave para a transformación dixital dos centros educativos en organizacións dixitalmente competentes nos procesos de ensino-aprendizaxe, e como tal representará unha das infraestruturas esenciais previstas no Plan dixital de centro para acadar este obxectivo.

Cada centro educativo, dentro da súa autonomía, pode configurar as diferentes accións vinculadas ao proxecto de Polo creativo que, en todo caso, partirán dunha reflexión sobre o contexto, as fortalezas e as posibilidades de mellora do centro, sempre coa perspectiva de contribuír ao desenvolvemento comunitario.

Na seguinte imaxe pode verse unha parte do Polo Creativo do Castro da Uz que nos foi concedido no curso 2022-2023:


No curso 2023-2024 estánse a organizar actividades de dinamización do Polo:



page | by Dr. Radut