Skip to Content

Contratos-Programa Innova


Os Contratos-Programa CPInnova promoven a innovación na adquisición das competencias clave, o afondamento nas aprendizaxes nun ámbito de coñecemento segundo os intereses do alumnado, o aproveitamento do talento potencial da mocidade, o fomento dos hábitos de vida saudables, a educación ambiental e a mellora da xestión educativa e administrativa dos centros.

Cada ano elaboramos un Plan de Mellora do centro onde se fai unha análise DAFO e se implementan medidas innovadoras, dirixidas á mellora permanente sobre distintas modalidades.

Acceso á páxina web de CPInnova neste enlace.

Neste curso 2023-2024 traballamos nas seguintes liñas:

  • EDUinnova. O centro docente como entorno innovador de aprendizaxe a través da mellora permanente.
  • EDUsaúde. O centro como dinamizador de hábitos de vida saudables.
  • EDUsostibilidade. O centro educativo comprometido cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).



page | by Dr. Radut