Skip to Content

Centro Plurilingüe

Dende o curso 2017-2018 o centro é plurilingüe o que implica que en todos os cursos da ESO se imparte unha ou máis materias non lingüísticas en lingua inglesa. Neste curso 2023-2024 van ser:

•    1º ESO: Educación Plástica Visual e Audiovisual.
•    2º ESO: Física e Química.
•    3º ESO: Educación Plástica Visual e Audiovisual
•    4º ESO: Expresión Artística e Dixitalización.

Por outro lado, dende o curso 2023-2024 os ciclos formativos DUALES tamén teñen a consideración de plurilingües ao impartirse un módulo de inglés.

Todos os anos participamos na convocatoria “Acreditación alumnado LE centros públicos”, na que o alumnado de 4ºESO e Ciclos Formativos van presentarse ás probas de certificación dos niveis B1, B2 e C1 de inglés, coa empresa certificadora Trinity.

Por último participamos nas seguintes convocatorias:

•    Digital Week, con 4º ESO
•    Spring Week, con 1º ESO

Máis información deste programa no seguinte enlace

 



page | by Dr. Radut