Skip to Content

Actividades Extraescolares Segundo Trimestre 2019-2020

23/03/2020 CHARLA INFORMATIVA DE TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS

4º ESO e CICLOS. De 9:20 a 10:30 h. APRAZADA

13/03/2020 VISITA AO MUNCYT

2º ESO e 1º e 2º FP Básica. De 8:30 a 14:00 h. APRAZADA

13/03/2020 VISITA Ó SERGAS E A EMPRESA SERVICIO MÓVIL.

  1º e 2º  CICLO SMR. De 8:30 a 14:00 h. APRAZADA

4/03/2020 III XORNADAS DE ORIENTACIÓN EN FERROL

 Ciclo 1º EVA e 1º SMR e FP Básica. De 9:20 a 14:00h.

3/03/2020 OBRA DE TEATRO: "CHOLA IT GIRL"

O noso alumnado asistiu á representación da obra ‹‹CHOLA, A IT GIRL››, que tivo lugar no cine Alovi das Pontes. A protagonista -interpretada por Laura Villaverde, de ArtesaCía- é una blogueira youtuber do rural galego 100% ecolóxica que explica como converterse nunha it girl rectificada en dez sinxelos pasos.

A actividade enmárcase dentro das programadas por ABRENTE e ANPA RONSEL para a promoción da igualdade entre mulleres e homes e para a prevención da violencia de xénero.

Foi unha obra moi divertida e que non nos deixou indiferentes.

2/03/2020 GYMNKANA DA IGUALDADE

Todo un éxito a idea de ABRENTE e ANPA Ronsel que organizou unha GYMKANA POLA IGUALDADE NAS TAREFAS DO FOGAR no pavillón do noso centro.

Sendo conscientes da importancia que ten un reparto equitativo das tarefas domésticas e das responsabilidades familiares, e preocupados por ofrecer ao noso alumnado unha educación que lle permita unha participación e desenvolvemento pleno en condicións de igualdade, lograron motivar e implicar aos nenos e nenas de ESO e FP Básica que participaron.

 

28/02/2020 VISITA AO CENTRO DE INVESTIGACIÓN DO CAMPUS DE ESTEIRO

 O noso alumnado de 3º e 4º de ESO relaizou unha visita ao CENTRO DE INVESTIGACIÓN do Campus de Esteiro en Ferrol.

Coñeceron e tiveron experiencias no Laboratorio de Química e Plásticos, e no Canal de Ensaios e Fluídos.

Resultou moi práctico e interesante!

27/02/2020 CHARLA LUDOPATÍA

1º e 2º FP BÁSICA e CF SMR de 11.20 a 12:10. 3º e 4º ESO de 12.30 a 13.20 h

21/02/2020 FESTA DO ENTROIDO

Neste día celebramos a festa do entroido enchendo o noso centro de luz e cor.

Este ano a temática foi Películas e series de televisión, e o alumnado realizou un divertido desfile de disfraces con actuacións musicais nas que representaron a A Familia Adams, Superwoman, A Casa de Papel, It e Wild Frank entre outros.

Ademais toda a comunidade educativa puido degustar os tradicionais freixós e orellas cos que agasallou o concello  e o Anpa.

Unha divertida xornada de disfraces, concurso, música e diversión.

 

 

20/02/2020 OBRADOIROS COA ESCOLA DE ENXEÑERÍA. PROXECTO "CAMIÑOS DE FUTURO"

O alumnado de 2º de ESO, na materia de TECNOLOXÍA, realizou un taller nel que se familiarizaron có comportamento das estruturas e elementos construídos no seu contorno, relacionándoas con conceptos manexados polo alumno/a como son a forza, velocidade, desprazamento e introducir novos conceptos como tensión, vibración, deformación, flecha e amortiguador de masa. Estes conceptos, enlazaranse con elementos da vida diaria tales como sismo, deseño, proxecto, edificios e pontes.

 

 Desenvolvemento da actividade:

 A actividade comezou explicando o suceso de Tacoma Narrows, que sirve de inspiración para entender os fenómenos da resonancia e modos naturais de vibración das estruturas.

Despois, os estudantes traballaron na construción de estruturas trianguladas de gran rixidez e outras de carácter flexible que no inclúan triangulación o elementos rixidizantes.  As estruturas que os alumnos preparan  sométense  a un ensaio en mesa vibrante.

Finalmente, a actividade continuó cun estudo do seu contorno na busca de necesidades no cubertas e de carácter ambicioso. Nesta tarefa os estudantes propoñen unha infraestrutura para seu contorno de gran impacto que eles deseñen cos conceptos estruturais que estudan en tecnoloxía e os que aprenden a través deste proxecto. 

 

 

20/02/2020 CHARLA: "TESTER, UN NOVO PERFIL PROFESIONAL"

O alumnado de 4º de ESO, FP Básica e Ciclo SMR, asistíu a unha charla da empresa GLOBE TESTING. O testing  proceso fundamental na seguridade e escalabilidade dunha empresa. Consiste na realización de procesos de probas de software e de monitorización de sistemas.

 

18/02/2020 CHARLA UDC: "A NOSA PEGADA DIXITAL EN INTERNET: CANTO SABEN DE NÓS E PARA QUE O USAN"

4º ESO e Ciclos.De 13:20 a 14:10 h.  

 

11/02/2020 DIA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 O martes  11 de febreiro, conmemorouse o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.  Ao longo de toda a semana o noso alumnado participou en actividades que axudan a:

- Visibilizar o traballo das científicas

- Crear roles femininos nos ámbitos da ciencia e a enxeñería

- Promover prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico.

Destacamos o traballo de investigación guiado por Elena do Departamento de Física e Química co que descubriron que unha gran cantidade de mulleres foron pioneiras no mundo da ciencia, atopando importantes referentes femininos.

Finalmente todo este traballo quedou reflectido nunhas tarxetas que utilizamos para decorar e personalizar as nosas “taquillas”.

 

 

10/02/2020 OBRADOIRO: "PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA"

O alumnado de ESO e FP Básica participou no noso centro nun orixinal obradoiro: “Ponlle as pilas ao teu bocata”, unha actividade complementaria dentro do programa Aliméntate Ben.

Nel aprenderon moitas ideas novas para facer bocatas doutra forma máis saudable e aproveitando as conservas e os produtos do mar.

Dende a sociedade galega estase a percibir con fonda preocupación o escaso interese que os nenos e nenas da nosa comunidade demostran polo consumo de peixe. A Consellería do Mar, consciente desa realidade, deseña actuacións que perseguen, entre outros obxectivos, o de incidir e equilibrar as dietas alimenticias, fundamentalmente nas idades infantil e xuvenil, así como valorizar e fomentar os produtos da pesca e a acuicultura de Galicia.

A campaña estivo deseñada pola Consellería do Mar coa colaboración das Consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a de Sanidade e ANFACO-CECOPESCA, para por de relevo unha das múltiples virtudes das conservas de produtos do mar: o seu valor como fonte de enerxía. Unha enerxía asociada á forza, vitalidade, crecemento, pero tamén xogo e diversión.

O obradoiro contemplou actividades informativas, xogos e, sobre de todo, unha actividade de elaboración de bocatas a base de conservas.

 

7/02/2020 CHARLA USC: "DATA SCIENCE: ESTATÍSTICA E MATEMÁTICAS PARA A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN"

Manuel Febrero Bande, dio unha charla divulgativa  para 4º ESO e Ciclos, explicando que é a Ciencia dos Datos (Data Science, en inglés). Este termo púxose de moda como forma de aproveitar o proceso de monitorización continua asociada a sociedade da información que se produce tanto no eido público como privado. Con exemplos sinxelos amósase que os métodos da Ciencia dos Datos son modelizacións matemáticas e estatísticas relativamente simples de datos complexos: sons, imaxes, curvas, etc.

                                                     

7/02/2020 CONCURSO ELABORACIÓN CREPES DECORADOS 

O 2 de febreiro e o día da Candelaria, tamén coñecida polo seu nome orixinal no francés Chandeleur. Nesta festa pertencente ao país galo acéndense velas (Chandelles) nas casas e cómense crêpes en familia o entre amigos....

Para conmemoralo, neste día, na materia de Francés, os nosos alumnos convertéronse en excelentes cociñeiros coa axuda das profesoras Patricia e Natalia.

Boísimos !!!!

 

31/01/2020 CHARLA USC: "FERRAMENTAS PARA ATALLAR AS NOTICIAS FALSAS NA ERA DA DESINFORMACIÓN"

 A difusión de contidos non axustados á realidade  ben de xeito intencionado, ben debido a erros na súa elaboración cobrou unha grande importancia, influíndo cada vez máis no día a día da cidadanía.

O fenómeno da desinformación e as noticias falsas non é novo. As noticias falsas existen dende hai tanto tempo como as verídicas e foron empregadas ao longo da historia perseguindo diferentes obxectivos entre os que destacan o beneficio económico, o político e, especialmente, a imposición dunha serie de percepcións de cara ao inimigo nos conflitos bélicos. Porén, a difusión dos contidos falsos nunca acadou tales cotas de presenza na sociedade a tal grao de influencia como o que é posible observar a día de hoxe. Neste momento, a velocidade coa que circulan os contidos a través das redes sociais —Facebook, Twitter, Instagram e outras moitas— e as plataformas de mensaxería —entre as que destaca WhatsApp— fai que calquera persoa teña ao seu alcance a posibilidade de chegar a grandes audiencias grazas ao efecto de “bóla de neve” que ten lugar nestes espazos.

O obxectivo desta charla foi trasladarlle ao alumnado a realidade das noticias falsas. Así, dende unha etapa tan importante na súa formación académica e vital como é o ensino medio, poderán comezar a ter as habilidades e as ferramentas para buscar e identificar os contidos e os espazos que responden a estratexias de desinformación.

A sesión estivo dividida en tres bloques.

O primeiro deles foi unha breve introdución sobre as noticias falsas e o seu desenvolvemento.

O segundo bloque estaba dirixido a presentarlle ao alumnado dúas armas para combater a desinformación. En primeiro lugar a idea do “fact‐checking”, un movemento xornalístico que experimentou un amplo crecemento ao longo dos últimos anos. A idea do “fact‐checking” ou verificación da información está sendo introducida no día a día das redaccións dos medios de comunicación non só como resposta ás noticias falsas senón como vía para recuperar a confianza da cidadanía na prensa nun momento no que esta está a resentirse notablemente. Seguidamente, serían presentadas toda unha serie de ferramentas en liña que calquera persoa pode empregar para consultar e contrastar datos, imaxes, vídeos e moitos outros contidos que lle poidan chegar.

Finalmente  realizaron un terceiro bloque no que as alumnas e alumnos puideron verificar algún contido que lles foi próximo e realizar propostas de mellora para algún exemplo de contidos falsos.

Hai que salientar que aínda que o foco desta charla foi a prensa, as ferramentas de verificación que se presentaron no segundo dos bloques poderán serlle de gran utilidade ao alumnado ao longo da súa traxectoria académica e profesional. Estas serán ferramentas de verificación de contidos de uso sinxelo como Google Street View ou outras máis encamiñadas ao contraste de perfís nas redes sociais. Exemplo disto son as posibilidades que ofrecen plataformas como Facebook ou Twitter así como outras ferramentas externas dirixidas a coñecer quen está detrás dun perfil ou unha páxina web.

 

30/01/2020 DIA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O 30 de xaneiro celebramos no noso centro o DIA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Ao longo das semanas previas a este día o noso alumnado deseñou as súas propias camisetas con orixinais ideas relacionadas coa temática da paz. Despois as luciron mentres leron  todos xuntos a canción Imagine de John  Lennon, animando a imaxinar un mundo en paz e sen barreiras.

Anpa Ronsel agasallou a todo o alumnado con un bocata para o almorzo.

 

 24/01/2020 CHARLA FORZAS ARMADAS

 O alumndao de 4º ESO e 1º e 2º de FP BÁSICA asistiu a unha interresante charla sobre as forzas armadas no Salón de Actos entre as 9:20 e 10:10 h.

 

23/01/2020 CHARLA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (UDC)

O alumnado de 4º de ESO e CICLOS FORMATIVOS, asistiu neste día á charla da UDC titulada:"A miña casa está feita de plástico:breve introdución á mecánica dos materiais".

22/01/2020 TEATRO EN FRANCÉS 

O noso alumnado de  francés de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO asistiu no cine Alovi das Pontes  á representación da obra de teatro “QUASIMODO”, interpretada pola compañía ‹‹La Bohème BHM››. Esta compañía acostuma facer adaptacións de obras clásicas, e neste curso elixiron a obra Notre Dame de París de Victor Hugo.

A valoración do alumnado e profesorado foi moi positiva.

 

 



page | by Dr. Radut