21/12/2018 FESTA DE NADAL
No último día antes das vacacións, realizáronse as seguintes actividades:
De 8:30 a 10:00 h no salón de actos proxectouse a película GATTACA para todo o alumnado.
Ás 10:00 h o ANPA entregou os premios ao concurso de fotografía e ao concurso de postais de Nadal.
De 10:00 a 10:45 o ANPA ofreceu chocolate e churros para toda a comunidade educativa.
De 10:45 a 11:45 fixéronse actividades simultáneas no pavillón e no salón de actos, onde os alumnos puideron participar en diferentes xogos cooperativos e de lóxica.
18/12/2018 OBRADOIROS PROGRAMA ZERO ADICCIÓNS.
O alumnado de 1º e 2º de FPB asistíu a uns obradoiros do Programa Zero Adiccións. Trátase dun Programa de prevención de adiccións na poboación adolescente, que ten entre os seus obxectivos prioritarios traballar a prol da educación para a saúde dun xeito integrado nos diferentes ámbitos de desenvolvemento da persoa e previr e fomentar hábitos de vida saudables.
17/12/2018 COMPRA DE ALIMENTOS E ENTREGA SOLIDARIA A SERVICIOS SOCIAIS
Os nosos alumnos de 4º de ESO, acompañados polo seu tutor José Antonio Soto, fixeron a tradicional compra de nadal de alimentos cos beneficios recadados da revista dos argalleiros da letras do curso pasado. Eles mesmos entregárona ao personal dos servizos sociais para que a repartan aos máis necesitados.
14/12/ 2018 CHARLA PREVENCIÓN CONDUCTAS INFRACTORAS
Os alumnos de 1º e 2º de FP BÁSICA asistiron a unha charla divulgativa cun claro obxectivo preventivo das conductas infractoras máis salientables nos adolescentes, facendo especial fincapé no acoso escolar, as redes sociais, o maltrato familiar, o consentimento nas relacións, e en todos aqueles temas e situacións que viven de cerca os adolescentes, explicando as consecuencias legais e responsabilidades dos menores nas mesmas.
14/12/2018 CONCURSO POSTAIS DE NADAL
Xa temos veredicto do tradicional concurso de postais de Nadal no instituto. O xurado, formado por dous profesores acordou os seguintes premios:
11/12/2018 VISITA Á EMPRESA COCA-COLA
O alumnado de 2º de Ciclo Superior de Mantemento Electrónico realizou unha interesante e proveitosa visita á empresa COCA-COLA en A Coruña.
30/11/2018 CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CASTRO DA UZ 2019
Desde o 15 ao 30 de novembro podes presentar as túas fotografías a este concurso. As mellores serán seleccionadas para o calendario de 2019 que publicará o instituto e levarán premios ainda por concretar (colabora a ANPA Ronsel)
Anímate, podes presentar dúas fotografias!!
A temática das fotografías será:"Reciclaxe". Poden ser fotos reais ou montaxes, en cor ou branco e negro, preferiblemente en formato apaisado, e valorárase a orixinalidade e a promoción de hábitos saudables. Podes ver máis abaixo os requisitos das fotografías a presentar.
O concurso está aberto a alumnos e alumnas, profesores e PND.
VEREDICTO DO XURADO
Os xurados (un composto por dúas profesoras e dous profesores para elixir as mellores fotos de alumnos/as e outro formado por dous alumnos/as para elixir as mellores fotos de profesores/PND) acordaron o seguinte:
1º posto - Fotos de Alumnos/as: Celia Alvariño – Reciclando neumáticos.
2º posto - Fotos de Alumnos/as: Lucía Vila – Nada no bote.
3º posto - Fotos de Alumnos/as: Clase 2º ESO de Taller de Reciclaxe - Recycle the present, save the future.
1º posto - Fotos de Profesores/PND:
2º posto - Fotos de Profesores/PND:
Os premios entregaranse o derradeiro día de clase antes das vacacións de Nadal.
29/11/2018 VISITA A GALICIA SKILLS
O alumnado de 4º de ESO, FPB e CICLOS realizou unha interesante VISITA AO V CAMPIONATO GALEGO DE FP GALICIA SKILLS 2018 no recinto da Feira internacional de Galicia Abanca en Silleda.
26/11/2018 ALMORZO SAUDABLE
Comezamos un ano mais cos almorzos saudables para todo o alumnado do centro. É unha das actividades que se desenvolven dentro do plan proxecta de hábitos de vida saudables. Hoxe axudaron na súa elaboración os alumnos de 3º de ESO.
Yogurt con arándanos e cereais e pan de trigo con aceite de oliva.
20-25/11/2018 SEMANA DE LA VIOLENCIA DE XÉNERO
Entre o 20 e 25 de novembro celebramos no instituto a semana contra a violencia de xénero.
Desde o equipo da Biblioteca desenvolvéronse distintas actividades para o alumnado, como concurso de cómics e marca páxinas, lecturas de relatos en radio RAS, colocación do lazo conmemorativo...
Os gañadores dos concursos son:
CONCURSO DE CÓMICS
1º PREMIO: Irene Salvatierra Pena (2º ESO)
2º PREMIO: Paula Galdo Fraga (1º ESO)
3º PREMIO: Eliot Meizoso Pita (1º ESO)
CONCURSO DE MARCAPÁXINAS
1º PREMIO: Silvia Casás Melero (4º ESO)
2º PREMIO: María Seoane Felgueiras (2º ESO)
3º PREMIO: Aroa Blanco Guerreiro (2º ESO)
21/11/2018 CONTACONTOS EN FRANCÉS
L' AFRIQUE CONTEE
O profesor camerunés de linguas e conta contos Samuel Mountoumnjou, estivo con nos e o alumnado da ESO gozou con dúas divertidas historias contadas en francés: “El mono y el cocodrilo”, e “El asno y el cocodrilo” para traballar con elas a temática da verdade, a amizade e a ingratitude.
15/11/2018 ROTEIRO POLAS FRAGAS DO EUME
Nosos alumnos de 2º de ESO fixeron unha fermosa ruta con saída na central de Ventureira no concello de A Capela, que consistiu nun percorrido circular de 10 km e tivo como colofón a visita ao mosteiro de Caaveiro.
No seguinte enlace podemos ver un video resumo desta actividade https://youtu.be/LeyWkqNUeYo
9/11/2018 CHARLA PLAN DIRECTOR: RISCOS DE INTERNET
Os alumnos da ESO e 1º de FP Básica gozaron dunha interesante charla temática do Plan Director sobre os riscos de internet.
8/11/2018 VIII MARATÓN DE CINE
O día 8 de novembro os argalleiros e argalleiras das letras participaron na VIII edición do maratón de cine no que proxectaronse entre outras, películas como Campeones, Hachiko…
Nesta ocasión tivemos o pracer de contar con unha representación do alumnado do club de lectura “Lecturas e andanzas” do IES Muralla de Lugo que compartiron con nos os comentarios que achegaban as películas elixidas.
No seguinte enlace podedes consultar el díptico coas películas.
31/10/2018 FESTA MAGOSTO E SAMAÍN
O día 31 celebramos a festa do magosto e Samaín. Anpa Ronsel agasallou coas tradicionais castañas e bolos preñados para toda a comunidade educativa.
Os alumnos da ESO participaron nun concurso de cabazas decoradas, relatos e carteis decorativos, e os mellores foron premiados polo Anpa.
31/10/ 2018 CHARLA DE FEUGA PARA CICLOS FORMATIVOS
Os alumnos dos Ciclos formativos EVA, ME e SMR asistiron a unha interesante charla da Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) sobre elaboración do currículo, becas, programas formativos e técnicas de búsqueda de emprego.
29/10/ 2018 CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL
O alumnado e profesorado da ESO, FPB e CICLOS participou nunha carreira solidaria contra a leucemia infantil.
Todo o recadado cos dorsais vai destinado ao investigación desta enfermidade.
26/10/ 2018 VISITA Á MINA DAS PONTES
Os alumnos de 3º e 4º da ESO realizaron unha visita guiada pola mina das Pontes e descubriron moitas curiosidades sobre o proceso de rexeneración da escombreira.
24/10/ 2018 VISITA A NAVANTIA
Os alumnos do 2º curso de ciclo superior de Mantemento Electrónico visitaron a empresa NAVANTIA en Ferrol.
SEMANA DEL 8 A 11/10 /2018 XORNADAS DE PROMOCIÓN E INTRODUCIÓN AO RUGBY
Carla da Silva, adestradora do Club de RUGBY Fendetestas, e outros monitores estiveron con nós nunhas clases de Educación Física promocionando este fermoso deporte.
10/10/ 2018 XINCANA SAÚDE MENTAL
Este mércores, a asociación “Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal” visitounos no día mundial da saúde mental e levou a cabo unha xincana no pavillón para os alumnos/as de 1º e 2º da ESO. A idea foi que a través de xogos populares os alumnos coñecesen de cerca as características, comportamentos e situacións que as persoas con problemas de saúde mental viven diariamente
O seu lema deste ano foi: EDUCACIÓN INCLUSIVA, SAÚDE MENTAL POSITIVA.