Skip to Content

Actividades Extraescolares Segundo Trimestre 2018-2019

21/3/2019 VISITA DA ESCRITORA MARÍA CANOSA

Estivo con nos na clase de lingua galega  e  co alumnado de 2º de ESO a escritora MARIA CANOSA, autora do libro MURIEL que foi Premio Merlín de Literatura Infantil 2017 e foi definida polo xurado como «unha historia sedutora, onde conta cada palabra; un canto á imperiosa necesidade da cor; unha aventura entrañable, cálida e misteriosa».

 

 

 

20/3/2019 OBRADOIRO EDUCACIÓN AFECTIVO - SEXUAL. PROGRAMA QUÉROTE. 

O alumnado de 3º de ESO asistíu a un obradoiro de Educación afectivo- sexual dentro do programa QUÉROTE +.

Este obradoiro tivo como obxectivos entre outros:

-      Reforzar as habilidades para aprender a distinguir o que gusta e o que non en relación coas demais persoas.

-      Promover a vivencia da sexualidade do xeito máis pracenteiro, responsable e satisfactorio posible.

-      Reflexionar sobre as relacións afectivas.

 

15/3/2019  VISITA DO ALUMNDADO DO CEIP A MAGDALENA. PROGRAMA ATRÉVETE.

Tivemos unha visita moi interesante no noso centro. Viñeron a coñecernos o alumnado de 5º de Primaria do CEIP A MAGDALENA dentro do programa ATRÉVETE

Tras a recepción e benvida por parte do director do centro, asistiron a dúas charlas, unha a cargo da orientadora, e outra a cargo de Mónica Carballeira da empresa Huso29.

Despois dun pequeno descanso e almorzo fixeron un percorrido polas instalacións do centro onde lles chamou especialmente a atención os talleres e as curiosas explicacións que alí lles deron.

Para rematar realizaron no salón de actos una divertida actividade de monecos de plastilina organizada pola profesora de debuxo, e mais tarde o alumnado de teatro os sorprendeu  con unha orixinal obra de teatro en inglés organizada pola nosa profesora de inglés

 

 

 

 

 

 

15/3/2019 CHARLA TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS

 O alumnado de 4º da ESO e Ciclos Formativos tivo o pracer de asistir a unha productiva charla sobre titulacóns universitarias imparatida por docentes da Universidad da Coruña.

13-14/3/2019 VISITA A MOTORTEC EN MADRID

 O 13 e 14 de marzo,  o alumnado de  1º e 2º de Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos e Automóbiles realizou unha intensa e proveitosa visita á  Feira Internacional Líder para a industria de Automoción en España. MOTORTEC 2019  en  Madrid.

Fixeron un longo percorrido no que descubriron pezas e coches moi interesantes.

 

11/3/2019 CHARLA E TALLER DE MODELADO 3D

Os modelos 3D escaneados son figuras virtuais tridimensionais, a escala, que representan fielmente a realidade e que se empregan en multitude de campos ( Medicina, Urbanismo, Moda, Automoción, Deportes....) Xa constitúen unha potente ferramenta de rexistro de información utilizada por moitos escolares, universitarios e profesionais de todo tipo en todo o mundo. Sen dúbida ningunha, esta técnica difundírase nos próximos anos entre a poboación igual que o fixeron  no seu día a fotografía o e o vídeo.

En noso centro estivo  Juan Ortíz, profesor da Universidade Politécnica de Lugo, nunha charla na que nos falou sobre o escaneado 3D de obxectos reais e nun taller no que o alumnado  participante aprendeu a escanear en 3D un obxecto co seu propio móbil/tablet e unha aplicación gratuíta.

 

 

 

1/3/2019 FESTA DO ENTROIDO

Este ano a temática foi: Grupos e Estilos musicais.

Entre as 11:20 e 12:45 no hall do instituto tivemos:

-Degustación de cócteles e batidos saudables preparados alí mesmo.

- Taller de maquillaxe

-Freixós e orellas a cargo do ANPA.

 

 

 

A partir das 12:45 comenzou no salón de actos  un divertido desfile de disfraces con actuacións musicais nas que representaron a grupos como OT, Panorama, Guns and Roses, Janis Joplin.....

 

 

 

 

26/2/2019 VISITA AO CIFP FERROLTERRA

O alumnado de 1º e 2º de FP Básica realizou unha visita ao CIFP FERROLTERRA para coñecer a súa oferta formativa, as distintas familias profesionais e cal poden ser os estudos máis motivadores para eles.

 

 

                                                                                                       

 

25/2/2019 CHARLA JORGE PENA. "HISTORIA DUNHA ODISEA: CRUZAR O ATLÁNTICO A REMO"

Tivemos o pracer de ter entre nos a Jorge Pena Mariño cunha charla na que nos contou a súa  incrible experiencia: cruzar o Atlántico a remo.

Galego de 53 anos converteuse no primeiro español en culminar con éxito a Talisker Whisky Atlantic Challenge, considerada unha das probas máis duras do mundo con  5.550 quilómetros (3.000 millas náuticas) de ruta. Unha travesía polo inmenso océano que durou 58 días, 18 horas y 49 minutos.

 

 

 

 

22/2/2019 VISITA AO CAMPUS DE FERROL

O alumnado de 3º e 4º de ESO e 2º de Mantemento Electrónico estivo no campus de Ferrol visitando entre outras, as facultades de Humanidades e Documentación,  Enfermaría e Podoloxía e a Escola Universitaria de Deseño Industrial.

¡Proveitosa e interesante visita!

O percorrido da visita foi o seguinte:

09:00h - 09:20h Recepción no salón de actos. Breve presentación do SAPE

 

        09:20h - 09:50h relatorio do Centro de Línguas

        09:50h - 09:55h Desprazamento

        09:55h - 10:25h Visita á Facultade de Humanidades e Documentación

        10:25h - 10:30h Desprazamento

        10:30h - 11:00h Visita á Escola Universitaria de Deseño Industrial

        11:00h - 11:05h Desprazamento

        11:05h - 11:35h Visita á Facultade de Enfermaría e Podoloxía

        11:35h - 11:40h Desprazamento

        11:40h - 12:05h Chococamp

        12:05h - 12:10h Desprazamento

        12:10h - 12:40h Visita á Facultade de Ciencias do Traballo

        12:40h - 13:00h Traslado ao campus de Serantes

        13:00h - 13:30h Visita á Escola Universitaria Politécnica

 

13:30h Fin da visita

 

 

 

20 - 22/2/2019 CHARLAS SAÚDE MENTAL

A sensibilización é clave no ámbito da saúde mental….. 

Esta semana estiveron con nos membros da asociación “Saúde Mental Ferrol Eume e Ortegal” coa campaña DESCOBRE cun obxectivo claro de dar a esta a importancia que merece, sen esquecer identificar as sinais de que non estamos ben, e as consecuencias que algúns malos hábitos como o consumo de drogas poden desencadear.

 

 

15/2/2019 VISITA A R E TELEPERFORMANCE

Os alumnos e alumnas dos ciclos de Sistemas Microinformáticos e Redes, Administración e Finanzas e Mantemento Electrónico visitaron este venres as instalacións técnicas de R no polígono da Grela na Coruña, e tamén o contact center Teleperformance. Na primeira empresa tiveron primeiro unha charla sobre a historia e infraestructura de telecomunicacións de R en Galicia  para continuar cunha visita guiada ás instalacións.

En Teleperformance puideron observar unha empresa cuns estándares de seguridade de datos moi altos. Contáronlles á súa función, como é o proceso de selección de persoal, o requisitos  de seguridade ao que están obrigados os traballadores, etc.

 

 

4/2/2019 CHARLA: "MULLERES, CIENCIA E NANOTENOLOXÍA" 

O 11 de Febreiro é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, e entre o 1 e o 15 de febreiro de 2019 faranse actividades que axuden a visibilizar o traballo das científicas, a crear roles femininos nos ámbitos da ciencia e a enxenería e que promovan prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico.

Estivo con nos a investigadora María de la Fuente Freire que lidera o proxecto de investigación en Santiago de NANO-ONCOLOXÍA. Impartiu unha  interesante charla para todo o alumnado de ESO: “Mulleres, Ciencia e Nanotecnoloxía”

 

 

 

 

 

1/2/2019 OBRADOIRO: ESCOITA O MEU SON. QUEN DIXO MEDO?

 O alumnado de 3º de ESO asistiu a un obradoiro: Escoita o meu son” dentro da campaña QUEN DIXO MEDO? Impulsada pola Deputación.

Esta actividade na que analizaron distintos tipos de cancións, tivo como obxectivo entre outros, dotar  aos nenos e nenas  dos mecanismos, coñecementos e habilidades precisos para detectar as diversas manifestacións da violencia de xénero e actuar de xeito contundente ante ela.

 

 

 

 

31/1/2019 CHARLA DA USC. CÓMO VEN AS MÁQUINAS?

 

30/1/2019 CELEBRACIÓN DIA DA PAZ

Celebramos no instituto o día da Paz. E nun traballo conxunto entre o Anpa, o alumnado, e o profesorado moi implicado na actividade, fixemos un TREN DA PAZ no que cada vagón representaba un curso da ESO.

Os nenos foron colocando nos vagóns os seus traballos desenvolvidos con moita ilusión para este día.

Anpa Ronsel agasallou a todo o alumnado con un bocata e un zume e con premios para cada clase.

 

23/1/2019. CHARLA LESIONES MEDULARES, ASOCIACIÓN ASLEME

Daniel Prada, membro da asociación ASLEME explicou ao alumnado de 4º de ESO, FP Básica e Ciclos de ME e EVA  o que son as lesións medulares, os accidentes que as causan con máis frecuencia e as recomendacións para a súa prevención.

Unha charla clara, educativa e impactante. Confiamos que lles chegara a mensaxe e eviten riscos especialmente en piscinas e vehículos.

Agradecemos a presenza á Asociación de Lesionados Medulares no Instituto e a preparación  desta actividade.

 

23/1/2019 TEATRO EN FRANCÉS NO CINE ALOVI.

 O alumnado da asignatura de francés da ESO, asistiu á obra de teatro “Le petit Malade Imaginire” no cine Alovi das Pontes. 

Unha versión moi divertida do clásico de Molière para todos os públicos, seguindo a mesma liña pedagóxica de La Bohème.

 

18/1/2019 CHARLA ORIENTACIÓN LABORAL

 Os alumnos de Ciclos e de FP Básica asistiron a unha charla impartida por a orientadora  laboral Mayte Deus, cun claro obxectivo de axudar a os xóvenes a esclarecer o seu futuro profesional e a facer unha boa planificación para a busca de emprego.

 

17/1/2019 VISITA AO MUSEO CARLOS MASIDE (SARGADELOS) E Á ESCOLA DE ARTE PABLO PICASSO

Os alumnos de 4º de ESO fixeron unha visita conxunta có alumnado do Ies Moncho Valcarce ao museo Carlos Maside en Sada e á Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso en A Coruña.

¡Interesante e proveitosa experiencia!

 

 

 

11/1/2019 VISITA A SEARA E Á EMPRESA XARALEIRA.

Nosos alumnos de 1º de ESO tiveron unha moi boa experiencia na visita que realizaron a SEARA, enmarcada dentro do programa atrévete e do plan EDUEMPRENDE. A visita rematou cun interesante percorrido pola empresa XARALEIRA.

 

 

 

 9/1/2019 CHARLA DAS FORZAS ARMADAS

 O alumndao de 3º e 4º ESO e 1º e 2º de FP BÁSICA asistiu a unha interresante charlasobre as forzas armadas no Salón de Actos entre as 13:20 e 14:10 h.



page | by Dr. Radut