Este mércores Ana, a directora da protectora de animais das Pontes "Pegadas Solidarias" e Bobby, un fermoso pitbull recollido, visitaron o noso centro para falarnos da súa importante labor na vila. Tamén nos informaron sobre as condicións legais sobre as razas potencialmente perigosas e as posibilidades de colaboración e voluntariado na asociación. Asistiron alumnos e alumnas de 1º e 2º ESO. Moitas grazas pola charla e polo voso traballo!!
Xa temos veredicto do tradicional concurso de postais de Nadal no instituto. O xurado, formado por dúas profesoras e unha nai da ANPA acordaron os seguintes premios:
1º Premio: Sabela Rodríguez - 3º ESO
2º Premio: Cristina Souto - 4º ESO
3º Premio: Zaida Cancelo - 1º ESO
Por outra banda, no concurso de postais de Nadal da asociación de ANPAs Abrente, na categoría de ESO, gañaron tamén 3 alumnas de 1ºESO do no noso instituto:
2º Premio: Victoria de Pedro - 1º ESO
3º Premio: Zaida Cancelo - 1º ESO
Nesta charla, dirixida aos nosos alumnos de ciclos formativos de grao medio e grao superior, se amosarán os distintos tipos de becas xestionados por Feuga, as súas condicións, requisitos, etc.
O Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”, como o seu nome indica, fai de ponte entre os centros de ensinanza secundaria e a USC, para que desta maneira non fracases no
teu ingreso nos estudos superiores.
A súa función fundamental é a de orientarte como futuro estudante universitario, para que poidas elixir os estudos que máis se adapten as túas preferencias. Neste curso, teremos tres charlas, con distintas temáticas e dirixiadas a distintos grupos do insituto.
Charla "LHC:o maior experimento da historia", dirixida aos alumnos e alumnas de 1ºe 2º do ciclo Superior de Mantemento Electrónico (
28/11 ás 16:20h).
Ponente: Ramón Cid
Charla "Formación para o traballo e insercion laboral", dirixida a 4ºESO (
12/11 ás 13:20h)
Desde o 10 de outubro ao 17 de novembro podes presentar as túas fotografías a este concurso. As mellores serán seleccionadas para o calendario de 2018 que publicará o instituto e levarán premios ainda por concretar (colabora a ANPA Ronsel)
Anímate, podes presentar dúas fotografias!!
A temática das fotografías será:"Alimentación e Vida Saudable". Poden ser fotos reais ou montaxes, en cor ou branco e negro, preferiblemente en formatoapaisado, e valorarase a orixinalidade e a promoción de hábitos saudables. Podes ver máis abaixo os requisitos das fotografías a presentar.
O concurso está aberto a alumnos e alumnas, familias, profesores e PND. Podes consultar as bases aquí
Veredicto do xurado
Os xurados (un composto por dúas profesoras para elixir as mellores fotos de alumnos/as e familiares e o outro formado por tres alumnos/as para elixir as mellores fotos de profesores/PND) acordaron o seguinte:
1º posto - Fotos de Alumnos/as: Lucía Vila - Xardín Botánico
2º posto - Fotos de Alumnos/as: Icía Basanta - Correndo pola praia
3º posto - Fotos de Alumnos/as: Víctor Manuel Pellón - Rodando pola fraga
1º posto - Fotos de Grupo de Alumnos/as: 1ºESO - An apple a day
2º posto - Fotos de Grupo de Alumnos/as: 1º EVA
1º posto - Fotos de Familiares de Alumnado: Sofía Rey - +Vitamina C!
1º posto - Fotos de Profesores/PND: Icía Álvarez - For walking
2º posto - Fotos de Profesores/PND: Elena Hernández - Pedaleo vexetal
3º posto - Fotos de Profesores/PND: Fernando Rodríguez - Fonte de enerxía
Calendario 2018:
Coas fotos gañadoras (e outras presentadas elaborouse o calendario 2018 do insituto e que podes descargar desde esta ligazón).
Os premios entregaranse o derradeiro día de clase antes das vacacións de Nadal.
O equipo da Biblioteca desenvolve esta semana distintas actividades polo dia 25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero. Son as seguintes:
- Elaboración de chapas con deseños das nosas alumnas Cristina (4ºESO), Carmela (2ºESO), Irene (1ºESO) e Sabela (3ºESO):
- Microrrelatos contra a violencia de xénero, tamén en formato audio. Tedes toda a información no blog dos argalleiros e argalleiras das letras: http://argalladas.blogspot.com.es/2017/11/nos-dicimos-non-violencia-de-xenero.html
- Lazo conmemorativo 25N colgado no instituto
- Rap contra a violencia de xénero. Podedes velo aqui:
20/11/2017 Programa "SUPrime o CoNTroL" (e 27/11 e 4/12)
O programa "SUPprime o CoNTroL" está organizado pola Deputación da Coruña, realizando actividades de prevención e sensibilización cara as identidades igualtarias, facendo unha especial crítica á violencia machista na adolescencia e á súa reproducción por medio das aplicacóns móbiles, as redes sociais, etc
Vai dirixida ao alumnos e alumnas de F.P. Basica. e consta das seguientes actividades.
INVESTIGACIÓN INICIAL: Cuestionario online para a diagnose de parecepción da poboación adolescente sobre a violencia de xénero
OBRADOIRO: Tres sesión para traballar: a construción de identidades igualitarias; fortalecemento da intelixencia emocional e resolución de conflitos; identificación e prevención da violencia de xénero e desmitificación do amor romántico. Fomentarase unha aprendizaxe cooperativa e participativa, empregando as TICs como ferramenta de aprendizaxe.
CONCURSO de microrretaltos. O gañador inspirará o guión dunha curtametraxe, na cal poderá participar o alumnado do propio centro.
ASESORÍA WHATSAPP. A través deste servizo proporcionarase unha resposta inmediata ás consultas sobre violencia de xénero, garantindo a privacidade dos datos de contacto e da información compartida.
ENCONTRO COAS FAMILIAS. Achegaranse pautas e ferramentas que permitan abordar as formas da violencia de xénero dende o entorno familiar.
19 ao 25/11/2017 English Week
Os alumnos e alumnas de 4º da ESO do noso instituto asistirán do 19 ao 25 de novembro á "English Week", unha semana de inmersión lingüística en inglés nos Peares, no único centro destinado a esta fin en toda Galicia. Os rapaces e rapazas participarán de balde nesta actividade en réxime de internado, con pensión completa, na que terán 5 horas diarias de clase inglés ademais de multitude de actividades lúdicas, musicais, etc. tamén na mesma lingua.
La Voz de Galicia 29/11/2017
6 a 17/11/2017 Froita fresca nos recreos
Do Luns 6 ao Venres 17 de novembro o centro repartirá froita fresca ao alumando durante os dous recreos. Colabora o FOGGA.
Este programa está enmarcado dentro do Plan Proxecta no que participa o instituto de Promoción Hábitos de Vida e Alimentación Saudable.
6/11/2017 Un quilómetro saudable (ata fin de curso)
O 6 de novembro comezamos a actividade "Un quilómetro saudable".
Trátase de percorrer todos os días un quilómetro, andando ou correndo, cada un ao seu ritmo.
Farémolo no segundo recreo, de luns a venres, durante todo o curso e a actividade non é so para o alumnado, está aberta tamén a profesores e PND.
O percorrido serán catro voltas ao edificio principal do instituto, e os días que chova ou o terreo estea moi embarrado (sobre todo na parte de atrás dos talleres) farémolo no pavillón (aí serán oito voltas)
Os días que haxa exames ou outras actividades, o grupo ou grupos afectados non participarán na carreira.
Os/as participantes que fagan o percorrido correndo deberán levar calzado deportivo e non comer, nin levar chicles, etc.
Durante o curso, algúns días faranse percorridos especiais: carreira cronometrada, algún día se invitará a xente allea ao centro, xornadas conmemorativas, etc.
Esta actividade está enmarcada dentro do Plan Proxecta no que participa o instituto de Promoción Hábitos de Vida e Alimentación Saudable.
Especialistas da Garda Civil ofreceran unha interesante charla sobre prevención de adiccións e consecuencias legais e penais, bullying e bandas xuvenís. Asistiron alumnos e alumnas de 1ºESO, 2ºESO e 1º de FP Básica.
O 061 en colaboración co Concello das Pontes ofreceron este taller a os alumnos de 1º e 2º da ESO no que lles ensinaron os principios básicos e técnicas de primeiros auxilios con especial adicación a manobra de RCP.
23/10/2017 (e 13/11/2017) Obradoiros de competencias socioemocionais
Este luns tivemos a primeira das seis sesións destes obradoiros impartidos pola asociación "Adiante As Pontes". Tivemos unha sesión para cada grupo da ESO e tamén para cada grupo de FP Básica.
As sesións neste primer trimestres terán lugar o 23 de outubro e o 13 de novembro.
Os temas a desenvolver durante estas sesións serán os seguintes:
- obxectvios de vida
- regulación emocional
- autocomñecemento
- comunicación asertiva
- xestión de conflitos e empatía
- plan de acción e cambio.
16/10/2017 Cine: A viaxe de Unai
Os alumnos de 1º da ESO asistiron á proxección deste documental no Cine Alovi, nun acto organizado polo Concello das Pontes para os centros de ensino da vila.
Unai, hijo del fotógrafo, narra el viaje de 15 meses alrededor del mundo que Andoni Canela hizo con toda su familia en busca de 7 animales amenazados en 7 continentes distintos. La presentación de estos animales (el elefante africano, el bisonte americano, el cálao bicorne, el pingüino papúa, el cocodrilo marino, el lobo ibérico y el puma) en su hábitat natural, a menudo también amenazado, es una llamada a la contemplación, la valoración y la preservación de la naturaleza más salvaje. Canela eligió animales que tradicionalmente han mantenido una relación tensa con el ser humano, llegando en algunos casos a estar al borde de la extinción, y que viven en un hábitat de alto valor ecológico (el desierto del Namib, las praderas de Norteamérica, las selvas del sudeste asiático, la Antártida, los manglares y los bosques tropicales del norte de Australia, la Cordillera Cantábrica y la estepas de la Patagonia) para comunicar su habitual mensaje conservacionista. El hecho que la voz narrativa del documental recaiga sobre el hijo de 10 años del fotógrafo otorga un punto de vista distinto al documental, convirtiéndolo en una pieza apta para todos los públicos y de un valor educativo reconocido por la crítica.
5/10/2017 VII Maratón de cine
Un ano máis o club de lectura do Argalleiros e Argalleiras das Letras organizan este maratón de cine desde as 18:30h do xoves ata ás 8 da mañá do día seguinte. Na seguinte imaxe podedes ver o programa do evento:
29/09/2017 Encontro Ensino Empresa E3
Esta iniciativa busca achegar ás empresas da contorna a gran formación profesional que se oferta nos dous institutos da vila, ademáis da súas instalacións e equipamentos para acadar liñas de colaboración entre o tecido empresarial da comarca e os institutos do municipio; dar a coñecer a oferta formativa local e mellorar os vencellos dos centros co seu entorno socioeconómico.
O encontro desenvolveuse durante toda a mañá do venres, dende as 9.30, horas, entre o Centro de Dinamización Empresarial de Seara e tamén os dous centros educativos involucrados.
Foi un intenso programa no que haberá dende unha presentación da oferta educativa de cada centro ata visitas guiadas por mestres e alumnos ás instalacións dos mesmos, para rematar cun tempo para as conclusións e reflexións de todos os participantes, coa fin de acadar unha liña de traballo común que permita adaptar a oferta formativa local ás necesidades reais do mundo empresarial.
25/09/2017 Camiño de Santiago
Un ano máis todos os grupos da ESO percorreron unha nova etapa do Camiño de Santiago nesta actividade organizada polo departamento de Educación Física. Nesta ocasión foi a etapa Triacastela - Samos.
22/09/2017 Recepción lectores e lectoras dos audiolibros "Lemos por e para vós"
Este venres, os Argalleiros e Argalleiras das Letras comezaron o curso cun evento de agradecemento aos colaboradores no proxecto dos audiolibros que desenvolveron o curso pasado.
Video presentación do acto:
Este é o video do evento da televisión local :
Podes desfrutar dos audiolibros gravados na seguinte ligazón:
http://argalladas.blogspot.com.es/search/label/Audiolibros
Os convidados ao evento percorreron a nosa Alameda Literaria, recomendáronos lecturas e foron nomeados Argalleir@s de Hora.
Más de una década de trabajo y decenas de alumnos implicados. El broche al proyecto educativo Lemos por e para vós llevó ayer al instituto Castro da Uz de As Pontes a personalidades y representantes del mundo de la cultura y las letras como Héctor Cajaraville, Pura Galán, Luis Veloso, Carmen Sampedro o Hakan Casares, hijo del escritor ourensano Carlos Casares.La jornada sirvió de punto y aparte para un programa que nació, tal y como recordaron ayer los alumnos, «para dar a coñecer a nosa lingua e a nosa literatura».En la primera fase, los Argalleiros das letras -impulsores de la iniciativa- pusieron en marcha una alameda literaria. «Os rapaces investigaron cada unha das 21 árbores celtas e, a continuación, recopilaron os poemas nos que aparecen esas especies», recordó la profesora Chelo Devesa que, junto a Elena Hernández, coordina el programa. Esos fueron los cimientos de una publicación, la Antoloxía poética das árbores celtas, a la que dieron voz un total de 40 personalidades entre los que destacan los ayer presentes, así como otros nombres del ámbito cultural como Helena Villar Janeiro o el cineasta Jorge Coira. «Qué mellor que invitalos a que veñan a vernos», subrayó ayer Devesa. La docente aseguró que «estamos satisfeitos coa resposta obtida. A pesar de que moitos non puideron asistir, mandaron correos moi agarimosos desculpando a súa asistencia».Argalleiros de honra. El acto, que arrancó con un paseo por la alameda literaria, concluyó con el «agradecemento a todos pola súa axuda e a súa visita», subrayó uno de los miembros del club de lectura. Además, -añadió- «queremos nomearvos como Argalleiros de honra».
Los presentes recibieron un ejemplar de una violeta, el germen de lo que será la siguiente fase del proyecto. Los Argalleiros no se detienen y, ahora, trabajarán en la búsqueda de los 21 animales y plantas sagradas para los celtas. Si se cumplen sus previsiones, a final de curso, la alameda literaria se llenará con nuevas especies que unirán de nuevo el mundo de la naturaleza y el de las letras.