Como actividade final de curso, toda a ESO trasládase á praia de Pantín a practicar surf, en esta actividade organizada polo depto. de Educación Física.
15 ao 20/06/2017 Viaxe fin de curso 4ºESO: Roma-Milán
Os alumnos e alumnas de 4ºESO, capitaneados polas profesoras do departamento de Inglés disfrutaron desta viaxe a Roma e Milán como remate desta etapa educativa no noso centro. Visitaron o Coliseo e Foro Romano, Museos Vaticanos e Capilla Sixtina, as prazas, Panteón, etc.
30/05/2017 e 6/6/2017 Charla de motivación
Dirixida aos alumnos e alumnas de 1º de FP Básica, na hora de titoría contamos coa presenza de Laura Vilaboy como ponente nesta charla-taller de motivación.
26/05/2017 Taller de Robótica a cargo da UDC
Dentro do Plan Proxecta "Aprendo programando" no que participa o Departamento de Tecnoloxía do noso centro, este venres profesores de Robótica da Universidade da Coruña impartiron este taller sobre programación de robots con Scratch. Foron 2 sesión para cada grupo de 3ºda ESO e tamén participaron os alumnos de 2ºESO.
24/05/2017 Visita UPT Endesa e Lago
Visita organizada polo departamento de Tecnoloxía no que os alumnos de 2º e 3º ESO visitaron acompañandos por un enxeñeiro a Central de Endesa o por un xeólogo a escombrera e lago. Tamén asistiron á saída de primeira volta a España en coche eléctrico, organizada por Endesa.
Plan Proxecta : Aprendo programando
Os alumnos de tecnoloxía de 3º E.S.O. participan no concurso: "Deseño de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch" organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) en colaboración coa Presidencia da Xunta de Galicia (Axenda para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) como promoción do uso da programación como ferramenta para desenvolver as competencias do alumnado. Según as bases do concurso cada centro só pode participar con un máximo de tres proxectos. Os proxectos consisten en relatos e videoxogos interactivos programados con Scratch e cun eixo común: "convivir en igualdade". Se queredes ver os tres proxectos enviados, aquí tes a web onde están os proxectos dos centros de Galiciaque participan: https://scratch.mit.edu/studios/3972045/
Este é un video resumo dalgunha das actividades realizadas dentro deste proxecto:
19/5/2017: Saída de Bioloxía por Ferrol
Os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO fixeron esta saída organizada polo depto. de Bioloxía no que visitaron a Sociedade Galega de Historia Natural, en Ferrol, Aquaciencia para seguer logo pola praia e lagoa de Doniños e finalmente Valdoviño.
Nunha extensión duns 5000 m2, o Xardín Didáctico Aquaciencia é un recinto que aproveita as súas características medioambientais para amosar todas as funcións da auga. En estado natural, formando ríos e lagoas, ou canalizada artificialmente, a auga é a protagonista do espacio. De xeito ameno e atractivo, os visitantes poden ir paseando polo xardín e, mediante distintos enxeños, trebellos, maquetas, paneis e xogos, descubrir a auga, a súa enerxía e os seus principios dinámicos...
15, 19 e 23/5/2017: Taller de Desenvolvemento Persoal
O concello ven de firmar un convenio coa asociación "Adiante As Pontes" para levar aos centros da vila un programa de desenvolvemento persoal, non so centrado no problema do alcoholismo senon que sirva ao alumnado para a toma de decisións en diversas situación traballando na intelixencia emocional.
No noso centro será para toda a ESO e para FP Básica.
O programa desenvolverase o ano que ven, pero neste mes de maio teremos dúas sesións en cada curso para coñecer a actividade.
9 e 16/5/2017: Taller de graffiti
Grazas ao Grupo de Biblioteca do centro (capitaneado por Elena) e ao EDLG ( coordinado por Montse) puidemos achegarnos e sentirnos auténticos artistas do graffiti.
Hoxe foi a primeira sesión do taller que nos dá o antigo alumno do centro, e un dos mellores graffiteiros actuais: RUBÉN MOLEDO. Recomendámosvos ler a entrevista que saíu no xornal El Progreso hai uns días para coñecer un pouco máis a este artista pontés.
Sen perder tempo, Rubén empezou explicándonos un pouco da historia do graffiti e remontouse ata a prehistoria, para logo pasar a falarnos das técnicas e termos que se empregan nesta arte. Aclarounos moi ben o que era un Tag e como se facían.
Logo ensinounos a usar os sprays e os diferentes tipos de boquillas e explicounos para que se utilizaba cada unha.
Como vedes practicamos moito e o noso profe sempre atento a todas as preguntas que lle iamos facendo.
Máis tarde comezou a realizar un graffiti coa súa sinatura para que practicásemos na arte de pintar o corpo do debuxo. Si, no taller do martes próximo teremos que enfrontarnos a axudarlle a realizar o graffiti que colocaremos na parte exterior do instituto e encerra o significado que para nós ten o centro no que estudamos.
Velaí un video da actividade:
10/5/2017: Congreso FP INNOVA
Os alumnos e alumnas dos ciclos FP Básica en Informática de Oficina, 1º de Sistemas Microinformáticos e Redes e 1º de Mantemento Electrónico visitaron este mércores o Congreso de FP Innova na Cidade da Cultura en Santiago.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, despois do éxito da primeira edición, organiza novamente o Congreso de Innovación na Formación Profesional, que terá lugar os días 10, 11 e 12 de maio na Cidade da Cultura de Galicia.
O congreso contará cunha zona expositiva, na que se amosarán algúns dos proxectos de innovación tecnolóxica e didáctica desenvolvidos por centros galegos de formación profesional, así como proxectos resultantes do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende.
O acceso a estes espazos ten carácter gratuíto para o público en xeral. Aqueles centros que desexen organizar unha visita para alumnado deberán cubrir unha solicitude de inscrición a través desta páxina web, segundo as instrucións que recibirán por correo electrónico.
Os obxectivos do congreso e da exposición son:
Facer partícipe a comunidade educativa e a sociedade da potencialidade dos centros de formación profesional cara á innovación tecnolóxica e didáctica e o emprendemento, destacando a importancia para o futuro das actuacións que se están a levar a cabo nos centros que imparten estas ensinanzas.
Difundir a importante actividade innovadora xerada polo profesorado e o alumnado de formación profesional: proxectos de innovación tecnolóxica en colaboración con empresas, a FP Dual, a Rede de Centros Integrados de Formación Profesional e as crecentes colaboracións co sector produtivo.
Dar un paso máis na relación coa pequena e a mediana empresa dos centros e das redes de centros de formación profesional, na procura dunha mellora continuada dos procesos produtivos, do incremento da competitividade e da internacionalización.
Afianzar a cada vez maior colaboración entre os centros de FP e os sectores produtivos correspondentes, que redunde nunha mellora da cualificación e da empregabilidade dos/das futuros/as profesionais.
3/5/2017: Taller de Cine: "Cámara...acción"
O concello das Pontes veu de contar coa colaboración de OLGA OSORIO unha profesional con ampla experiencia no ámbito audiovisual e a comunicación como directora e produtora . Esta profesional veu aos centros do noso concello para presentar a producción da curtometraxe,"Einstein- Rosen " unha comedia de ciencia ficción na que se combina o espíritu lúdico da infancia e a capacidade de facer convivir o real e o asombroso. O título fai referencia a outro dos moitos nomes dos "furados de gusano" e a vez que permite establecer o paralelismo entre os dous científicos e os pequenos protagonistas. Esta é un produción de realización sinxela con catro actores , unha localización -un barrio de A Coruña-, un par de planos con efectos especiais e unha proposta que descansa sobre todo no traballo dos actores e a frescura dos diálogos.
A proposta comezou coa presenación da urta, seguindo cunha guia para a realización e producción dun filme deste tipo, para rematar presentando un "making-of" da mesma.
2/5/2017: Charla-coloquio "Prevención do embarazo non desexado e das enfermidades de transmisión sexual"
Este martes contamos coa presenza do Dr. Javier Martínez Pérez-Mendaña para explicar aos nosos alumnos da ESO e FP Básica as nocións e conceptos sobre o embarazo non desexado e as ETS, desde un punto de vista práctico e orientado á prevención. Fixemos dúas sesións, unha para 1º e 2º da ESO e outra para 3º,4º ESO e FP Básica.
Despois de cada unha das dúas exposicións, abriuse un coloquio no que os alumnos puideron compartir co doctor as súas dúbidas.
El Dr. Pérez-Mendaña (Pontedeume,1944) realizó los estudios de Medicina en las Universidades de Santiago de Compostela y Navarra y es doctor por la Universidad Autónoma de Madrid. Cursó el MIR en el Hospital La Paz, de la capital de España, donde fue, también, médico adjunto.
Desde 1983 y hasta su jubilación, ostentó la jefatura del Servicio de Obstetricia y Ginecología del Complejo Hospitalario Universitario de Ferrol. Fue profesor asociado de su especialidad en la USC, profesor titular de Enfermería en la Universidad de A Coruña, y tutor de Médicos Internos y Residentes en los hospitales La Paz y Arquitecto Marcide. Ha dirigido ocho tesis de licenciatura y es autor de una prolija producción científica y audiovisual.
En la actualidad, es Académico Numerario de la Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia, presidente del Consejo Asesor del Sistema Público de Salud de nuestra comunidad y presidente de la Comisión de Ética y Deontología del Colegio Oficial de Médicos de la provincia de A Coruña.
El Dr. Mendaña, según el Comité de Honores y Premios del COMC, “es un médico humano y humanista, de sólida formación científica y amplia cultura, que ha hecho de la ética y la deontología su norma de conducta. Un profesional bueno y generoso, respetado por sus compañeros y querido por sus pacientes. Un ejemplo a seguir y una referencia para las nuevas generaciones de médicos.
28/4/2017: Concurso Emprende - AJE Ferrol
Os alumnos de 4ºESO de Debuxo participaron no concurso de AJE con tres proxectos: Bin ban, Special Box y Teen,s place. Onde en diferentes stands expuxeron o seu traballo ao público. Tamén houbo tempo para o descanso comendo palomitas e bocatas e presenciando un espectáculo de maxia.
Dieciocho proyectos de creación de negocios ideados por ochenta alumnos de secundaria de centros de la comarca se batirán el viernes en el recinto ferial de FIMO por el premio al mejor proyecto dentro del concurso Ferrolterra Emprende Xove, que promueve la Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE), con el apoyo del Concello. Trabajan en ello desde octubre, pero se jugarán todo el esfuerzo en unos minutos, los que tendrán para exponer su idea en forma de empresa.Para ello, según expuso el presidente de AJE Ferrolterra, Luis González Rey, explicarán ante autoridades y público en qué consiste su negocio, que acompañarán de cuestiones de márketing, con su propia página web, tarjetas y folletos promocionales, entre otras acciones.En el certamen participan este año siete centros, que presentan varios proyectos: los IES Concepción Arenal y Sofía Casanova, de Ferrol; el colegio Ayala, de Narón; el CPI A Xunqueira, de Fene; el IES Fernando Esquío, de Neda, el IES Castro da Uz, de As Pontes; y el IES Ortigueira. Se concederá un premio al mejor proyecto o idea emprendedora, consistente en un vale de 500 euros para gastar en establecimientos asociados a AJE, y cinco accésits de 200 euros que distinguirán la innovación, la internacionalización, el mejor proyecto de responsabilidad social y empresarial, el mejor comercial y el proyecto más votado por el público. El acto se celebrará a partir de las 17.30 horas y la entrega de premios se prevé a las 20.30. Lo clausurará el conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. En la jornada actuará también el mago Martín Varela.
27/4/2017: Karts e empresas de Automoción en Lugo e Ponferrada
Os alumnos do ciclos de Mantemento Electrónico e Electromecánica de Vehículos Automóbiles desprazáronse ata Lugo ePonferrada cos alumnos do IES Pena Novo de Vilalba para visitar empresas do seu sector (Rectificadora Martinez, concesionario Audi) e facer unha parada lúdica no circuito de karting de Ponferrada.
26/4/2017: Visita ENDESA
O noso instituto ven de firmar con Endesa un convenio (xunto co IES Lois Pena Novo de Vilalba) para desenvolver este proxecto de colaboración chamado "Enerxía para o futuro". Este é un programa de voluntariado entres os empregados da empresa para transmitir o seu coñecemento e experiencias aos alumnos de ciclos de formación profesional, tanto en forma de charlas, talleres, visitas á central, etc.
Neste contexto, xa o mes pasado os alumnos de ciclos do instituto desfrutaron de charlas-taller sobre prevención de riscos laborais, motivación profesional, etc.
O día 26 os alumnos dos ciclos de Mantemento Electrónico e Electromecánica de Vehículos Automóbiles visitaron a central térmica. Foi unha interesante visita dirixida por José Manuel Corral, responsable de Operación, e Manuel Castro, responsable de Mantemento Electrónico, no que os alumnos puideron ver o centro de control, as turbinas, etc. e comprobar in-situ a complexidade loxística dunha instalación deste tipo.
26/4/2017: Visita Einsa
Os alumnos de 1º de Informática de Oficina de Formación Profesional Básica visitaron as instalacións de Einsa Print no polígono de Penapurreira, no que viron o proceso completo de impresión de publicacións de grandes tiradas de exemplares.
Después de 30 años de experiencia, EINSA PRINT se ha convertido en una de las principales referencias nacionales e internacionales en la industria gráfica, ofreciendo soluciones de preimpresión, impresión, encuadernación y logística para el sector editorial y de la gran distribución.
Especializada en la producción de grandes volúmenes de catálogos, directorios, revistas y folletos…, EINSA PRINT cuenta hoy con un equipo que supera los 500 empleados.
Trabaja con más de 22 países en el mundo, lo que representa el 50% de su producción total y avala su vocación internacional.
24/4/2017: Maciñeira + Fundación Barrié
Os alumnos de 2º e 3º da ESO fixeron esta visita combinada da carpintería Maciñeira e o concurso de Robótica de Igaciencia na Fundación Barrié na Coruña.
"En la carpintería Maciñeira nos explicaron la historia y evolución de la empresa, vimos las máquinas con las que trabajan la madera y nos hicieron una demostración de cómo funciona el control de mecanizado (sustituto de todas las demás máquinas...) . Los alumnos/as vieron la utilidad del programa de diseño en 3D que están trabajando en clase de tecnología para presentar un producto al cliente, cómo se patenta un producto y la dificultad que conlleva, las procedencias de los distintos tipos de maderas que se utilizan y la importancia del acabado de un producto tecnológico".
A Fundación Barrié e Igaciencia organizan na Coruña e Vigo os Obradoiros e Concurso "A maxia da robótica" para escolares de toda Galicia.
O obxectivo desta actividade é achegar o estudantado á robótica, un eido de absoluto futuro, e aproveitar a súa "maxia" para promover a cultura científico-tecnolóxica no alumnado galego. A maxia da robótica é un compendio de actividades (obradoiro - concurso) encamiñadas a unha experiencia de aprendizaxe, deseñada para familiarizar e explorar o campo da robótica, así como potenciar as habilidades creativas e de innovación propias dos adolescentes que gustan aprender da tecnoloxía e especialmente da robótica.
O propósito de amosar aos mozos e mozas a robótica está vencellado ao potencial deste sector para crear e innovar, así como fomentar os desexos naturais por explorar o novo e o actual. A robótica brinda a posibilidade de concebir, crear e pór a funcionar obxectos, favorece o desenvolvemento de procesos cognitivos de alto nivel nas persoas que se involucran con estes recursos, así como, a posibilidade de comprender funcionamentos, efectos e comportamentos de situacións reais recreándoas.
Ao tempo que se pretende que sintan a paixón pola aprendizaxe, os rapaces e rapazas participantes intégranse nun grupo no cal deben compartir obxectivos e realizar un traballo colaborativo para poder resolver os desafíos que se lles propón ao longo da experiencia. Ao remate do obradoiro, de dúas horas de duración, cada grupo terá acadado un número de puntos que lle permitirán optar aos premios do IX Concurso Galego de Robótica.
Para este obradoiro non cómpre ter coñecementos en programación ou en electrónica, pois a electrónica esta integrada nun ladrillo intelixente e a programación realízase nun contorno visual e sinxelo para que os máis pequenos tamén poidan construír e deseñar os seus robots.
Iniciarase cunha fase de obradoiro, dunha hora, na que se familiarizarán cos robots e a linguaxe da robótica e realizarán a construción, sobre unha montaxe previa, e a programación dun robot móbil cun kit de LEGO NXT ou EV3. Na seguinte hora desenvolverase a fase de concurso.
20-23/4/2017: Día do libro en Extremadura
Este ano “@s argalleir@s das letras” decidimos celebrar este día en Cáceres, aínda que non só visitamos esta provincia, xa que tamén nos achegamos ata Mérida.
O día 21, pola mañá visitamos Mérida, pola tarde Trujillo e, da man de Cristina, coñecemos a historia do teatro, anfiteatro e moitas máis cousas destas cidades.
Logo decidimos achegarnos ata a ponte que cruza o Guadiana pasando antes polo Templo de Diana. Subimos ao autobús e dirixímonos a Trujillo e coñecemos unha vila chea de estatuas e casas dedicadas a conquistadores como Pizarro ou Magallanes. Que cans@s estabamos!
Ás 18.00h, xa preparad@s, saïmos coñecer a cidade de Cáceres para elixir o lugar onde realizariamos a lectura continuada o día 23 de abril. Aquí está a praza que eliximos.
O día 22 almorzamos rápido porque nos agardaba o autobús para dirixirnos ao Parque de Monfragüe e realizar a ruta elixida. Subimos ata o castelo, divisamos o río Texo, vimos voar ás aves e chegamos ata o "Salto do Gitano". Unha ruta fácil para alg@ns e algo longa para outras que se perderon....
Cando chegamos a Cáceres tocaba recuperar forzas para coñecer a cidade, pero esa é outra historia que pronto teredes o pracer de gozar coas nosas presentacións.
Agora imos co tema principal desta viaxe: A CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO. Esta actividade é a que nos leva unindo a todos e todas "@S ARGALLEIR@S DAS LETRAS" dende hai moitos, moitos, moitos anos.
Este ano decidimos que nos acompañase CARLOS CASARES, o noso piñeiro na alameda literaria das árbores celtas, e a súa obra Xoguetes para un tempo prohibido. Esta elección foi fácil, porque el é o autor a quen se lle dedica o DÍA DAS LETRAS GALEGAS e está con nós dende comezos de curso
( xa coñecedes os audiolibros que levamos realizando da súa obra, non si?).
Pois só tocaba distribuír a lectura entre nós para logo gravala, elixir a palabra e compoñer o poema. Case nada!!! (Non podedes imaxinar a cara de Chelo cando abriu un dos libros que trouxemos da biblioteca e viu esta dedicatoria!!! Non podía crer que Carlos Casares estivese sempre tan preto de nós.)
Logo de pasear e coñecer todo Cáceres, pensabamos que iamos gozar dunha noite marabillosa no hotel, pero o destino e a programación das profesoras ( Elena e Chelo) impedírono. Ocorréuselles a feliz idea de comezar a celebración do Día do Libro, xusto cando empezaba: ás 00, 00h. Nun principio non estabamos de acordo, pero logo agradecemos esa feliz idea, porque amosámoslles a tod@s @s cacereñ@s como se pode realizar unha "NOITE ALTERNATIVA!" no día da FESTA principal da cidade ( non imaxinades a cantidade de persoas que asistían á queima do dragón!!!!) e nós pasámolo de marabilla.
Comezamos a lectura continuada de Xoguetes para un tempo prohibido na " Plazuela del socorro", xa que a tiñamos elixido estaba ocupada por milleiros de persoas. UNHA EXPERIENCIA INESQUECIBLE!
Aquí vos deixamos coa presentación que realizamos da nosa actividade, a única que nos une a todos e a todas os e as argalleiros e argalleiras das letras: GOZAR DA LECTURA E COMPARTILA CON TODOS E TODAS VÓS.
De volta ao instituto tocaba continuar o traballo. Elixir título para o poema e pensar na ilustración.
Tedes toda a información no blog do club de lectura: http://argalladas.blogspot.com.es/2017/05/dia-do-libro-2017.html