18/12/2015 Festa de Nadal
O último día de clase antes das vacacións feremos a festa de Nadal, na que ademáis das entregas de premios do concurso de fotografía, postais e futbol, teremos actividades deportivas no pavillón e unha proxección de cine.
Concurso postais de Nadal:
Estas son as postais de Nadal gañadoras:
1º Premio: Leticia Carballeira 3ºESO
2º Premio: Sara cerezuela 3ºESO
3º Premio: Sabela Rodriguez 1ºESO
Calendario 2016 "A luz nas árbores celtas"
Calendario elaborado coas fotos do concurso de fotografía "A luz nas árbores celtas".
Podes descargalo aquí
Fotos gañadoras do concurso de fotografía "A luz nas árbores celtas"
Os gañadores do concurso de fotografía "A luz nas árbores celtas" no marco do plan Proxecta do noso instituto son os seguintes:
1º Premio: Ícía Pérez López (4ºESO)
2º Premio: Aldara Pérez López (1ºESO)
3º Premio: Cristian Franco Pico (2ºSMR)
A entrega de premios será o 18 de decembro.
30/11 ao 04/11/2015 Reparto de froita entre o alumnado
Nesta semana (e noutras catro máis ao longo do curso) repartirase froita fresca gratuitamente entre o alumnado. Será nos dous recreos. Colabora o FOGGA.
25/11/2015 Exposición Igaciencia: "A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz"
Os alumnos de 3º e 4º da ESO e os de FPB visitan esta interesante exposición, en Lugo. A visita é guiada das 10:45h ás 12:30h. A saída desde o centro será unha hora antes, aproximadamente.
Nov 2015: 25N -Contra a Violencia de Xénero
Desenvolveranse distintas actividades, como o deseño de carteis conmemorativos dos que podedes ver aqui mesmo o feito por Cristina Souto (2ªESO) e Sabela Rodríguez (1ºESO).
Tamen preparamos un video recitando poemas en galego e francés que pronto poderedes ver nesta sección.
Desde o Concello, o Centro de Información á Muller, impartirán unhas sesións para 3º e 4º da ESO que terán lugar tamén ao longo deste mes (3ºESO: 17 de novembro e 1 de decembro en horas de titoría, 4º ESO: 24 de marzo, martes ás 12:30h.)
19/11/2015: Sesión videostreaming "Dos átomos a la luz: una exploración"
Organizadas por Galiciencia de 10h a 11h.
16/11/2015: Visita ao Museo de Arte Contemporaneo da Coruña
Os alumnos de 4º da ESO de Educación Plástica e Visual fan esta visita ao MAC da Coruña xunto cos alumnos do IES Moncho Valcarce.
Nov 2015: Talleres de prevención de drogodependencias
Un ano máis o Concello a través do programa "Zona Zero" ofrécenos unhas sesións para a prevención de consumo de drogas para os catro niveis da ESO.
Celebraranse nas horas de titoría dos catro grupos da ESO. Haberá dúas sesións para cada grupo, nose seguintes horarios:
1º ESO: Martes 10 novembro e martes 24 de novembro (hora de titoría: de 11:20 a 12:10)
2º ESO: Xoves 12 novembro e xoves 26 novembro (hora de titoría: Xoves, de 10:30 a 11:20)
3º ESO: Martes 10 novembro e martes 24 de novembro (hora de titoría: Martes, de 13:20 a 14:10)
4º ESO:luns 23 novembro e luns 30 novembro (hora de titoría: de de 13:20 a 14:10)
Este e o programa que se desenvolverá durante as sesións:
5/11/2015: V Maratón de cine dos "Argalleiros e Argalleiras das letras"
Por quinto ano consecutivo, os argalleiros e argalleiras das letras organizan este maratón de cine desde as 18:30h do xoves 5 de novembro ata as 8:30h da maña do venres 6 de novembro. Aqui tedes o programa do acto.
4/11/2015 Videoconferencia Día da Ciencia en Galego
Asisten os alumnos de 3º e 4º da ESO.
29/10/2015 Festa de Samaín
Este ano faremos o Magosto o xoves 29 de outubro, xusto antes da ponte.
O magosto será no segundo recreo: 12:10h a 12:30h para todo o alumnado. As representantes da ANPA entregarán os premios ao concurso de cabazas, poemas e anuncios do samaín.
Nas dúas horas seguintes, de 12:30h a 14:10h, os alumnos da ESO, Bacharelato e FP Básica terán actividades deportivas no pavillón. O alumnado de ciclos terá clase normal.
Anímate a participar.
21/10/2015 ao 4/11/2015 Concurso de fotografía "A luz nas árbores celtas"
A temática achega o Día da Ciencia, adicado este ano á luz, coas árbores celtas protagonistas do plan proxecta no que participa o instituto.
Tedes toda a información nesta ligazón